Re: [terminoloxia] environment

2009-03-16 Conversa Karl García Gestido
O Domingo 15 Marzo 2009 19:03:29 Marce Villarino escribiu:
 O Domingo 15 Marzo 2009 17:00:34 Karl García Gestido escribiu:
  ambiente: adx. 1. Que rodea un corpo ou constitúe o medio onde se está. A
  temperatura ambiente. // s.m. [...] 3. Conxunto de condicións
  en que se desenvolve calquera tipo de vida.

 [...]

  Ben, un shell define un *entorno de traballo parcialmente pechado. Isto
  significa que o sistema provee unha serie de comandos que fan uso dunha
  serie de variables e constantes comúns e que se comunican dunha maneira
  ben definida.

 [...]

 Bu, nos meus tempos a shell non era máis ca un ILO (iso ao que hoxe se
 lle chama CLI), intérprete da liña de ordes.
XD Que funcionará dalgunha maneira, ¿non?

Saúde!!
-- 
O malo da relixión e a súa carenza de imaxinación
--
karl

Re: [terminoloxia] environment

2009-03-16 Conversa mvillarino
 Bu, nos meus tempos a shell non era máis ca un ILO (iso ao que hoxe se
 lle chama CLI), intérprete da liña de ordes.
 XD Que funcionará dalgunha maneira, ¿non?

Como se dicía en tempos: iso a min éme transparente !

Re: [terminoloxia] environment

2009-03-16 Conversa Karl García Gestido
O Luns 16 Marzo 2009 13:06:06 mvillarino escribiu:
  Bu, nos meus tempos a shell non era máis ca un ILO (iso ao que hoxe
  se lle chama CLI), intérprete da liña de ordes.
 
  XD Que funcionará dalgunha maneira, ¿non?

 Como se dicía en tempos: iso a min éme transparente !
Non de todo. Se inicias dúas sesións de termiñal digamos en konsole, as 
variables que afecten a unha sesión non afectarán á outra salvo que as 
exportes de maneira explícita.

Doutra man, algunas versións de Linux e de Unix permiten seleccionar o 
intérprete de comandos. Os scripts deben deseñarse para esta posibilidade.

Saúde!!
-- 
O malo da relixión e a súa carenza de imaxinación
--
karl

Re: [terminoloxia] environment

2009-03-15 Conversa Marce Villarino
O Venres 13 Marzo 2009 16:20:58 Leandro Regueiro escribiu:
 Entorno  (34×KDE + 6xGNOME + SUSE + OpenOffice.org) = 42
 Ambiente (25×KDE + 5xSUSE) = 30
 Contorno (5xGNOME + 2xKDE + 6xSUSE + 5xOpenOffice.org) = 18

Podes analizar se hai algunha se Entorno aparece no sintagma Variábel de 
entorno ou se é outro o caso?

Re: [terminoloxia] environment

2009-03-15 Conversa Karl García Gestido
O Venres 13 Marzo 2009 16:20:58 Leandro Regueiro escribiu:
 Entorno  (34×KDE + 6xGNOME + SUSE + OpenOffice.org) = 42
 Ambiente (25×KDE + 5xSUSE) = 30
 Contorno (5xGNOME + 2xKDE + 6xSUSE + 5xOpenOffice.org) = 18

 É abraiante que a tradución máis usada sexa unha tradución non
 recomendada e incluso desaconsellada: o glosario de Trasno recomenda
 ambiente e permite contorno e marca entorno coma castelanismo; o
 glosario de Mancomun indica que se traduza coma contorno. No
 glosario de Windows aparece Ambiente.
contorno: s.m. 1. Límite exterior dun corpo ou dun obxecto, e liña que 
describe ese límite. O contorno dunha mesa. SIN. perímetro. CF. periferia. Os 
contornos da cara. SIN. perfil, silueta. 2. Zona ou territorio máis ou menos 
delimitado arredor dun lugar considerado como o núcleo. Non hai mentireiro 
coma el en todo o contorno. SIN. contorna, redonda, volta.

ambiente: adx. 1. Que rodea un corpo ou constitúe o medio onde se está. A 
temperatura ambiente. // s.m. 2. Aire que nos rodea. O ambiente das cidades 
está cada día máis contaminado. SIN. atmosfera. 3. Conxunto de condicións en 
que se desenvolve calquera tipo de vida. Ambiente acuático. A protección do 
ambiente. SIN. medio. 4. fig. Conxunto de condicións ou circunstancias de tipo 
económico, social, cultural, etc., no ámbito das cales vive unha persoa. 
Criouse nun ambiente de pobreza. SIN. atmosfera, medio. 5. fam. Característica 
do lugar en que hai animación, alegría, bo humor, etc. 

O significado técnico problemático de enviroment está ligado ao de shell; 
para os demáis, ambiente é adecuado (ambientes de escritorio, ambientes de 
servidores, etc.). Para os primeiros, *entorno axústase porque en castelán o 
significado é moi adecuado:

entorno.
 (De en- y torno).
 1.  m. Ambiente, lo que rodea.
 2.  m. Inform. Conjunto de condiciones extrínsecas que necesita un sistema 
informático para funcionar, como el tipo de programación, de proceso, las 
características de las máquinas que lo componen, etc.
 3.  m. Mat. Conjunto de puntos vecinos a otro.
 4.  m. Ar. Pliegue que se hace a la ropa en el borde.
 5.  m. ant. contorno.

Curiosamente, a definición explícita para informática concorda co caso no que 
expoño que ambiente sería un termo adecuado.

Ben, un shell define un *entorno de traballo parcialmente pechado. Isto 
significa que o sistema provee unha serie de comandos que fan uso dunha serie 
de variables e constantes comúns e que se comunican dunha maneira ben 
definida. No caso de Linux, o núcleo dispón dunha interface (API), o cal pode 
ser chamado polas aplicacións do sistema (GNU). O usuario traballa nun 
terceiro nivel (nivel de usuario, incluso o administrativo). Así, o usuario 
fai uso de aplicacións de usuario que chaman a aplicacións de sistema que á 
súa vez chaman ás de  núcleo.

Por outra parte, hai varios niveis de execución, e cada usuario dispón dun 
*entorno de traballo propio.

Volvendo as propostas, tendo que *entorno é castelanismo, vemos que en 
castelán contorno figura como un antónimo de entorno. Por outra parte, 
ambiente é IMHO demasiado amplo. 

En castelán, torno pode configurar locucións prepositivas do tipo de en 
torno a, torno a, etc. En galego, semellase que non... pero por exemplo 
contorno ten a mesma formación léxica que a equivalente castelá. No 
dicionario da xunta non atopo tornas... 

IMHO, de elixir, a única palabra que se me ocorre é ambiente; nembargantes, 
non posúe o sentido preciso da castelá entorno, en tanto a aquilo que 
envolve, que rodea: un ambiente pode definir varios *entornos, pero un 
*entorno non pode definir máis de un ambiente. Así, un shell traballa cun 
*entorno parcialmente pechado para traballar dentro dun ambiente.

Saúde!!
-- 
O malo da relixión e a súa carenza de imaxinación
--
karl

Re: [terminoloxia] environment

2009-03-15 Conversa Marce Villarino
O Domingo 15 Marzo 2009 17:00:34 Karl García Gestido escribiu:
 ambiente: adx. 1. Que rodea un corpo ou constitúe o medio onde se está. A
 temperatura ambiente. // s.m. [...] 3. Conxunto de condicións
 en que se desenvolve calquera tipo de vida. 
[...]
 Ben, un shell define un *entorno de traballo parcialmente pechado. Isto
 significa que o sistema provee unha serie de comandos que fan uso dunha
 serie de variables e constantes comúns e que se comunican dunha maneira ben
 definida.
[...]

Bu, nos meus tempos a shell non era máis ca un ILO (iso ao que hoxe se lle 
chama CLI), intérprete da liña de ordes.

Re: [terminoloxia] environment

2009-03-15 Conversa Leandro Regueiro
2009/3/15 Marce Villarino mvillar...@gmail.com:
 O Venres 13 Marzo 2009 16:20:58 Leandro Regueiro escribiu:
 Entorno  (34×KDE + 6xGNOME + SUSE + OpenOffice.org) = 42
 Ambiente (25×KDE + 5xSUSE) = 30
 Contorno (5xGNOME + 2xKDE + 6xSUSE + 5xOpenOffice.org) = 18

 Podes analizar se hai algunha se Entorno aparece no sintagma Variábel de
 entorno ou se é outro o caso?

Poder poderia, pero o open-tran non está ainda tan avanzado: se lle
metes variábel e entorno o que fai é buscar as cadeas onde aparece
unha, as cadeas onde aparece a outra, e xuntalas, pero o que non fai é
buscar cadeas onde aparezan as dúas. En principio seria modificar a
consulta SQL, pero como ten o de fusionar dúas bases de datos e hai
múltiples táboas en JOIN múltiples pois é chungo. Pero está na miña
lista de tarefas pendentes.

Respecto á escolla eu uso ambiente case para todo.

Ata logo,
 Leandro Regueiro

[terminoloxia] environment

2009-03-13 Conversa Leandro Regueiro