Re: [terminoloxia] deployment

2016-02-27 Conversa Dani

Boas

Dani

On 27/02/16 11:50, Antón Méixome wrote:



O 27 febreiro 2016 10:24, Dani > escribiu:


Boas:

Iso é, a proposta, pregunta é que vos parece implantación.

http://academia.gal/dicionario_rag/loadNoun.do?current_page=1=1923661
http://academia.gal/dicionario_rag/searchNoun.do?nounTitle=implantar

vendo outras traducións, francés, italiano, español que optan ou
por algo parecido a deployment ou implementar opcións que non son
válidas.
Temos o portugués que opta por implantaçao

sobre despregar aparte de que o dicionario non recolle
despregamento diría que a definición on acae tan ben como
implantación que diría se aproxima máis ó concepto do que se está
a tratar.

Como o vedes?




Sacando da discusión os valores de implantar da enxeñaría civil no 
sentido de "deseñar/trazar a planta" ou de introducir algo en materias 
vivas (implantes)


*
*
*O problema son os matices de significado porque implantar non 
significa "poñer en práctica ou en produción", soamente introducir. O 
portugués distingue entre introducir e facer funcionar.

*

O dicionario da RAG di algo máis que introducir tal como citas máis abaixo.
*
*

**
*
Pt
Implantar* significa /iniciar /alguma coisa, e *implementar* significa 
/pôr essa coisa em prática/ . Por exemplo, para que uma lei seja 
implementada, primeiramente é preciso que ela seja implantada, ou 
seja, promulgada, sancionada, para só então ser executada (implementada).



En galego, non consta implementar (seguramente por ser unha palabra 
moi recente e con valores unicamente de argot técnico) así que só 
queda implantar ao que parecen querer darlle ambos valores


implantar
verbo transitivo1Introducir [algo] nun lugar e facer que se 
desenvolva, empece a rexer ou a ser aceptado de maneira máis ou menos 
estable.Implantaron un réxime liberal no seu país. SINÓNIMO instituír 



En español... vamos dicir que hai algo de "postureo" porque a palabra 
implementación é unha modernez : 
https://es.wikipedia.org/wiki/Implementaci%C3%B3n
Pero realmente en español a cousa non está nada clara: 
http://www.linguee.es/ingles-espanol/traduccion/software+deployment.html


En galego xa se adoita utilizar despregamento neste campo con certa 
frecuencia


https://www.google.es/search?client=ubuntu=fs=despregamento=despregamento_l=serp.3...16408.16408.0.17485.0.0.0.0.0.0.0.0..0.00...1c.1.64.serp..0.0.0.HLHwqzwkl3w


Lamentablemente no buscatermos da USC non atopo nada máis consistente 
para deployment


Conclúo,
Inclínome máis por despregamento  pero creo que ambas solucións son 
válidas.



Engadiría a definición de despregar que dá o RAG, para min (opinión 
subxectiva) moito menos próxima ó concepto que estamos a tratar, das 
tres a única que me parece que pode que acaia algo é a segunda:

/«2 figurado Poñer en práctica, dispor [algo] para un fin.»/

Que implantación (deployment) sexa a elección do portugués penso que 
tamén ten que ter algo de valor.


Logo está que despregamento non está recollido nin no dicionario da RAG 
nin no volga e implantación si.


Miña pregunta é, que adoitamos escoller/primar cando temos una opción 
que está no volga e dicionario da RAG respecto doutra opción similar que 
non o está, ten unha definición máis próxima (opinión subxectiva) e 
amais é escolla do portugués?





