Boa argumentación e mostra de exemplos.

Entón que facemos? Loxicamente eu para GNOME 3.4 non vou cambiar todo 
porque a súa publicación é inminente e non  querería probalo antes. 
Pero para GNOME 3.6 comezaríase a cambiar?

Fran Diéguez
http://www.mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8

On Lun 19 Mar 2012 18:39:58 CET, Antón Méixome wrote:
> Ía eu dicir que non había problema maior con usar «chat» directamente.
>
> Ás túas preguntas, propoño
>
> Chat Account Wizard - Asistente da conta de chat
> Chat network - Rede de chat (ou Provedor/Servidor de chat)
> Please choose the network of your chat account - Escolla a
> rede/provedor/servidor da súa conta de chat
> You haven't set up a chat account yet - Aínda non configurou unha conta de 
> chat
> Let &brandShortName; guide you through the process of setting up your
> chat account - Permitir que o &brandShortName; o guíe no proceso de
> configurar a súa conta de chat.
>
> %S wants to chat with you - %S quere conversar contigo (chatear,
> dialogar, conversar, falar)
>
> Conversations - Conversacións (conversas, diálogos)
> Conversations will be displayed here. - As conversacións mostráranse
> aquí (CORRIXIR ACENTO: mostraranse) + (Amosaranse aquí as conversas,
> diálogos)
>
> Join chat - Entrar no chat
> Room - Sala
> Auto-join this Chat Room - Entra automaticamente nesta sala de chat
>
>
> O que me resulta rechamantísimo é o que dis de que non teñamos
> discutido ou acordado nada neste campo. Eu recordo debates pero xa non
> sei onde eran (igual foi nas listas de Mancomun, que non hai que
> esquecer, porque foron moi produtivas).
>
> Máis rechamante aínda. Resulta que Trasno, como grupo estreouse coa
> tradución dun programa deste tipo. Creo que foi X-Chat de Gnome.
>
> En todo caso, hai que considerar o que se leva facendo, e non só nós
> traducindo senón o uso social das palabras e fórmulas (cando son
> lexítimas, xustificables e non interferencias). Sumamos a aquelas
> antigas solucións: chat, conversa outras como mensaxaría (MI) ou
> diálogo pero para min non é o mesmo unhas que outras porque non cubren
> o mesmo campo.
>
> En breve. Conversa, diálogo son moi xenéricas (valen pero como
> sinónimos "hiperónimos", como sinónimos son mazá e froita),
> mensaxaría instantánea xa é máis concreto, porque é un medio de
> conversa a través dun aplicativo específico (de web, nube, móbil ou de
> escritorio) pero non tanto como "chat" que entendo se refire sobre
> todo a diálogo mediante texto (sen multimedia). O que os une a todos é
> ser un medio interactivo de comunicación pero son toda unha familia de
> conceptos.
>
> Desde o punto de vista do galego, chat é un neoloxismo, seguramente
> necesario. O feito de que tamén en inglés existan varias palabras que
> non son exactamente sinónimas (chat, conversation, IM, chatroom, etc)
> é un indicio, e un argumento para nós porque as necesidades dunha
> tradución precisa vannos levar á confusión se só utilizamos unha. Non
> creo que o francés e outros idiomas non se adapten tamén a esta
> realidade.
>
> Finalmente pero non menos importante quero traervos aquí documentación
> filolóxica en galego sobre o tema. O Observatorio de Neoloxía da Uvigo
> (http://neoloxia.uvigo.es/neo/) publicou no  2004 un Diccionario de
> novas palabras (396 páx.), que recolle entre 1997-2004 nada menos que
> 1160 entradas. Ese dicionario non só recolle senón que escolma,
> documenta, define e valora todos eses neoloxismos a un paso de
> converterse en palabras do acervo común do galego actual.
>
> Aquí están:
>
> chat sm Espazo virtual no cal se pode manter comunicación interactiva
> dentro de Internet.
>
> [PRENSA] Abrirase unha páxina en Terra e realizarase un chat coloquio
> que lles permitirá ós internautas propoñer temas e cuestións que se
> irán
> presentando. [OCG 17/03/00] // A partir de “Emilio Algalia” co que
> Leis entrou nun chat (servidor de diálogo)
> para deixa-la súa dirección en Internet.
>
> [OCG 05/12/98] // Termos como e-mail ou chat van pasar ó primeiro
> termo da realidade cotiá. [OCG 26/12/98]
>
> [INTERNET] No chat de Vieiros os temas serán desenvolvidos previamente
> nun web e logo presentarase a unha persoa de relevancia coa que se
> conversará en tempo real. [www. vieiros.com 08/05/02] // Por parte da
> Consellería de Educación procúrase comunicar a través de tódolos
> medios audiovisuais o desenvolvemento e o contido da lei en contacto
> directo con profesores e estudiantes e a través dos consellos sociais,
> incluídos medios como este chat. [www.grupoelprogreso.com 08/05/02]
> [1997-P]
>
>
> chatear vi Comunicarse a través do chat.
>
> [PRENSA] “Desta maneira integra Neira Cruz os novos soportes da
> información a esta historia, que conseguen un gran peso no relato ó
> comunicarse
> os protagonistas principais vía e-mail ou chateando, pero supeditado ó
> contacto directo, xa que, ó final, xorde o amor entre os dous mozos.”
> [OCG
> 08/03/00] // Un dos andares é un ciber, cun conxunto de terminais para
> acceder a interesantes fontes, chatear, participar en foros,... O
> outro andar é unha ludoteca con variadas ofertas para grupos de
> xogadores, xogos en solitario, información sobre xogos
> alternativos,... [TN 01/03/00] // (...)controlar de temas
> internáuticos ou mesmo chatear converteuse en tema de portada. [OCG
> 26/12/98]
>
> [INTERNET] E sería en 1991, durante a guerra do Golfo cando o feito de
> “Chatear” se converteu nunha útil ferramente para pór en contacto ós
> soldados destinados na operación Tormenta do Deserto cos seus
> familiares. [www.ulo.com 08/05/02] // ¿Como funciona o chat? ¿que
> programas debemos instalar para chatear? O chat funciona a través do
> navegador de páxinas web (o Netscape ou Explorer), polo que non
> necesita instalar ningún programa máis.[www.aponte.org 08/05/02] //
> Por exemplo, para chatear na rede hispana (en Galego, Euskera, Catalá
> e Castelán, basicamente), deberás ligar a irc.irchispano.org. Non é
> imprescindible, como é lóxico, poñe-lo nome e direccion de Correo
> Electrónico verdadeiros, pero si que é necesario, algún dato.
> [www.mirc.co.uk 08/05/02]
>
>
> chateo sm Acción de comunicarse a través do chat.
>
> [PRENSA] Despois de todo a ama de casa segue sen entende-lo enredo de
> opcións de microondas e o uso máis sofisticado do ordenador segue
> sendo o navegar na web ou participar nos chateos. [OCG 25/01/00] // Un
> chateo no que participaron os internautas, que se celebrou días
> posteriores ó peche da iniciativa, no que o alquimista das letras,
> defensor da inmediatez e da urxencia, concebiu outro relato máis, ipso
> facto. [OCG 02/01/00]
>
> [INTERNET] A Macro Páxina de 4x4, onde moitos aficionados poñen as
> suas páxinas. Tamén podes topar unha sección de consellos, coches
> roubados,
> chateo e moitísimas cousa máis.... Non ten perda!!!! [spi.4x4.nu 08/05/02] //
> ¿Coñeces o mIRC, o mellor programa de IRC/Chateo do mundo mundial?
> Pois xa podemos empregalo en galego gracias ao script desenvolto por
> RaMi (Rami Rodríguez Suárez); [www.galego21.org 08/05/02] // Non
> estará per-
> mitido o chateo xa que o uso fundamental será a busca de información
> ou temas culturais. [www.dicoruna.es 08/05/02].
> [1999-P]
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a