Bó resumo... todo dentro do guión previsto :-D
2011/2/24 Xabier Villar <[email protected]> > Ola a todos! > > como saberedes, hoxe as 19:00 era a presentación do que se veu en chamar *Vive > en galego* <http://www.viveengalego.com/>, que básicamente é algún tipo de > colaboración da que non temos constancia explícita de en que consiste entre > a Xunta e Microsoft para, sete meses despois do seu lanzamento, poder > dispoñer dun engadido que se debería instalar porriba do Windows7 para telo > en galego. Tratándose dun sistema privativo, nun principio a min (e supoño > que a todos os destas listas) resúltame indiferente. Excepto en dous puntos: > > - A colaboración (non explicitada) dun organismo público cunha compañía > multinacional e multimillonaria, provéndolle recursos que desde a comunidade > de tradutores se leva tempo pedindo sen éxito, e sen saber se o traballo > feito por organismos dependentes da administración pública (léase Termigal), > vai revertir no aproveitamento público de tal traballo > - O desprezo que supón para unha comunidade de voluntarios que levan dende > fai mais dunha década traballando para lograr a galeguización do software > libre, cun apoio mais que mellorábel, e que consegue logros moito mais > importantes sen necesidade de tanta dilación e sen o apoio debido das > institucións públicas. (Poño como exemplo http://trasno.net/node/6 > http://trasno.net/content/acaba-de-publicarse-opensuse-113-e-t%C3%A9mola-en-galego > http://trasno.net/content/saiu-mandriva-linux-20101-e-t%C3%A9mola-en-galego > http://trasno.net/content/meego-acada-o-100-na-s%C3%BAa-localizaci%C3%B3n-ao-galego-da-man-de-proxecto-trasno > http://trasno.net/content/o-navegador-chromium-e-o-so-chromeos-traducidos-ao-galegoe > outros só no último ano e medio. Céntrome en Trasno por ser o que coñezo > de primeira man, pero non esquezo a labor doutros proxectos) > > Como consideramos que nos toca de cheo, Leandro Regueiro e eu, membros de > Trasno, acudimos a presentación para tentar informarnos e ver de obter > respostas dos principais implicados > > A crónica en vivo ( e en plan carallán, que lle queredes. Como diría > Castelao, hai que rir, que a cousa é seria) funa subido ó twitter : > http://twitter.com/#!/Xabier_V > > E agora mais en serio espero transmitirvos o ocorrido e as miñas > conclusións (confío en que Leandro, moito mais ó tanto ca min, poida aportar > algo cando teña tempo) > > A presentación transcorreu co guión esperado: presentación dunha estrela do > panorama televisivo galego, pequena actuación de Susana Seivane e comezo das > intervencións. > > En primeiro lugar falou a xerente de Relacións Institucionais de Microsoft > Ibérica, Montserrat Pardo Bayona. Digamos que se limitou ó seu papel de > comercial. O único salientable a título persoal é que tentou facelo en > galego sen conseguilo. Valoro o esforzo, pero dado o resultado tería sido > moito mais produtivo e respectuoso que o tivese feito en castelán, dígoo con > total sinceridade e sen afán de crítica. O que si critico é que o seu > discurso en torno á "necesidad de poder escoger" me recordou moito os > postulados de GB, o que digamos que non me sentou nada ben > > Seguiulle un vídeo protagonizado polo presentador facendo o papel de > executivo traballando e facendo videoconferencia coa casa onde súa nai está > facendo o caldo, con remate final da familia arredor da lareira e cun > portátil. Supoño que pretendían transmitir a unión de tradición e > modernidade, pero non podo dicir que resultase. Persoalmente pareceume > afondar innecesariamente en tópicos sobre a sociedade rural galega. > > Chegou a quenda de intervención do secretario Xeral de Política > Lingüística Anxo M. Lorenzo Suárez. Hai que salientar que antes de que > empezase a presentación Leandro preguntoulle (estabamos en segunda fila, > xusto detrás del) se era él o tal SX e se podía facerlle unhas preguntas. En > canto oíu iso quixo saber de que "medio" eramos, e cando soubo que iamos en > representación de Trasno, dixo que en todo caso falaría con nós ó final do > acto. Creo que iso se traduciu en que nun punto do seu discurso mencionou os > voluntarios do SL, pero sen afondar no tema nin na antigüidade da comunidade > de tradutores. > Proseguiron tentando conectar por videoconferencia con galegos en diversas > partes do mundo: Barcelona, Bos Aires, Alemaña... pouco que engadir, salvo > problemas de "lag" (foi complicado chegar a ver a imaxe dos interlocutores, > aínda que se oían relativamente ben), e sobre todo a insistencia en que nos > estaban a ver dende 20 países. Que non sei por que limitalo a 20, supoño que > se alguén en Zimbawe quixera velo tamén podería, é o que ten internet. > > Por último interviu o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria > Xesús > Vázquez Abad. Fixo un discurso moi político, é dicir, falou moito pero non > dixo case nada. E o case para min veu a significar que se o galego aínda > existe hoxe en día é gracias a compañías coma MS, así que xa imaxinaredes > como me sentou, a min, que teño uns pais, posiblemente non mais vellos ca > el, dos que mamei galego e seguramente o mamarán os meus fillos cando os > teña, e que na vida puxeron as mans nun computador, pero crían os chuletóns > cos que esta xente se regala. > > Como colofón final, outra actuación de Susana Seivane (non son > especialmente seguidor do folk, pero para min foi o aproveitable da tarde), > e posteriormente a desbandada. > > Leandro tentou falar co SX, pero este habilmente derivouno ó director xeral > do Termigal (ou así se nos presentou). Tentou expoñerlle a necesidade de que > toda a documentación do traballo de tradución feito fose publicado e > liberado baixo licencias que permitisen a súa reutilización. En todo momento > nos dixo que si, que seguían os estándares ISO, que se queriamos que botasen > unha man co traballo de Trasno que tamén o farían, etc... pero cando lle > falou Leandro dos TBX non sabía o que eran. Nisto non estou ó tanto, pero > teño entendido que dende Trasno se intentou en varias ocasións solicitar > colaboración do Termigal e non se conseguiu. En resumo: moitos sis pero > ningunha información concreta (recordoume ó alcume de Baltar, Sisí > emperatriz, porque a todo di que si :P) > > Na persecución do SX, topamos con outra muller, ó parecer pertencente a MS. > Desta conversa, un pouco mais tensa, o que sacamos en claro é que, segundo > ela, MS pagou por todo o traballo e que a Xunta non puxera un can. > Mencioneille o acto de propaganda alomenos, pero non seguiu co tema. > Ademais, os termos da súa relación co Termigal non coincidían co que > entendemos do DX deste. E por mais que digan que pagaron, segue a tratarse > de recursos dependentes da administración pública, polo que os resultados > deberían reverter no beneficio público. Insistiu en que MS creaba emprego e > empresas en GZ (en concreto coa tradución), e que era inviable para linguas > con tan poucos habitantes como o galego, o catalán e o euskera sacar os seus > productos directamente no idioma. Pregunteille polo danés (o primeiro que me > veu á cabeza, 6m falantes fronte a 13.5m do catalán, segundo a Wikipedia) e > dixo que ese claro que sí. Dixénlle que polo tanto para MS había linguas e > linguas de segunda, nas que só vale a pena invertir se hai compensacións > gubernamentais (entendase compensacións no sentido amplo, non necesariamente > monetarias) > > Seguimos a nosa pescuda e batemos coa xerente de RI de MS. Foi o mais > surrealista da tarde. Prácticamente intentou vendernos os produtos de MS, > insistiu en que o que quería é que o tivésemos pasado ben e que o demais > esta tarde non importaba, e non sei por qué motivo nos dixo que o problema > das linguas como o galego, o catalán e o euskera era que non se empregaban, > e presumiu de ser unha catalana vivindo en Euskadi. Xa digo que non entendo > que nos di a nos, se estabamos falando en galego, nin de que parte de > Cataluña é, pois non é a miña experiencia nas veces que estiven alí de > pasada. Ata me serviu para aprender algo de catalán. E os anteriores 13.5m > de falantes creo que lle dan a réplica. Pero en fin, que o único que sacamos > é que levou a dirección de Leandro, en teoría para poñerse posteriormente en > contacto con el. > > E finalmente, cando só quedaban os "pipas" recollendo o material, > acurralamos ó SX. Dixo que mellor falabamos outro día, que nos pasásemos > pola Secretaría. Teño entendido que xa se pediu cita con el con > anterioridade e que non houbo resposta, pero iso mellor que o confirme > alguén da directiva, que eu só estiven facendo labor de xornalista2.0 XD > > Iso si, estivemos falando cun xornalista de http://www.codigocero.com/ , > que polo menos escoitounos amablemente, e incluso se ofreceu a levar a > Leandro de volta á Coruña. Lamentablemente, nin me acordei de preguntarlle o > nome, pero foi un pracer coñecelo, se chega a ler isto > > E nada mais pola miña parte. Calquera dúbida, preguntade :) > > > PD: o tag #inestable no twitter ven de que tamén son membro de Inestable e > quedei de retransmitirlles o evento, pero non se falou de que os fose > representando. Espero que iso non xere malentendidos nin problemas, pero en > calquera caso, se así fose, foi só responsabilidade miña. > > -- > > Xabier Villar > > _______________________________________________ > Guls mailing list > [email protected] > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/guls > > -- /\ Dia da liberdade dos documentos - Libera os teus documentos _\/` http://documentfreedom.org/ - 30 de marzo de 2011
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