___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: [terminoloxia] deployment

2016-02-27 Conversa Leandro Regueiro
O 27 febreiro 2016 13:13, Leandro Regueiro
 escribiu:
> O 27 febreiro 2016 11:50, Antón Méixome  escribiu:
>>
>>
>> O 27 febreiro 2016 10:24, Dani  escribiu:
>>>
>>> Boas:
>>>
>>> Iso é, a proposta, pregunta é que vos parece implantación.
>>>
>>> http://academia.gal/dicionario_rag/loadNoun.do?current_page=1=1923661
>>> http://academia.gal/dicionario_rag/searchNoun.do?nounTitle=implantar
>>>
>>> vendo outras traducións, francés, italiano, español que optan ou por algo
>>> parecido a deployment ou implementar opcións que non son válidas.
>>> Temos o portugués que opta por implantaçao
>>>
>>> sobre despregar aparte de que o dicionario non recolle despregamento diría
>>> que a definición on acae tan ben como implantación que diría se aproxima
>>> máis ó concepto do que se está a tratar.
>>>
>>> Como o vedes?
>>>
>>>
>>>
>>
>> Sacando da discusión os valores de implantar da enxeñaría civil no sentido
>> de "deseñar/trazar a planta" ou de introducir algo en materias vivas
>> (implantes)
>>
>>
>> O problema son os matices de significado porque implantar non significa
>> "poñer en práctica ou en produción", soamente introducir. O portugués
>> distingue entre introducir e facer funcionar.
>>
>> Pt
>> Implantar significa iniciar alguma coisa, e implementar significa pôr essa
>> coisa em prática . Por exemplo, para que uma lei seja implementada,
>> primeiramente é preciso que ela seja implantada, ou seja, promulgada,
>> sancionada, para só então ser executada (implementada).
>>
>>
>> En galego, non consta implementar (seguramente por ser unha palabra moi
>> recente e con valores unicamente de argot técnico) así que só queda
>> implantar ao que parecen querer darlle ambos valores
>>
>> implantar
>> verbo transitivo1 Introducir [algo] nun lugar e facer que se desenvolva,
>> empece a rexer ou a ser aceptado de maneira máis ou menos estable.
>> Implantaron un réxime liberal no seu país. SINÓNIMO instituír
>>
>> En español... vamos dicir que hai algo de "postureo" porque a palabra
>> implementación é unha modernez :
>> https://es.wikipedia.org/wiki/Implementaci%C3%B3n
>> Pero realmente en español a cousa non está nada clara:
>> http://www.linguee.es/ingles-espanol/traduccion/software+deployment.html
>>
>> En galego xa se adoita utilizar despregamento neste campo con certa
>> frecuencia
>>
>> https://www.google.es/search?client=ubuntu=fs=despregamento=despregamento_l=serp.3...16408.16408.0.17485.0.0.0.0.0.0.0.0..0.00...1c.1.64.serp..0.0.0.HLHwqzwkl3w
>>
>>
>> Lamentablemente no buscatermos da USC non atopo nada máis consistente para
>> deployment
>>
>> Conclúo,
>> Inclínome máis por despregamento  pero creo que ambas solucións son válidas.
>
>
> Empregar «despregamento»
>
> http://www.digatic.org/en/node/6152
>
> Evitar "despregue". "implantación" non parece significar exactamente o
> mesmo, de acordo coa definición de "implantar" e "despregar" no DRAG.
> Por certo, evitade "instalación" tamén.
>
> Respecto de resultados en glosarios só atopei «despregamento» no de Microsoft.

Ola de novo,
acabo de mirar nas memorias de tradución (algo moi latoso, teño que
rematar unha interface de busca máis sinxela pero xa) e estes son os
resultados:


«despregue» (55), habendo moitisimos resultados de Netbeans. Netbeans
usa «repregue» para «undeployment».
«implementación» (5), opción que creo que é incorrecta.
«despregamento» (4), a opción que sigo crendo que é a correcta.
«implantación» (1), que podería valer.
«distribución» (1), pero no contexto moi específico de distribución de
tropas (é no Battle for Wesnoth). Tamén válida, pero neste contexto.


