[Terminloxía] Chat

2012-03-19 Conversa Enrique Estévez Fernández
Boas.

Este correo vai a rolda de Trasno e de galician.mozdev.

Non sei se xa discutiu este termo (supoño que si, pero non atopo nada,
e nas Trasnadas parece que tampouco).

Ultimamente en Mozilla están traballando arreo e sobre todo co
Thunderbird. Agora acabanlle de introducir mensaxaría instatánea, e
estou tendo problemas coa tradución do termo chat e algún similar.

Como traduciríamos chat. Deixamolo igual, traducímolo por conversa,
por conversación, etc. Copio cadeas para que vexades. Eu optei por non
traducir chat, xa que o espazo en moitos casos era reducido. Os
franceses están a traducilo por mensaxaría instantánea, o que me
pareceu boa idea, polo menos nalgúns contextos como vades ver máis
adiante, e pódese reducir a MI.

Chat Account Wizard - Asistente da conta de chat (E o título da
xanela, que non é moi grande)
Chat network - Rede de chat (Aquí falamos da rede da conta, Yahoo,
gtalk, etc, por iso o de MI)
Please choose the network of your chat account - Escolla a rede da súa
conta de chat
You haven't set up a chat account yet - Aínda non configurou unha conta de chat
Let brandShortName; guide you through the process of setting up your
chat account - Permitir que o brandShortName; o guíe no proceso de
configurar a súa conta de chat.

%S wants to chat with you - %S quere conversar contigo (chat,
conversar, ata podería ser falar)

Conversations - Conversacións (anque podería ser conversas)
Conversations will be displayed here. - As conversacións mostráranse aquí

A min chat non me convence e conversa tampouco. Conta de conversa, non
soa ben, pero conta de mensaxaría instatánea non me desagrada, e a
breve, conta de MI, tampouco.

Saúdos.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: [Terminloxía] Chat

2012-03-19 Conversa Enrique Estévez Fernández
Boas.

Esquecíanseme estes:

Join chat - Entrar no chat
Room - Sala
Auto-join this Chat Room - Entra automaticamente nesta sala de chat

En principio room estase traducindo como sala, e join como entrar
(entrar á canle).

Como vedes, complicado, a mesma palabra varias traducións, ou é que
está mal redactado en inglés.

Saúdos.

2012/3/19 Enrique Estévez Fernández e...@keko.me:
 Boas.

 Este correo vai a rolda de Trasno e de galician.mozdev.

 Non sei se xa discutiu este termo (supoño que si, pero non atopo nada,
 e nas Trasnadas parece que tampouco).

 Ultimamente en Mozilla están traballando arreo e sobre todo co
 Thunderbird. Agora acabanlle de introducir mensaxaría instatánea, e
 estou tendo problemas coa tradución do termo chat e algún similar.

 Como traduciríamos chat. Deixamolo igual, traducímolo por conversa,
 por conversación, etc. Copio cadeas para que vexades. Eu optei por non
 traducir chat, xa que o espazo en moitos casos era reducido. Os
 franceses están a traducilo por mensaxaría instantánea, o que me
 pareceu boa idea, polo menos nalgúns contextos como vades ver máis
 adiante, e pódese reducir a MI.

 Chat Account Wizard - Asistente da conta de chat (E o título da
 xanela, que non é moi grande)
 Chat network - Rede de chat (Aquí falamos da rede da conta, Yahoo,
 gtalk, etc, por iso o de MI)
 Please choose the network of your chat account - Escolla a rede da súa
 conta de chat
 You haven't set up a chat account yet - Aínda non configurou unha conta de 
 chat
 Let brandShortName; guide you through the process of setting up your
 chat account - Permitir que o brandShortName; o guíe no proceso de
 configurar a súa conta de chat.

 %S wants to chat with you - %S quere conversar contigo (chat,
 conversar, ata podería ser falar)

 Conversations - Conversacións (anque podería ser conversas)
 Conversations will be displayed here. - As conversacións mostráranse aquí

 A min chat non me convence e conversa tampouco. Conta de conversa, non
 soa ben, pero conta de mensaxaría instatánea non me desagrada, e a
 breve, conta de MI, tampouco.

 Saúdos.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: [Terminloxía] Chat, chatear, chateo, conversa, mensaxaría (MI), diálogo

2012-03-19 Conversa Antón Méixome
Ía eu dicir que non había problema maior con usar «chat» directamente.

Ás túas preguntas, propoño

Chat Account Wizard - Asistente da conta de chat
Chat network - Rede de chat (ou Provedor/Servidor de chat)
Please choose the network of your chat account - Escolla a
rede/provedor/servidor da súa conta de chat
You haven't set up a chat account yet - Aínda non configurou unha conta de chat
Let brandShortName; guide you through the process of setting up your
chat account - Permitir que o brandShortName; o guíe no proceso de
configurar a súa conta de chat.

%S wants to chat with you - %S quere conversar contigo (chatear,
dialogar, conversar, falar)

Conversations - Conversacións (conversas, diálogos)
Conversations will be displayed here. - As conversacións mostráranse
aquí (CORRIXIR ACENTO: mostraranse) + (Amosaranse aquí as conversas,
diálogos)

Join chat - Entrar no chat
Room - Sala
Auto-join this Chat Room - Entra automaticamente nesta sala de chat

O que me resulta rechamantísimo é o que dis de que non teñamos
discutido ou acordado nada neste campo. Eu recordo debates pero xa non
sei onde eran (igual foi nas listas de Mancomun, que non hai que
esquecer, porque foron moi produtivas).

Máis rechamante aínda. Resulta que Trasno, como grupo estreouse coa
tradución dun programa deste tipo. Creo que foi X-Chat de Gnome.

En todo caso, hai que considerar o que se leva facendo, e non só nós
traducindo senón o uso social das palabras e fórmulas (cando son
lexítimas, xustificables e non interferencias). Sumamos a aquelas
antigas solucións: chat, conversa outras como mensaxaría (MI) ou
diálogo pero para min non é o mesmo unhas que outras porque non cubren
o mesmo campo.

En breve. Conversa, diálogo son moi xenéricas (valen pero como
sinónimos hiperónimos, como sinónimos son mazá e froita),
mensaxaría instantánea xa é máis concreto, porque é un medio de
conversa a través dun aplicativo específico (de web, nube, móbil ou de
escritorio) pero non tanto como chat que entendo se refire sobre
todo a diálogo mediante texto (sen multimedia). O que os une a todos é
ser un medio interactivo de comunicación pero son toda unha familia de
conceptos.

Desde o punto de vista do galego, chat é un neoloxismo, seguramente
necesario. O feito de que tamén en inglés existan varias palabras que
non son exactamente sinónimas (chat, conversation, IM, chatroom, etc)
é un indicio, e un argumento para nós porque as necesidades dunha
tradución precisa vannos levar á confusión se só utilizamos unha. Non
creo que o francés e outros idiomas non se adapten tamén a esta
realidade.

Finalmente pero non menos importante quero traervos aquí documentación
filolóxica en galego sobre o tema. O Observatorio de Neoloxía da Uvigo
(http://neoloxia.uvigo.es/neo/) publicou no  2004 un Diccionario de
novas palabras (396 páx.), que recolle entre 1997-2004 nada menos que
1160 entradas. Ese dicionario non só recolle senón que escolma,
documenta, define e valora todos eses neoloxismos a un paso de
converterse en palabras do acervo común do galego actual.

Aquí están:

chat sm Espazo virtual no cal se pode manter comunicación interactiva
dentro de Internet.

[PRENSA] Abrirase unha páxina en Terra e realizarase un chat coloquio
que lles permitirá ós internautas propoñer temas e cuestións que se
irán
presentando. [OCG 17/03/00] // A partir de “Emilio Algalia” co que
Leis entrou nun chat (servidor de diálogo)
para deixa-la súa dirección en Internet.

[OCG 05/12/98] // Termos como e-mail ou chat van pasar ó primeiro
termo da realidade cotiá. [OCG 26/12/98]

[INTERNET] No chat de Vieiros os temas serán desenvolvidos previamente
nun web e logo presentarase a unha persoa de relevancia coa que se
conversará en tempo real. [www. vieiros.com 08/05/02] // Por parte da
Consellería de Educación procúrase comunicar a través de tódolos
medios audiovisuais o desenvolvemento e o contido da lei en contacto
directo con profesores e estudiantes e a través dos consellos sociais,
incluídos medios como este chat. [www.grupoelprogreso.com 08/05/02]
[1997-P]

chatear vi Comunicarse a través do chat.

[PRENSA] “Desta maneira integra Neira Cruz os novos soportes da
información a esta historia, que conseguen un gran peso no relato ó
comunicarse
os protagonistas principais vía e-mail ou chateando, pero supeditado ó
contacto directo, xa que, ó final, xorde o amor entre os dous mozos.”
[OCG
08/03/00] // Un dos andares é un ciber, cun conxunto de terminais para
acceder a interesantes fontes, chatear, participar en foros,... O
outro andar é unha ludoteca con variadas ofertas para grupos de
xogadores, xogos en solitario, información sobre xogos
alternativos,... [TN 01/03/00] // (...)controlar de temas
internáuticos ou mesmo chatear converteuse en tema de portada. [OCG
26/12/98]

[INTERNET] E sería en 1991, durante a guerra do Golfo cando o feito de
“Chatear” se converteu nunha útil ferramente para pór en contacto ós
soldados destinados na operación Tormenta do Deserto cos seus
familiares. 

Re: [Terminloxía] Chat, chatear, chateo, conversa, mensaxaría (MI), diálogo

2012-03-19 Conversa Fran Dieguez
Boa argumentación e mostra de exemplos.

Entón que facemos? Loxicamente eu para GNOME 3.4 non vou cambiar todo 
porque a súa publicación é inminente e non  querería probalo antes. 
Pero para GNOME 3.6 comezaríase a cambiar?

Fran Diéguez
http://www.mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8

On Lun 19 Mar 2012 18:39:58 CET, Antón Méixome wrote:
 Ía eu dicir que non había problema maior con usar «chat» directamente.

 Ás túas preguntas, propoño

 Chat Account Wizard - Asistente da conta de chat
 Chat network - Rede de chat (ou Provedor/Servidor de chat)
 Please choose the network of your chat account - Escolla a
 rede/provedor/servidor da súa conta de chat
 You haven't set up a chat account yet - Aínda non configurou unha conta de 
 chat
 Let brandShortName; guide you through the process of setting up your
 chat account - Permitir que o brandShortName; o guíe no proceso de
 configurar a súa conta de chat.

 %S wants to chat with you - %S quere conversar contigo (chatear,
 dialogar, conversar, falar)

 Conversations - Conversacións (conversas, diálogos)
 Conversations will be displayed here. - As conversacións mostráranse
 aquí (CORRIXIR ACENTO: mostraranse) + (Amosaranse aquí as conversas,
 diálogos)

 Join chat - Entrar no chat
 Room - Sala
 Auto-join this Chat Room - Entra automaticamente nesta sala de chat

 O que me resulta rechamantísimo é o que dis de que non teñamos
 discutido ou acordado nada neste campo. Eu recordo debates pero xa non
 sei onde eran (igual foi nas listas de Mancomun, que non hai que
 esquecer, porque foron moi produtivas).

 Máis rechamante aínda. Resulta que Trasno, como grupo estreouse coa
 tradución dun programa deste tipo. Creo que foi X-Chat de Gnome.

 En todo caso, hai que considerar o que se leva facendo, e non só nós
 traducindo senón o uso social das palabras e fórmulas (cando son
 lexítimas, xustificables e non interferencias). Sumamos a aquelas
 antigas solucións: chat, conversa outras como mensaxaría (MI) ou
 diálogo pero para min non é o mesmo unhas que outras porque non cubren
 o mesmo campo.

 En breve. Conversa, diálogo son moi xenéricas (valen pero como
 sinónimos hiperónimos, como sinónimos son mazá e froita),
 mensaxaría instantánea xa é máis concreto, porque é un medio de
 conversa a través dun aplicativo específico (de web, nube, móbil ou de
 escritorio) pero non tanto como chat que entendo se refire sobre
 todo a diálogo mediante texto (sen multimedia). O que os une a todos é
 ser un medio interactivo de comunicación pero son toda unha familia de
 conceptos.

 Desde o punto de vista do galego, chat é un neoloxismo, seguramente
 necesario. O feito de que tamén en inglés existan varias palabras que
 non son exactamente sinónimas (chat, conversation, IM, chatroom, etc)
 é un indicio, e un argumento para nós porque as necesidades dunha
 tradución precisa vannos levar á confusión se só utilizamos unha. Non
 creo que o francés e outros idiomas non se adapten tamén a esta
 realidade.

 Finalmente pero non menos importante quero traervos aquí documentación
 filolóxica en galego sobre o tema. O Observatorio de Neoloxía da Uvigo
 (http://neoloxia.uvigo.es/neo/) publicou no  2004 un Diccionario de
 novas palabras (396 páx.), que recolle entre 1997-2004 nada menos que
 1160 entradas. Ese dicionario non só recolle senón que escolma,
 documenta, define e valora todos eses neoloxismos a un paso de
 converterse en palabras do acervo común do galego actual.

 Aquí están:

 chat sm Espazo virtual no cal se pode manter comunicación interactiva
 dentro de Internet.

 [PRENSA] Abrirase unha páxina en Terra e realizarase un chat coloquio
 que lles permitirá ós internautas propoñer temas e cuestións que se
 irán
 presentando. [OCG 17/03/00] // A partir de “Emilio Algalia” co que
 Leis entrou nun chat (servidor de diálogo)
 para deixa-la súa dirección en Internet.

 [OCG 05/12/98] // Termos como e-mail ou chat van pasar ó primeiro
 termo da realidade cotiá. [OCG 26/12/98]

 [INTERNET] No chat de Vieiros os temas serán desenvolvidos previamente
 nun web e logo presentarase a unha persoa de relevancia coa que se
 conversará en tempo real. [www. vieiros.com 08/05/02] // Por parte da
 Consellería de Educación procúrase comunicar a través de tódolos
 medios audiovisuais o desenvolvemento e o contido da lei en contacto
 directo con profesores e estudiantes e a través dos consellos sociais,
 incluídos medios como este chat. [www.grupoelprogreso.com 08/05/02]
 [1997-P]

 chatear vi Comunicarse a través do chat.

 [PRENSA] “Desta maneira integra Neira Cruz os novos soportes da
 información a esta historia, que conseguen un gran peso no relato ó
 comunicarse
 os protagonistas principais vía e-mail ou chateando, pero supeditado ó
 contacto directo, xa que, ó final, xorde o amor entre os dous mozos.”
 [OCG
 08/03/00] // Un dos andares é un ciber, cun conxunto de terminais para
 acceder a interesantes fontes, chatear, participar en foros,... O
 outro andar é unha 

Re: [Terminloxía] Chat, chatear, chateo, conversa, mensaxaría (MI), diálogo

2012-03-19 Conversa Antón Méixome
Home, se funciona ben non vexo présa ningunha. Creo que te refires a
Conversas.

Eu aínda vería mal poñer chateos aínda que nos refiramos ao que
fixemos no chat .  Valeríame chats (que é un pouco ambigüo porque
tanto vale para a ferramenta como para o contido deitado nela) pero
prefiro conversas porque tamén tes Redactar mensaxe cando se
aplica concretamente a crear un correo novo. Quero dicir... o applet
non é moi coherente en si mesmo pero para min ese grupo asocia
accións ou resultados de accións e non obxectos, aplicativos ou
cousas. O ideal sería que se chamase Mensaxaría pero é moito ir alén
do orixinal inglés.

Non sei

El día 19 de marzo de 2012 21:56, Fran Dieguez lis...@mabishu.com escribió:

 medios