Re: Consulta sobre a localización de Wordpress

2012-08-12 Conversa Amador Loureiro Blanco
Dentro do zip están os ficheiros que correponden á versión que sinalan
(ramas 3.4.x, 3.3.x...) A actual é a 3.4.x (3.4.1)

Saúdos!

2012/8/11 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com

 2012/8/11 Amador Loureiro Blanco dor...@adorfunteca.org
 
  Os ficheiros do repositorio non están tan actualizados como os que
  descarguei do GlotPress e incluín no zip. Se vos fixades están os de
 varias
  versións de WP e algúns outros complementarios como o de cidades e
 paises,
  etc. Pensei que era mellor meter por exceso que por defecto :)
 
  Sobre o de optar por un ou outro, a verdade é que non sei que criterio
  usar. Máis actualizados están os do zip e probablemente os do repositorio
  teñan moitas cadeas xa obsoletas.
 
  Non sei se pode facer unha mega-macro-fusión de todo, pero igual é un
 caos
  ou entorpece o uso posterior do TMX.

 Sendo unha versión máis actualizada entón meterei o novo TMX tamén. Os
 ficheiros que enviaches correspóndense con algunha versión concreta?

 Deica

  Grazas Leandro polo traballo!
 
  2012/8/10 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com
 
  2012/8/9 Amador Loureiro Blanco dor...@adorfunteca.org
  
   Oh! Desculpas. Respondín a Antón sen facelo á lista. Supoño que a
   memoria
   está construída sobre os ficheiros de GlotPress, pero inclúo con este
   correo
   o ficheiro por se faltaba algo.
 
  A memoria que xerei eu está feita cos ficheiros que hai en
  http://svn.automattic.com/wordpress-i18n/gl_ES/ e que non sei se se
  corresponden coa última versión de WordPress.
 
  Acabo de descargar o que enviou Amador (moitas grazas) e xerei un
  ficheiro TMX. Antes de substituír o que hai no FTP do Proxecto Trasno
  fun mirar cal era o que tiña máis palabras (ou cadeas) e resulta que o
  que eu tiña xerado de antes ten máis palabras e máis cadeas. Isto
  pareceume un pouco raro porque de partida Amador enviou moitos máis
  ficheiros dos que eu lembro ter empregado para xerar a outra memoria.
 
  Visto o que hai creo que vou manter a memoria que xa está subida e
  paso de subir esta nova memoria, a non ser que se corresponda coa
  publicación dunha versión oficial de WordPress, caso no que
  probablemente interese ter outra memoria máis. Vós diredes.
 
  Deica
  ___
  Proxecto mailing list
  Proxecto@trasno.net
  http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
 
  --
 
  Amador Loureiro Blanco | dorfun | http://www.adorfunteca.org
 
   dorfun  dorfun  dor...@hotmail.com  dorfun
 
  ___
  Proxecto mailing list
  Proxecto@trasno.net
  http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
 
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

-- 

Amador Loureiro Blanco | *dorfun* | *http://www.adorfunteca.org*
[image: Twitter] http://www.twitter.com/dorfun [image:
Facebook]http://www.facebook.com/amador.loureiro.blanco
 [image: LinkedIn] http://www.linkedin.com/in/dorfun [image: Google
Reader] http://www.google.com/reader/shared/dorfun [image: Blog
RSS]http://feeds.feedburner.com/adorfunteca
 [image: SlideShare] http://www.slideshare.net/dorfun [image:
Flickr]http://www.flickr.com/photos/dorfun/
 [image: YouTube] http://www.youtube.com/profile?user=dorfun [image:
Delicious] http://delicious.com/dorfun [image:
Last.fm]http://www.last.fm/user/dorfun/
 [image: Tumblr] http://dorfun.tumblr.com/ [image:
Vimeo]http://vimeo.com/dorfun
 [image: FriendFeed] http://friendfeed.com/dorfun
[image: Google Talk/] dorfun [image: Y! messenger/] dorfun [image: MSN/]
dor...@hotmail.com [image: Skype/] dorfun
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Consulta sobre a localización de Wordpress

2012-08-11 Conversa Amador Loureiro Blanco
Os ficheiros do repositorio non están tan actualizados como os que
descarguei do GlotPress e incluín no zip. Se vos fixades están os de varias
versións de WP e algúns outros complementarios como o de cidades e paises,
etc. Pensei que era mellor meter por exceso que por defecto :)

Sobre o de optar por un ou outro, a verdade é que non sei que criterio
usar. Máis actualizados están os do zip e probablemente os do repositorio
teñan moitas cadeas xa obsoletas.