Deica
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: [terminoloxia] deployment

2016-02-27 Conversa Leandro Regueiro
O 27 febreiro 2016 11:50, Antón Méixome  escribiu:
>
>
> O 27 febreiro 2016 10:24, Dani  escribiu:
>>
>> Boas:
>>
>> Iso é, a proposta, pregunta é que vos parece implantación.
>>
>> http://academia.gal/dicionario_rag/loadNoun.do?current_page=1=1923661
>> http://academia.gal/dicionario_rag/searchNoun.do?nounTitle=implantar
>>
>> vendo outras traducións, francés, italiano, español que optan ou por algo
>> parecido a deployment ou implementar opcións que non son válidas.
>> Temos o portugués que opta por implantaçao
>>
>> sobre despregar aparte de que o dicionario non recolle despregamento diría
>> que a definición on acae tan ben como implantación que diría se aproxima
>> máis ó concepto do que se está a tratar.
>>
>> Como o vedes?
>>
>>
>>
>
> Sacando da discusión os valores de implantar da enxeñaría civil no sentido
> de "deseñar/trazar a planta" ou de introducir algo en materias vivas
> (implantes)
>
>
> O problema son os matices de significado porque implantar non significa
> "poñer en práctica ou en produción", soamente introducir. O portugués
> distingue entre introducir e facer funcionar.
>
> Pt
> Implantar significa iniciar alguma coisa, e implementar significa pôr essa
> coisa em prática . Por exemplo, para que uma lei seja implementada,
> primeiramente é preciso que ela seja implantada, ou seja, promulgada,
> sancionada, para só então ser executada (implementada).
>
>
> En galego, non consta implementar (seguramente por ser unha palabra moi
> recente e con valores unicamente de argot técnico) así que só queda
> implantar ao que parecen querer darlle ambos valores
>
> implantar
> verbo transitivo1 Introducir [algo] nun lugar e facer que se desenvolva,
> empece a rexer ou a ser aceptado de maneira máis ou menos estable.
> Implantaron un réxime liberal no seu país. SINÓNIMO instituír
>
> En español... vamos dicir que hai algo de "postureo" porque a palabra
> implementación é unha modernez :
> https://es.wikipedia.org/wiki/Implementaci%C3%B3n
> Pero realmente en español a cousa non está nada clara:
> http://www.linguee.es/ingles-espanol/traduccion/software+deployment.html
>
> En galego xa se adoita utilizar despregamento neste campo con certa
> frecuencia
>
> https://www.google.es/search?client=ubuntu=fs=despregamento=despregamento_l=serp.3...16408.16408.0.17485.0.0.0.0.0.0.0.0..0.00...1c.1.64.serp..0.0.0.HLHwqzwkl3w
>
>
> Lamentablemente no buscatermos da USC non atopo nada máis consistente para
> deployment
>
> Conclúo,
> Inclínome máis por despregamento  pero creo que ambas solucións son válidas.


Empregar «despregamento»

http://www.digatic.org/en/node/6152

Evitar "despregue". "implantación" non parece significar exactamente o
mesmo, de acordo coa definición de "implantar" e "despregar" no DRAG.
Por certo, evitade "instalación" tamén.

Respecto de resultados en glosarios só atopei «despregamento» no de Microsoft.


Deica
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: [terminoloxia] deployment

2016-02-27 Conversa Antón Méixome
O 27 febreiro 2016 10:24, Dani  escribiu:

> Boas:
>
> Iso é, a proposta, pregunta é que vos parece implantación.
>
> http://academia.gal/dicionario_rag/loadNoun.do?current_page=1=1923661
> http://academia.gal/dicionario_rag/searchNoun.do?nounTitle=implantar
>
> vendo outras traducións, francés, italiano, español que optan ou por algo
> parecido a deployment ou implementar opcións que non son válidas.
> Temos o portugués que opta por implantaçao
>
> sobre despregar aparte de que o dicionario non recolle despregamento diría
> que a definición on acae tan ben como implantación que diría se aproxima
> máis ó concepto do que se está a tratar.
>
> Como o vedes?
>
>
>
>
Sacando da discusión os valores de implantar da enxeñaría civil no sentido
de "deseñar/trazar a planta" ou de introducir algo en materias vivas
(implantes)



*O problema son os matices de significado porque implantar non significa
"poñer en práctica ou en produción", soamente introducir. O portugués
distingue entre introducir e facer funcionar.*


*PtImplantar* significa *iniciar *alguma coisa, e *implementar* significa *pôr
essa coisa em prática* . Por exemplo, para que uma lei seja implementada,
primeiramente é preciso que ela seja implantada, ou seja, promulgada,
sancionada, para só então ser executada (implementada).


En galego, non consta implementar (seguramente por ser unha palabra moi
recente e con valores unicamente de argot técnico) así que só queda
implantar ao que parecen querer darlle ambos valores

implantar
verbo transitivo1 Introducir [algo] nun lugar e facer que se desenvolva,
empece a rexer ou a ser aceptado de maneira máis ou menos estable.
Implantaron un réxime liberal no seu país. SINÓNIMO instituír


En español... vamos dicir que hai algo de "postureo" porque a palabra
implementación é unha modernez :
https://es.wikipedia.org/wiki/Implementaci%C3%B3n
Pero realmente en español a cousa non está nada clara:
http://www.linguee.es/ingles-espanol/traduccion/software+deployment.html

En galego xa se adoita utilizar despregamento neste campo con certa
frecuencia

https://www.google.es/search?client=ubuntu=fs=despregamento=despregamento_l=serp.3...16408.16408.0.17485.0.0.0.0.0.0.0.0..0.00...1c.1.64.serp..0.0.0.HLHwqzwkl3w


Lamentablemente no buscatermos da USC non atopo nada máis consistente para
deployment

Conclúo,
Inclínome máis por despregamento  pero creo que ambas solucións son válidas.
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: [terminoloxia] deployment

2016-02-27 Conversa Dani

Boas:

Iso é, a proposta, pregunta é que vos parece implantación.

http://academia.gal/dicionario_rag/loadNoun.do?current_page=1=1923661
http://academia.gal/dicionario_rag/searchNoun.do?nounTitle=implantar

vendo outras traducións, francés, italiano, español que optan ou por 
algo parecido a deployment ou implementar opcións que non son válidas.

Temos o portugués que opta por implantaçao

sobre despregar aparte de que o dicionario non recolle despregamento 
diría que a definición on acae tan ben como implantación que diría se 
aproxima máis ó concepto do que se está a tratar.


Como o vedes?



Dani

On 26/02/16 18:51, Antón Méixome wrote:



O 26 febreiro 2016 18:36, Xurxo Barreiro > escribiu:


O Venres, 26 de Febreiro de 2016 18:18:52 Dani escribiu:
> Boas:
>
> Busco tradución para deployment
> https://en.wikipedia.org/wiki/Software_deployment
>
> A modo de curiosidade o tradutor de google para español propón
> implementación e para o galego replanteo termo que non recolle o
> dicionario de galego sendo a tradución reformular.
>
>
> Algunha proposta?
>
> implantación?
>
> Agora que acabo de mirar resulta implantación que para o
portugués é a
> tradución que propón o google?

Eu para «deploy» uso «despregar». Segundo o DRAG:
2. Poñer en práctica, dispor [algo] para un fin.

Como substantivo, inda que non consta no dicionario, uso
«despregue». (o
corrector si que mo admite, curiosamente).


«Implementar» non me parece correcto. Implementar un software
significa que
inda non existe e estalo creando. No caso de «deploy» o software
xa existe, o
que fas é dispoñelo para ser usado. (instalalo nas máquinas
finais, configuralo,
etc.).



Implementar é unha cousa, o que dicía Dani é implantacion, que me 
parece aceptable.


Outras opcións poderían ser "poñer en marcha/servizo/a disposición" ou 
despregamento. Que o corrector dea como correcto despregue pode ser

- un erro do corrector
- un participio (adxectivo) truncado do verbo despregar

Isto último vouno comprobar


___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto



___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: [terminoloxia] deployment

2016-02-26 Conversa Antón Méixome
O 26 febreiro 2016 18:36, Xurxo Barreiro  escribiu:

> O Venres, 26 de Febreiro de 2016 18:18:52 Dani escribiu:
> > Boas:
> >
> > Busco tradución para deployment
> > https://en.wikipedia.org/wiki/Software_deployment
> >
> > A modo de curiosidade o tradutor de google para español propón
> > implementación e para o galego replanteo termo que non recolle o
> > dicionario de galego sendo a tradución reformular.
> >
> >
> > Algunha proposta?
> >
> > implantación?
> >
> > Agora que acabo de mirar resulta implantación que para o portugués é a
> > tradución que propón o google?
>
> Eu para «deploy» uso «despregar». Segundo o DRAG:
> 2. Poñer en práctica, dispor [algo] para un fin.
>
> Como substantivo, inda que non consta no dicionario, uso «despregue». (o
> corrector si que mo admite, curiosamente).
>
>
> «Implementar» non me parece correcto. Implementar un software significa que
> inda non existe e estalo creando. No caso de «deploy» o software xa
> existe, o
> que fas é dispoñelo para ser usado. (instalalo nas máquinas finais,
> configuralo,
> etc.).
>
>

Implementar é unha cousa, o que dicía Dani é implantacion, que me parece
aceptable.

Outras opcións poderían ser "poñer en marcha/servizo/a disposición" ou
despregamento. Que o corrector dea como correcto despregue pode ser
- un erro do corrector
- un participio (adxectivo) truncado do verbo despregar

Isto último vouno comprobar
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: [terminoloxia] deployment

2016-02-26 Conversa Marcos Lans
Os tradutores dos produtos de Windows usaron «Despregamento» aínda que
non vén no dicionario RAG si vén o verbo despregar.

On 26/02/16 18:18, Dani wrote:
> Boas:n
> 
> Busco tradución para deployment
> https://en.wikipedia.org/wiki/Software_deployment
> 
> A modo de curiosidade o tradutor de google para español propón
> implementación e para o galego replanteo termo que non recolle o
> dicionario de galego sendo a tradución reformular.
> 
> 
> Algunha proposta?
> 
> implantación?
> 
> Agora que acabo de mirar resulta implantación que para o portugués é a
> tradución que propón o google?
> 
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: [terminoloxia] deployment

2016-02-26 Conversa Xurxo Barreiro
O Venres, 26 de Febreiro de 2016 18:18:52 Dani escribiu:
> Boas:
> 
> Busco tradución para deployment
> https://en.wikipedia.org/wiki/Software_deployment
> 
> A modo de curiosidade o tradutor de google para español propón
> implementación e para o galego replanteo termo que non recolle o
> dicionario de galego sendo a tradución reformular.
> 
> 
> Algunha proposta?
> 
> implantación?
> 
> Agora que acabo de mirar resulta implantación que para o portugués é a
> tradución que propón o google?

Eu para «deploy» uso «despregar». Segundo o DRAG:
2. Poñer en práctica, dispor [algo] para un fin.

Como substantivo, inda que non consta no dicionario, uso «despregue». (o 
corrector si que mo admite, curiosamente).


«Implementar» non me parece correcto. Implementar un software significa que 
inda non existe e estalo creando. No caso de «deploy» o software xa existe, o 
que fas é dispoñelo para ser usado. (instalalo nas máquinas finais, 
configuralo, 
etc.). 


___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


[terminoloxia] deployment

2016-02-26 Conversa Dani

Boas:

Busco tradución para deployment
https://en.wikipedia.org/wiki/Software_deployment

A modo de curiosidade o tradutor de google para español propón 
implementación e para o galego replanteo termo que non recolle o 
dicionario de galego sendo a tradución reformular.



Algunha proposta?

implantación?

Agora que acabo de mirar resulta implantación que para o portugués é a 
tradución que propón o google?


--
Dani


___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto