Ía eu dicir que non había problema maior con usar «chat» directamente. Ás túas preguntas, propoño
Chat Account Wizard - Asistente da conta de chat Chat network - Rede de chat (ou Provedor/Servidor de chat) Please choose the network of your chat account - Escolla a rede/provedor/servidor da súa conta de chat You haven't set up a chat account yet - Aínda non configurou unha conta de chat Let &brandShortName; guide you through the process of setting up your chat account - Permitir que o &brandShortName; o guíe no proceso de configurar a súa conta de chat. %S wants to chat with you - %S quere conversar contigo (chatear, dialogar, conversar, falar) Conversations - Conversacións (conversas, diálogos) Conversations will be displayed here. - As conversacións mostráranse aquí (CORRIXIR ACENTO: mostraranse) + (Amosaranse aquí as conversas, diálogos) Join chat - Entrar no chat Room - Sala Auto-join this Chat Room - Entra automaticamente nesta sala de chat O que me resulta rechamantísimo é o que dis de que non teñamos discutido ou acordado nada neste campo. Eu recordo debates pero xa non sei onde eran (igual foi nas listas de Mancomun, que non hai que esquecer, porque foron moi produtivas). Máis rechamante aínda. Resulta que Trasno, como grupo estreouse coa tradución dun programa deste tipo. Creo que foi X-Chat de Gnome. En todo caso, hai que considerar o que se leva facendo, e non só nós traducindo senón o uso social das palabras e fórmulas (cando son lexítimas, xustificables e non interferencias). Sumamos a aquelas antigas solucións: chat, conversa outras como mensaxaría (MI) ou diálogo pero para min non é o mesmo unhas que outras porque non cubren o mesmo campo. En breve. Conversa, diálogo son moi xenéricas (valen pero como sinónimos "hiperónimos", como sinónimos son mazá e froita), mensaxaría instantánea xa é máis concreto, porque é un medio de conversa a través dun aplicativo específico (de web, nube, móbil ou de escritorio) pero non tanto como "chat" que entendo se refire sobre todo a diálogo mediante texto (sen multimedia). O que os une a todos é ser un medio interactivo de comunicación pero son toda unha familia de conceptos. Desde o punto de vista do galego, chat é un neoloxismo, seguramente necesario. O feito de que tamén en inglés existan varias palabras que non son exactamente sinónimas (chat, conversation, IM, chatroom, etc) é un indicio, e un argumento para nós porque as necesidades dunha tradución precisa vannos levar á confusión se só utilizamos unha. Non creo que o francés e outros idiomas non se adapten tamén a esta realidade. Finalmente pero non menos importante quero traervos aquí documentación filolóxica en galego sobre o tema. O Observatorio de Neoloxía da Uvigo (http://neoloxia.uvigo.es/neo/) publicou no 2004 un Diccionario de novas palabras (396 páx.), que recolle entre 1997-2004 nada menos que 1160 entradas. Ese dicionario non só recolle senón que escolma, documenta, define e valora todos eses neoloxismos a un paso de converterse en palabras do acervo común do galego actual. Aquí están: chat sm Espazo virtual no cal se pode manter comunicación interactiva dentro de Internet. [PRENSA] Abrirase unha páxina en Terra e realizarase un chat coloquio que lles permitirá ós internautas propoñer temas e cuestións que se irán presentando. [OCG 17/03/00] // A partir de “Emilio Algalia” co que Leis entrou nun chat (servidor de diálogo) para deixa-la súa dirección en Internet. [OCG 05/12/98] // Termos como e-mail ou chat van pasar ó primeiro termo da realidade cotiá. [OCG 26/12/98] [INTERNET] No chat de Vieiros os temas serán desenvolvidos previamente nun web e logo presentarase a unha persoa de relevancia coa que se conversará en tempo real. [www. vieiros.com 08/05/02] // Por parte da Consellería de Educación procúrase comunicar a través de tódolos medios audiovisuais o desenvolvemento e o contido da lei en contacto directo con profesores e estudiantes e a través dos consellos sociais, incluídos medios como este chat. [www.grupoelprogreso.com 08/05/02] [1997-P] chatear vi Comunicarse a través do chat. [PRENSA] “Desta maneira integra Neira Cruz os novos soportes da información a esta historia, que conseguen un gran peso no relato ó comunicarse os protagonistas principais vía e-mail ou chateando, pero supeditado ó contacto directo, xa que, ó final, xorde o amor entre os dous mozos.” [OCG 08/03/00] // Un dos andares é un ciber, cun conxunto de terminais para acceder a interesantes fontes, chatear, participar en foros,... O outro andar é unha ludoteca con variadas ofertas para grupos de xogadores, xogos en solitario, información sobre xogos alternativos,... [TN 01/03/00] // (...)controlar de temas internáuticos ou mesmo chatear converteuse en tema de portada. [OCG 26/12/98] [INTERNET] E sería en 1991, durante a guerra do Golfo cando o feito de “Chatear” se converteu nunha útil ferramente para pór en contacto ós soldados destinados na operación Tormenta do Deserto cos seus familiares. [www.ulo.com 08/05/02] // ¿Como funciona o chat? ¿que programas debemos instalar para chatear? O chat funciona a través do navegador de páxinas web (o Netscape ou Explorer), polo que non necesita instalar ningún programa máis.[www.aponte.org 08/05/02] // Por exemplo, para chatear na rede hispana (en Galego, Euskera, Catalá e Castelán, basicamente), deberás ligar a irc.irchispano.org. Non é imprescindible, como é lóxico, poñe-lo nome e direccion de Correo Electrónico verdadeiros, pero si que é necesario, algún dato. [www.mirc.co.uk 08/05/02] chateo sm Acción de comunicarse a través do chat. [PRENSA] Despois de todo a ama de casa segue sen entende-lo enredo de opcións de microondas e o uso máis sofisticado do ordenador segue sendo o navegar na web ou participar nos chateos. [OCG 25/01/00] // Un chateo no que participaron os internautas, que se celebrou días posteriores ó peche da iniciativa, no que o alquimista das letras, defensor da inmediatez e da urxencia, concebiu outro relato máis, ipso facto. [OCG 02/01/00] [INTERNET] A Macro Páxina de 4x4, onde moitos aficionados poñen as suas páxinas. Tamén podes topar unha sección de consellos, coches roubados, chateo e moitísimas cousa máis.... Non ten perda!!!! [spi.4x4.nu 08/05/02] // ¿Coñeces o mIRC, o mellor programa de IRC/Chateo do mundo mundial? Pois xa podemos empregalo en galego gracias ao script desenvolto por RaMi (Rami Rodríguez Suárez); [www.galego21.org 08/05/02] // Non estará per- mitido o chateo xa que o uso fundamental será a busca de información ou temas culturais. [www.dicoruna.es 08/05/02]. [1999-P] _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