Non sei se pode facer unha mega-macro-fusión de todo, pero igual é un caos
ou entorpece o uso posterior do TMX.

Grazas Leandro polo traballo!

2012/8/10 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com

 2012/8/9 Amador Loureiro Blanco dor...@adorfunteca.org
 
  Oh! Desculpas. Respondín a Antón sen facelo á lista. Supoño que a memoria

2012-08-11 Conversa Leandro Regueiro
2012/8/11 Amador Loureiro Blanco dor...@adorfunteca.org

 Os ficheiros do repositorio non están tan actualizados como os que
 descarguei do GlotPress e incluín no zip. Se vos fixades están os de varias
 versións de WP e algúns outros complementarios como o de cidades e paises,
 etc. Pensei que era mellor meter por exceso que por defecto :)

 Sobre o de optar por un ou outro, a verdade é que non sei que criterio
 usar. Máis actualizados están os do zip e probablemente os do repositorio
 teñan moitas cadeas xa obsoletas.

 Non sei se pode facer unha mega-macro-fusión de todo, pero igual é un caos
 ou entorpece o uso posterior do TMX.

Sendo unha versión máis actualizada entón meterei o novo TMX tamén. Os
ficheiros que enviaches correspóndense con algunha versión concreta?

Deica

 Grazas Leandro polo traballo!

 2012/8/10 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com

 2012/8/9 Amador Loureiro Blanco dor...@adorfunteca.org
 
  Oh! Desculpas. Respondín a Antón sen facelo á lista. Supoño que a
  memoria
  está construída sobre os ficheiros de GlotPress, pero inclúo con este
  correo
  o ficheiro por se faltaba algo.

 A memoria que xerei eu está feita cos ficheiros que hai en
 http://svn.automattic.com/wordpress-i18n/gl_ES/ e que non sei se se
 corresponden coa última versión de WordPress.

 Acabo de descargar o que enviou Amador (moitas grazas) e xerei un
 ficheiro TMX. Antes de substituír o que hai no FTP do Proxecto Trasno
 fun mirar cal era o que tiña máis palabras (ou cadeas) e resulta que o
 que eu tiña xerado de antes ten máis palabras e máis cadeas. Isto
 pareceume un pouco raro porque de partida Amador enviou moitos máis
 ficheiros dos que eu lembro ter empregado para xerar a outra memoria.

 Visto o que hai creo que vou manter a memoria que xa está subida e
 paso de subir esta nova memoria, a non ser que se corresponda coa
 publicación dunha versión oficial de WordPress, caso no que
 probablemente interese ter outra memoria máis. Vós diredes.

 Deica
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

 --

 Amador Loureiro Blanco | dorfun | http://www.adorfunteca.org

  dorfun  dorfun  dor...@hotmail.com  dorfun

 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Consulta sobre a localización de Wordpress

2012-08-11 Conversa Leandro Regueiro
2012/8/11 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com:
 2012/8/11 Amador Loureiro Blanco dor...@adorfunteca.org

 Os ficheiros do repositorio non están tan actualizados como os que
 descarguei do GlotPress e incluín no zip. Se vos fixades están os de varias
 versións de WP e algúns outros complementarios como o de cidades e paises,
 etc. Pensei que era mellor meter por exceso que por defecto :)

 Sobre o de optar por un ou outro, a verdade é que non sei que criterio
 usar. Máis actualizados están os do zip e probablemente os do repositorio
 teñan moitas cadeas xa obsoletas.

 Non sei se pode facer unha mega-macro-fusión de todo, pero igual é un caos
 ou entorpece o uso posterior do TMX.

 Sendo unha versión máis actualizada entón meterei o novo TMX tamén. Os
 ficheiros que enviaches correspóndense con algunha versión concreta?

Publiquei o TMX dos ficheiros que enviou Amador como se fora da versión 3.4.1.

Deica
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Consulta sobre a localización de Wordpress

2012-08-10 Conversa Leandro Regueiro
2012/8/9 Amador Loureiro Blanco dor...@adorfunteca.org

 Oh! Desculpas. Respondín a Antón sen facelo á lista. Supoño que a memoria
 está construída sobre os ficheiros de GlotPress, pero inclúo con este correo
 o ficheiro por se faltaba algo.

A memoria que xerei eu está feita cos ficheiros que hai en
http://svn.automattic.com/wordpress-i18n/gl_ES/ e que non sei se se
corresponden coa última versión de WordPress.

Acabo de descargar o que enviou Amador (moitas grazas) e xerei un
ficheiro TMX. Antes de substituír o que hai no FTP do Proxecto Trasno
fun mirar cal era o que tiña máis palabras (ou cadeas) e resulta que o
que eu tiña xerado de antes ten máis palabras e máis cadeas. Isto
pareceume un pouco raro porque de partida Amador enviou moitos máis
ficheiros dos que eu lembro ter empregado para xerar a outra memoria.

Visto o que hai creo que vou manter a memoria que xa está subida e
paso de subir esta nova memoria, a non ser que se corresponda coa
publicación dunha versión oficial de WordPress, caso no que
probablemente interese ter outra memoria máis. Vós diredes.

Deica
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Consulta sobre a localización de Wordpress

2012-07-10 Conversa Amador Loureiro Blanco
Moitas grazas polas indicacións Keko. Deixei os teus comentarios nos foros
do BuddyPress (
http://buddypress.org/community/groups/wordpress-en-galego/forum/topic/ter-presente-as-recomendacions-do-proxecto-trasno-nas-localizacions/
 e
http://buddypress.org/community/groups/wordpress-en-galego/forum/topic/wp-3-3-hai-alguen-traballando-na-traducion/?#post-132704)
Agora mesmo é Pablo quen está a traballar máis na localización. Creo que
sería ben que contactases con el para non duplicar traballo e poder
aproveitar mellor o tempo. Pola miña parte vou tratar de ir correxindo eses
erros que citas, para que non se vaian mantendo no futuro.

WP usa un sistema de localización mediante POT e tamén unha aplicación en
liña. En xeral a diferencia fundamental está en que os .po son máis
manexables para localizacións particulares en instalacións locais
(descargando e instalando desde wordpress.org) e o GlotPress úsase para a
localización xeral de WP en wordpress.com (o sistema de blogues gratuito de
Automattic). Con esa idea, eu particularmente dinlle máis peso á
localización no GlotPress xa que chega a moita máis xente. Sigo máis ou
menos os blogues en galego que nacen en wordpress.com e cada día hai máis!

En calquera caso, pódese exportar a .po desde GlotPress e tamén importar
polo que o proceso non é complicado e é reaproveitable. A ver se este novo
fío ordena de novo o que se fai en WP e conseguimos manter unha
localización de calidade para ese xestor de blogues.

Convido a todas as persoas que o desexen a participar no BuddyPress de WP
en galego e en particular Keko, se podes fala con Pablo para non duplicar
esforzos.

Apertas!

2012/7/9 Enrique Estévez Fernández keko...@gmail.com

 Ola.

 A localizacón de Wordpress non ten que pertencer ao Proxecto Trasno, o que
 sería bo é que a xente que o traduce pois se subscriba a lista de Trasno e
 cando teña dúbidas tamén pregunte nela. O que non podemos desde Trasno, é
 estar rexistrados en todas as listas dos proxectos de software libre.

 No meu caso particular, cando teño algún termo para discutir, pois envío
 correo a ambas listas, a de Mozilla e a de Trasno. Ás veces, só a de
 Trasno, que é onde se debate sobre terminoloxía para que estea centralizada
 a discusión e poder buscar nun futuro o que se comentou.

 Como xa dixen no outro correo, se ao final o novo sitio web de Mozilla
 está montado nun WordPress e teño tempo, tentarei de arranxar esas cadeas
 coas que non estou dacordo, para manter unha coherencia coa tradución
 realizada en Mozilla. En Mozilla aínda hai moitas incoherencias ou
 traducións erróneas e que non siguen as recomendacións de Trasno, pero é
 que son moitas cadeas que hai que buscar e arranxar que veñen herdadas.
 Pero un está no camiño de ir solucionando todos estes detalles.

 De entrada eu diríalles que lean a guía de localización de Mancomun e que
 empreguen o tbx das Trasnadas. Hai cousas como estas:

 An error occurred during the activation Ocorreu un erro durante a
 activación
 There was a problem connecting to the Akismet server. Please check your
 server configuration. Houbo un problema ao conectar co servidor de Akismet.
 Comproba a configuración do teu servidor.
 Os erros non ocorren, non se atopann, ..., chegouse a conclusión de que os
 erros se producen
 Produciuse un erro durante a activación

 OK OK
 Creo que se traduce como Aceptar, polo menos así o fago eu

 Add or remove tags Engadir ou eliminar etiquetas
 Remove estase traducindo por Retirar
 Eu aínda no acabei de fixar isto en Mozilla, pero xa fai meses que
 comecei, nalgún momento rematarei

 Plugins Plugins
 Caso complicado.
 Como xa comentastes no voso fío que me envías no correo, en Mozilla parece
 que non está fixado pero si. Eu optei por traducir: add-on por complemento,
 plugin por engadido e extension por extensión. Os de Mozilla fanse un lío,
 pero eu non. Eu traduzo cada termo por esas, e desgraciadamente non podo
 entrar a valorar se eles se equivocaron na cadea orixinal. E sí, ás veces
 na mesma xanela aparecen dous deses termos, que en principio parece que
 está mal, pero eu traduzo cada un como indiquei arriba.

 Invalid taxonomy Taxonomía non válida
 En Mozilla estamos traducindo os invalid e valid por incorrecto e
 correcto. Agora non che podo asegurar se isto se fixou en Trasno.

 Not Spam Non é spam
 Spam estase traducindo por lixo ou non desexado, polo menos no caso do
 correo. Aínda que aquí tamén está a palabra junk, que non sei a diferencia
 con spam. En principio estanse traducindo indistintamente por correo non
 desexado ou correo lixo.

 Are you sure you want to do this? Estás seguro de que queres facer isto?
 Leave a Reply to %s Deixa una resposta a %s
 Como traducides, tu ou vostede? Semella que ti.
 En Mozilla úsase o tratamento de vostede. Antón seguro que che pode
 explicar mellor a motivación.

 Command failed Fallou o comando
 Command estase traducindo por orde

 Feed for all posts filed under %s Feed para todos os artigos en %s
 Feed creo que se 

Re: Consulta sobre a localización de Wordpress

2012-07-10 Conversa Amador Loureiro Blanco
Ola Antón.

Vouche comentando ao fío das túas preguntas:

- Hai un ano que non hai actualizacións aquí  http://gl.wordpress.org/.
 Están as referencias ás versións e novas actualizadas?

Pois non creo. O traballo na localización ao galego do WP vai como o
Guadiana :)

- Poderías crear unha memoria de tradución da versión actual activa de
 Wordpress baseándote nisto http://svn.automattic.com/wordpress-i18n/gl_ES/?

(tamén valería perfectamente que reunises nun arquivo os ficheiros últimos
 e nolos remitises á lista).

Viríanos ben ter esa memoria para o noso repertorio, sección CMS...

Non habería problema, pero tendo en conta o citado por Keko igual era ben
agardar a correxir todas as cousas (e máis) que citaba. Pero podo facer un
recompilatorio para enviar á lista. A ver se podo esta noite.

 - Como di Keko, Trasno non posúe ningunha tradución, se algo atesoura
 son tradutores e recursos comúns. É unha cooperativa de tradutores que
 realizan traducións e xestionan proxectos de localización. O que diferencia
 Trasno é a creación de recursos comúns, a cohesión da localización mediante
 unha disciplina estilística e terminolóxica de consenso, o apoio aos
 tradutores e vixilancia dos proxectos de software libre e a
 representividade dos intereses da comunidade.

Xa oh! Non me expliquei ben. Eu sempre estou pendente do traballo de
Trasno, pero non podo máis que suxerir o mesmo a outras persoas que fan
cousas en localización. Fíxeno en WP e fágoo sempre que podo. O (outro)
erro que cometín é non buscar axuda en Trasno, pensando que xa bastante
choio hai noutras cousas como para solicitar colaboración para WP. Pero
nunca é tarde...

 - Sería para nós un pracer que Pablo e Lucas participasen da comunidade
 para facer mellores solucións. Sempre estamos en camiño e nunca é tarde
 porque para iso creamos as Trasnadas e mantemos viva a Asociación e a
 comunidade.

Repetín o convite nos foros do BuddyPress onde agora se centraliza a
localización. Creo que non o citei antes, pero esa era outra cousa que
quería facer. Hai anos a única vinculación que había de WP a galego era un
artigo no meu blogue e non quería que seguise así. Cando hai bastantes
meses se reorganizou o traballo de localización oficial para WP, optei por
aproveitar os seus recursos e facer así que se mantivese máis oficial,
aberto e accesible a todo o mundo.

 - Como ves, o que di Keko non son reproches senón unha preocupación e o
 interese por converxer.

Ei! que non o tomei a mal! :D E se aprecia algún tono defensivo ou de
reproche nada máis lonxe da realidade. O que quero é clarificar un pouco
as cousas e facer que ese traballo (no que hai e houbo moita xente metida)
teña a visibilidade que merece. Ben sei que aquí estamos todos a axudar e
así debe ser. Agradezo moito os comentarios de Keko e os teus e os de
calquera persoa! :)

Aspiramos a crear un estándar potente, a acadar un nivel de calidade
 profesional, para que ser voluntario non se confunda con ser afeccionado
 no mal sentido da palabra.

Agardo que algún día se recoñeza o traballo feito con Trasno. Eu polo menos
non teño máis que agradecemento por todo o que se leva feito.

 Teño unha idea que cada vez me ronda máis a cabeza e que consiste en armar
 un sistema que permita o envío upstream de traducións harmonizadas,
 mantendo a independencia de cada proxecto de software, de modo que toda a
 comunidade poida participar e mellorar. Serviría moi ben para proxectos
 estables no tempo e cun tamaño pequeno mediano como podería ser este e
 moitos outros. Podería así obter axuda dun moito maior número de tradutores
 nun momento dado, e manter o esforzo dos coordinadores centrado no que son
 tarefas propias de coordinación, sen necesidade de que os
 tradutores-colaboradores teñan que apuntarse a vinte mil listas de correo,
 que son un obstáculo evidente para moita xente.

No fío que comentas, eu creo que sería moi útil tamén (creo que xa o citei
nalgún momento) un sistema básico de avisos de erros en localizacións. Ás
veces atopamos grallas ou faltas de concordancia que en moitas ocasións non
sabemos a quen dirixir. Un pequeno formulario web cunha caixa para os
termos, un desplegable para o proxecto e outra caixa para comentarios que
enviase  un correo ás persoas responsables, podería axilizar as correccións
de pequenas grallas. Non sei se me explico... ou desbarro moito. Para unha
persoa usuaria, normal, sen coñecementos de localización, saber que pode
nunha web reportar un erro sen maiores complicacións é moito máis cómodo e
áxil que se ten que buscar listas, webs (oficiais), proxectos de
localización, etc.

 P.S.
 O uso de vostede sobre tu recoméndase sempre salvando casos de
 software para cativos. Incluso en aplicativos de conversas (neste sentido
 seguimos tamén recomendacións lingüísticas internacionais).
 O uso de verificación para o que sempre se chamou corrección ortográfica
 ou lingüística é un anglicismo derivado da lóxica matemática. Se un se para
 a pensar no que significa 

Re: Consulta sobre a localización de Wordpress

2012-07-09 Conversa Enrique Estévez Fernández
Ola.

A localizacón de Wordpress non ten que pertencer ao Proxecto Trasno, o que
sería bo é que a xente que o traduce pois se subscriba a lista de Trasno e
cando teña dúbidas tamén pregunte nela. O que non podemos desde Trasno, é
estar rexistrados en todas as listas dos proxectos de software libre.

No meu caso particular, cando teño algún termo para discutir, pois envío
correo a ambas listas, a de Mozilla e a de Trasno. Ás veces, só a de
Trasno, que é onde se debate sobre terminoloxía para que estea centralizada
a discusión e poder buscar nun futuro o que se comentou.

Como xa dixen no outro correo, se ao final o novo sitio web de Mozilla está
montado nun WordPress e teño tempo, tentarei de arranxar esas cadeas coas
que non estou dacordo, para manter unha coherencia coa tradución realizada
en Mozilla. En Mozilla aínda hai moitas incoherencias ou traducións
erróneas e que non siguen as recomendacións de Trasno, pero é que son
moitas cadeas que hai que buscar e arranxar que veñen herdadas. Pero un
está no camiño de ir solucionando todos estes detalles.

De entrada eu diríalles que lean a guía de localización de Mancomun e que
empreguen o tbx das Trasnadas. Hai cousas como estas:

An error occurred during the activation Ocorreu un erro durante a activación
There was a problem connecting to the Akismet server. Please check your
server configuration. Houbo un problema ao conectar co servidor de Akismet.
Comproba a configuración do teu servidor.
Os erros non ocorren, non se atopann, ..., chegouse a conclusión de que os
erros se producen
Produciuse un erro durante a activación

OK OK
Creo que se traduce como Aceptar, polo menos así o fago eu

Add or remove tags Engadir ou eliminar etiquetas
Remove estase traducindo por Retirar
Eu aínda no acabei de fixar isto en Mozilla, pero xa fai meses que comecei,
nalgún momento rematarei

Plugins Plugins
Caso complicado.
Como xa comentastes no voso fío que me envías no correo, en Mozilla parece
que non está fixado pero si. Eu optei por traducir: add-on por complemento,
plugin por engadido e extension por extensión. Os de Mozilla fanse un lío,
pero eu non. Eu traduzo cada termo por esas, e desgraciadamente non podo
entrar a valorar se eles se equivocaron na cadea orixinal. E sí, ás veces
na mesma xanela aparecen dous deses termos, que en principio parece que
está mal, pero eu traduzo cada un como indiquei arriba.

Invalid taxonomy Taxonomía non válida
En Mozilla estamos traducindo os invalid e valid por incorrecto e correcto.
Agora non che podo asegurar se isto se fixou en Trasno.

Not Spam Non é spam
Spam estase traducindo por lixo ou non desexado, polo menos no caso do
correo. Aínda que aquí tamén está a palabra junk, que non sei a diferencia
con spam. En principio estanse traducindo indistintamente por correo non
desexado ou correo lixo.

Are you sure you want to do this? Estás seguro de que queres facer isto?
Leave a Reply to %s Deixa una resposta a %s
Como traducides, tu ou vostede? Semella que ti.
En Mozilla úsase o tratamento de vostede. Antón seguro que che pode
explicar mellor a motivación.

Command failed Fallou o comando
Command estase traducindo por orde

Feed for all posts filed under %s Feed para todos os artigos en %s
Feed creo que se está traducindo por fonte, polo menos en Mozilla.

connection not established non se estableceu a conexión
En mozilla estamos empregando a terminación -bel
estabelecer
Non estaría mal usar ble, pero ten que ser o mesmo criterio para todo. Non
sei que preferencia ten Trasno con respecto a isto.

Unable to reach any Akismet servers. Non se puido conectar con ningún
servidor Akismet.
For some strange yet very annoying reason, this post could not be deleted.
Por algunha estraña e molesta razón, non se puido eliminar este artigo.
Unable estase traducindo por Imposíbel, Foi imposíbel, Resultou imposíbel

Isto viña na guía de estilo de mancomun
Can not --- Non é posíbel (Non se usaba Non se pode)
Could not --- Non foi posíbel (Non se usaba Non se puido)

Widgets Widgets
Creo que se está traducindo por Trebello
A min cóstame, pero termos que fixalo como se fixo con outros termos

strongERROR/strong: Cookies are blocked or not supported by your
browser. You must a href='http://www.google.com/cookies.html'enable
cookies/a to use WordPress. strongERRO/strong: Bloqueáronse as
cookies ou estas non son soportadas polo teu navegador. Tes que a href='
http://www.google.com/cookies.html'activar as cookies/a para usar
WordPress.
Support non se traduce como soportar.
Compatíbel, admitir, ...

Could not set that as the thumbnail image. Try a different attachment. Non
se puido fixar esa imaxe como miniatura. Téntao cun adxunto distinto.
Attachmento non se traduce por adxunto. Anexo e anexar serían os que
estamos empregando.
Images and Attachments Imaxes e anexos
Aquí si que está ben

Please try again! Por favor, téntao de novo!
Non se usa o Por favor, salvo casos moi concretos. Os ingles abusan disto e
non se está usando.

Check Spelling 

Consulta sobre a localización de Wordpress

2012-07-07 Conversa Enrique Estévez Fernández
Ola.

Alguén pode decirme algo da localización de Wordpress. Estiven vendo a
cousa e parece que non está moi aló. Semella que hai un grupo de
localización, pero ou non coñecen a Trasno ou non seguen os acordos e
guía de estilo de Trasno, que non é obrigatoria, pero para saber
quenes son e que criterios empregan.

Vexo que usan:

válido
tratamento de tu
por favor
terminación -ble
cabezallo
conservarn as maiúsculas ao inicio de todas as palabras igual que no inglés
...

e xa non seguín

Alguén pode contarme algo do asunto. Se están en vías de acercarse ao
traballo de Trasno, se van ao seu aire, se alguen falou con eles.
Preocupame, porque estou vendo de que me monten o sitio web oficial
desde a comunidade de mozilla e van crearme un wordpress e a ver que
galego ten a interface do sitio web. Xa me
vexo arranxando todas esas inconsistencias nun parche para a miña
localización do aplicativo e que sexa coherente co traballo de
localización que se fai en Mozilla.

Simplemente pregunto. Se non farei a miña adaptación para o noso sitio
web, por coherencia, aínda que temo non me sobra.

Un saúdo.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto