Ola Antón.

Vouche comentando ao fío das túas preguntas:

- Hai un ano que non hai actualizacións aquí  http://gl.wordpress.org/.
> Están as referencias ás versións e novas actualizadas?
>
Pois non creo. O traballo na localización ao galego do WP vai como o
Guadiana :)

- Poderías crear unha memoria de tradución da versión actual activa de
> Wordpress baseándote nisto http://svn.automattic.com/wordpress-i18n/gl_ES/?

(tamén valería perfectamente que reunises nun arquivo os ficheiros últimos
> e nolos remitises á lista).

Viríanos ben ter esa memoria para o noso repertorio, sección CMS...
>
Non habería problema, pero tendo en conta o citado por Keko igual era ben
agardar a correxir todas as cousas (e máis) que citaba. Pero podo facer un
recompilatorio para enviar á lista. A ver se podo esta noite.


> - Como di Keko, Trasno non "posúe" ningunha tradución, se algo atesoura
> son tradutores e recursos comúns. É unha cooperativa de tradutores que
> realizan traducións e xestionan proxectos de localización. O que diferencia
> Trasno é a creación de recursos comúns, a cohesión da localización mediante
> unha disciplina estilística e terminolóxica de consenso, o apoio aos
> tradutores e vixilancia dos proxectos de software libre e a
> representividade dos intereses da comunidade.
>
Xa oh! Non me expliquei ben. Eu sempre estou pendente do traballo de
Trasno, pero non podo máis que suxerir o mesmo a outras persoas que fan
cousas en localización. Fíxeno en WP e fágoo sempre que podo. O (outro)
erro que cometín é non buscar axuda en Trasno, pensando que xa bastante
choio hai noutras cousas como para solicitar colaboración para WP. Pero
nunca é tarde...


> - Sería para nós un pracer que Pablo e Lucas participasen da comunidade
> para facer mellores solucións. Sempre estamos en camiño e nunca é tarde
> porque para iso creamos as Trasnadas e mantemos viva a Asociación e a
> comunidade.
>
Repetín o convite nos foros do BuddyPress onde agora se centraliza a
localización. Creo que non o citei antes, pero esa era outra cousa que
quería facer. Hai anos a única vinculación que había de WP a galego era un
artigo no meu blogue e non quería que seguise así. Cando hai bastantes
meses se reorganizou o traballo de localización oficial para WP, optei por
aproveitar os seus recursos e facer así que se mantivese máis "oficial",
aberto e accesible a todo o mundo.


> - Como ves, o que di Keko non son reproches senón unha preocupación e o
> interese por converxer.
>
Ei! que non o tomei a mal! :D E se aprecia algún tono "defensivo" ou de
"reproche" nada máis lonxe da realidade. O que quero é clarificar un pouco
as cousas e facer que ese traballo (no que hai e houbo moita xente metida)
teña a visibilidade que merece. Ben sei que aquí estamos todos a axudar e
así debe ser. Agradezo moito os comentarios de Keko e os teus e os de
calquera persoa! :)

Aspiramos a crear un estándar potente, a acadar un nivel de calidade
> profesional, para que ser voluntario non se confunda con ser "afeccionado"
> no mal sentido da palabra.
>
Agardo que algún día se recoñeza o traballo feito con Trasno. Eu polo menos
non teño máis que agradecemento por todo o que se leva feito.


> Teño unha idea que cada vez me ronda máis a cabeza e que consiste en armar
> un sistema que permita o envío "upstream" de traducións harmonizadas,
> mantendo a independencia de cada proxecto de software, de modo que toda a
> comunidade poida participar e mellorar. Serviría moi ben para proxectos
> estables no tempo e cun tamaño pequeno mediano como podería ser este e
> moitos outros. Podería así obter axuda dun moito maior número de tradutores
> nun momento dado, e manter o esforzo dos coordinadores centrado no que son
> tarefas propias de coordinación, sen necesidade de que os
> tradutores-colaboradores teñan que apuntarse a vinte mil listas de correo,
> que son un obstáculo evidente para moita xente.
>
No fío que comentas, eu creo que sería moi útil tamén (creo que xa o citei
nalgún momento) un sistema básico de avisos de erros en localizacións. Ás
veces atopamos grallas ou faltas de concordancia que en moitas ocasións non
sabemos a quen dirixir. Un pequeno formulario web cunha caixa para os
termos, un desplegable para o proxecto e outra caixa para comentarios que
enviase  un correo ás persoas responsables, podería axilizar as correccións
de pequenas grallas. Non sei se me explico... ou desbarro moito. Para unha
persoa usuaria, normal, sen coñecementos de localización, saber que pode
nunha web reportar un erro sen maiores complicacións é moito máis cómodo e
áxil que se ten que buscar listas, webs (oficiais), proxectos de
localización, etc.

>
> P.S.
> O uso de "vostede" sobre "tu" recoméndase sempre salvando casos de
> software para cativos. Incluso en aplicativos de conversas (neste sentido
> seguimos tamén recomendacións lingüísticas internacionais).
> O uso de "verificación" para o que sempre se chamou corrección ortográfica
> ou lingüística é un anglicismo derivado da lóxica matemática. Se un se para
> a pensar no que significa verificar (comprobar se algo é verdadeiro ou
> fidedigno), resulta rarísimo  neste sentido.
> O uso de -bel é unha escolla estilística que é compatíbel cun nivel
> semiformal do galego. O importante é que sexa coherente co conxunto dunha
> mesma tradución. Digamos que fai parella co uso de "ao" en lugar de "ó" e
> pide coherentemente o uso de "estábel→estabelecer". Entre as opcións que dá
> a RAG non parece lóxico mesturar "ao" con "-bel". Desde o punto de vista
> sociolingüístico é un recoñecemento aos usuarios "conscientes" en galego,
> diferencial respecto do castelań, coherente e harmoniza co portugués e xa
> formaba parte das localizacións ao galego desde o mesmo principio, así que
> non se trata de ningunha innovación senón do recoñecemento e preferencia
> pola coherencia.

Creo lembrar que, no seu momento, a escolla de "tu" debeuse ao informal que
resultaban os  sistemas de blogues. Pero pode ser algo que se teña que
cambiar, como citades.

Apertas!!!



>
>
> 2012/7/9 Enrique Estévez Fernández <keko...@gmail.com>
>
>> Ola.
>>
>> A localizacón de Wordpress non ten que pertencer ao Proxecto Trasno, o
>> que sería bo é que a xente que o traduce pois se subscriba a lista de
>> Trasno e cando teña dúbidas tamén pregunte nela. O que non podemos desde
>> Trasno, é estar rexistrados en todas as listas dos proxectos de software
>> libre.
>>
>> No meu caso particular, cando teño algún termo para discutir, pois envío
>> correo a ambas listas, a de Mozilla e a de Trasno. Ás veces, só a de
>> Trasno, que é onde se debate sobre terminoloxía para que estea centralizada
>> a discusión e poder buscar nun futuro o que se comentou.
>>
>> Como xa dixen no outro correo, se ao final o novo sitio web de Mozilla
>> está montado nun WordPress e teño tempo, tentarei de arranxar esas cadeas
>> coas que non estou dacordo, para manter unha coherencia coa tradución
>> realizada en Mozilla. En Mozilla aínda hai moitas incoherencias ou
>> traducións erróneas e que non siguen as recomendacións de Trasno, pero é
>> que son moitas cadeas que hai que buscar e arranxar que veñen herdadas.
>> Pero un está no camiño de ir solucionando todos estes detalles.
>>
>> De entrada eu diríalles que lean a guía de localización de Mancomun e que
>> empreguen o tbx das Trasnadas. Hai cousas como estas:
>>
>> An error occurred during the activation Ocorreu un erro durante a
>> activación
>> There was a problem connecting to the Akismet server. Please check your
>> server configuration. Houbo un problema ao conectar co servidor de Akismet.
>> Comproba a configuración do teu servidor.
>> Os erros non ocorren, non se atopann, ..., chegouse a conclusión de que
>> os erros se producen
>> Produciuse un erro durante a activación
>>
>> OK OK
>> Creo que se traduce como Aceptar, polo menos así o fago eu
>>
>> Add or remove tags Engadir ou eliminar etiquetas
>> Remove estase traducindo por Retirar
>> Eu aínda no acabei de fixar isto en Mozilla, pero xa fai meses que
>> comecei, nalgún momento rematarei
>>
>> Plugins Plugins
>> Caso complicado.
>> Como xa comentastes no voso fío que me envías no correo, en Mozilla
>> parece que non está fixado pero si. Eu optei por traducir: add-on por
>> complemento, plugin por engadido e extension por extensión. Os de Mozilla
>> fanse un lío, pero eu non. Eu traduzo cada termo por esas, e
>> desgraciadamente non podo entrar a valorar se eles se equivocaron na cadea
>> orixinal. E sí, ás veces na mesma xanela aparecen dous deses termos, que en
>> principio parece que está mal, pero eu traduzo cada un como indiquei arriba.
>>
>> Invalid taxonomy Taxonomía non válida
>> En Mozilla estamos traducindo os invalid e valid por incorrecto e
>> correcto. Agora non che podo asegurar se isto se fixou en Trasno.
>>
>> Not Spam Non é spam
>> Spam estase traducindo por lixo ou non desexado, polo menos no caso do
>> correo. Aínda que aquí tamén está a palabra junk, que non sei a diferencia
>> con spam. En principio estanse traducindo indistintamente por correo non
>> desexado ou correo lixo.
>>
>> Are you sure you want to do this? Estás seguro de que queres facer isto?
>> Leave a Reply to %s Deixa una resposta a %s
>> Como traducides, tu ou vostede? Semella que ti.
>> En Mozilla úsase o tratamento de vostede. Antón seguro que che pode
>> explicar mellor a motivación.
>>
>> Command failed Fallou o comando
>> Command estase traducindo por orde
>>
>> Feed for all posts filed under %s Feed para todos os artigos en %s
>> Feed creo que se está traducindo por fonte, polo menos en Mozilla.
>>
>> connection not established non se estableceu a conexión
>> En mozilla estamos empregando a terminación -bel
>> estabelecer
>> Non estaría mal usar ble, pero ten que ser o mesmo criterio para todo.
>> Non sei que preferencia ten Trasno con respecto a isto.
>>
>> Unable to reach any Akismet servers. Non se puido conectar con ningún
>> servidor Akismet.
>> For some strange yet very annoying reason, this post could not be
>> deleted. Por algunha estraña e molesta razón, non se puido eliminar este
>> artigo.
>> Unable estase traducindo por Imposíbel, Foi imposíbel, Resultou imposíbel
>> ....
>> Isto viña na guía de estilo de mancomun
>> Can not --- Non é posíbel (Non se usaba Non se pode)
>> Could not --- Non foi posíbel (Non se usaba Non se puido)
>>
>> Widgets Widgets
>> Creo que se está traducindo por Trebello
>> A min cóstame, pero termos que fixalo como se fixo con outros termos
>>
>> <strong>ERROR</strong>: Cookies are blocked or not supported by your
>> browser. You must <a href='http://www.google.com/cookies.html'>enable
>> cookies</a> to use WordPress. <strong>ERRO</strong>: Bloqueáronse as
>> cookies ou estas non son soportadas polo teu navegador. Tes que <a href='
>> http://www.google.com/cookies.html'>activar as cookies</a> para usar
>> WordPress.
>> Support non se traduce como soportar.
>> Compatíbel, admitir, ...
>>
>> Could not set that as the thumbnail image. Try a different attachment.
>> Non se puido fixar esa imaxe como miniatura. Téntao cun adxunto distinto.
>> Attachmento non se traduce por adxunto. Anexo e anexar serían os que
>> estamos empregando.
>> Images and Attachments Imaxes e anexos
>> Aquí si que está ben
>>
>> Please try again! Por favor, téntao de novo!
>> Non se usa o Por favor, salvo casos moi concretos. Os ingles abusan disto
>> e non se está usando.
>>
>> Check Spelling Verificar a ortografía
>> Eu aínda non o teño arranxado en Mozilla, pero quedouse en on usar
>> verificar.
>> En principio debería ser correción ortográfica, algo me comentou Antón
>> que ven do oficio que existía antes os correctores. Eu cando me lembro pois
>> uso revisión ou corrección ortográfica. Pero bueno, é recente.
>>
>> ...
>>
>> Pensei que ía atoparme con máis cousas. Porque o outro día nunha busca
>> rápida na vesión 3.4, en dúas tres páxinas síronme bastantes. Así, por
>> riba, a tradución está moi ben, salvo cousas puntuais valeríame.
>>
>> Non me tomades a mal o que digo. Pero é que o outro día, en pouco espazo
>> vin:
>>
>>
>> tratamento de tu
>> por favor
>> terminación -ble
>> cabezallo
>> conservarn as maiúsculas ao inicio de todas as palabras igual que no
>> inglés
>>
>> e xa dixen, isto non me vai valer. Pero agora revisando un pouco máis,
>> parece que está ben. Eu non empregaría o tratamento de tu, nin a
>> terminación -ble, os erros prodúcense, arranxaría o das maiúsculas que
>> parece que hai poucos casos, tamén corrixiría o dos unable, could not e can
>> not e pouca cousa máis.
>>
>> A verdade é que tedes un bo traballo. Pediríalles que se subscirban a
>> lista e que pregunten polos termos que teñen dúbidas ou que non saben como
>> traducilos. Xa que vin varios termos sen traducir, que tamén é verdade non
>> sei se se chegou a iniciar a discusión. Teño pendente de revisar máis de 50
>> correos con termos para discutir terminoloxía no meu correo. O tempo dá
>> para o que dá.
>>
>> Non sei que tipo de ficheiros usa Wordpress, espero que po. Se teño
>> tempo, pois unha opción sería rexistrarme e se mo permiten corrixir esas
>> cadeas que comento, se estades dacordo ou o caso máis fácil, no meu equipo
>> farei unha modificación do que hai e pedireilles que me suban esa tradución
>> ao Wordpress que nos monten para a comunidade galega.
>>
>> De verade, fantástico traballo.Seguro que ata algunhas das cousas que
>> comento son lerias miñas.
>>
>> Un saúdo.
>>
>>
>>
>>
>>
>> 2012/7/9 Amador Loureiro Blanco <dor...@adorfunteca.org>
>>
>>> Ola Keko
>>>
>>> Son Amador Loureiro (dorfun) e como parte implicada na localización de
>>> WP podo comentarche algo sobre este proxecto.
>>>
>>> Por contextualizar un pouco, coñezo ben o traballo de Trasno (*chapeau!*)
>>> e aínda que non podo colaborar nin implicarme moito directamente, trato de
>>> facer ver a súa importancia e promocionalo cando podo.
>>>
>>> Se non comentei nas listas a posible introdución de WP dentro de Trasno
>>> (que pola miña banda sería fantástico) foi porque creo que xa hai traballo
>>> dabondo en Trasno e eu non me podía facer cargo da localización de WP. No
>>> seu momento optouse (crucei algúns correos con persoas interesadas no
>>> proxecto) polo uso dos espazos de localización de WP e mantívose alí toda
>>> referencia á súa tradución (grupo de traballo, web/blogue e ferramente de
>>> localización en liña [glotpress]), se ben nunca se desbotaron os recursos
>>> de Trasno (como se cita en
>>> http://gl.wordpress.org/2011/04/28/wordpress-3-1-2-en-galego/). Lucas
>>> Vieites e Pablo Galdo son as dúas persoas máis activas na localización de
>>> WP e non sei se son subscritores desta lista, pero coñecen o traballo de
>>> Trasno. Se esa decisión foi errónea ou deberamos ter comentado algo nesta
>>> lista, a culpa probablemente sexa miña. Supoño que aínda estamos a tempo de
>>> correxir erros.
>>>
>>> Sobre os criterios de localización, sempre se tivo presente as
>>> recomendacións de Trasno (
>>> http://buddypress.org/community/groups/wordpress-en-galego/forum/topic/traduzir-o-anglicismo-plugin-como-complemento/)
>>> pero realmente non se optou por unha opción definida.
>>>
>>> Non quixera ser moi longo no correo así que deixo aberta a posibilidade
>>> de integrar WP en Trasno ou calquera outro comentario ou valoración que se
>>> queira facer sobre o tema.
>>>
>>> Saúdos!!!
>>>
>>> 2012/7/7 Enrique Estévez Fernández <e...@keko.me>
>>>
>>>>  Ola.
>>>>
>>>> Alguén pode decirme algo da localización de Wordpress. Estiven vendo a
>>>> cousa e parece que non está moi aló. Semella que hai un grupo de
>>>> localización, pero ou non coñecen a Trasno ou non seguen os acordos e
>>>> guía de estilo de Trasno, que non é obrigatoria, pero para saber
>>>> quenes son e que criterios empregan.
>>>>
>>>> Vexo que usan:
>>>>
>>>> válido
>>>> tratamento de tu
>>>> por favor
>>>> terminación -ble
>>>> cabezallo
>>>> conservarn as maiúsculas ao inicio de todas as palabras igual que no
>>>> inglés
>>>> ...
>>>>
>>>> e xa non seguín
>>>>
>>>> Alguén pode contarme algo do asunto. Se están en vías de acercarse ao
>>>> traballo de Trasno, se van ao seu aire, se alguen falou con eles.
>>>> Preocupame, porque estou vendo de que me monten o sitio web oficial
>>>> desde a comunidade de mozilla e van crearme un wordpress e a ver que
>>>> galego ten a interface do sitio web. Xa me
>>>> vexo arranxando todas esas inconsistencias nun parche para a miña
>>>> localización do aplicativo e que sexa coherente co traballo de
>>>> localización que se fai en Mozilla.
>>>>
>>>> Simplemente pregunto. Se non farei a miña adaptación para o noso sitio
>>>> web, por coherencia, aínda que temo non me sobra.
>>>>
>>>> Un saúdo.
>>>> _______________________________________________
>>>> Proxecto mailing list
>>>> Proxecto@trasno.net
>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>>
>>>
>>>
>>>
>>> --
>>>
>>> Amador Loureiro Blanco | *dorfun* | *http://www.adorfunteca.org*
>>> [image: Twitter] <http://www.twitter.com/dorfun> [image: 
>>> Facebook]<http://www.facebook.com/amador.loureiro.blanco>
>>>  [image: LinkedIn] <http://www.linkedin.com/in/dorfun> [image: Google
>>> Reader] <http://www.google.com/reader/shared/dorfun> [image: Blog 
>>> RSS]<http://feeds.feedburner.com/adorfunteca>
>>>  [image: SlideShare] <http://www.slideshare.net/dorfun> [image: 
>>> Flickr]<http://www.flickr.com/photos/dorfun/>
>>>  [image: YouTube] <http://www.youtube.com/profile?user=dorfun> [image:
>>> Delicious] <http://delicious.com/dorfun> [image: 
>>> Last.fm]<http://www.last.fm/user/dorfun/>
>>>  [image: Tumblr] <http://dorfun.tumblr.com/> [image: 
>>> Vimeo]<http://vimeo.com/dorfun>
>>>  [image: FriendFeed] <http://friendfeed.com/dorfun>
>>> [image: Google Talk/] dorfun [image: Y! messenger/] dorfun [image: MSN/]
>>>  dor...@hotmail.com [image: Skype/] dorfun
>>>
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>


-- 

Amador Loureiro Blanco | *dorfun* | *http://www.adorfunteca.org*
[image: Twitter] <http://www.twitter.com/dorfun> [image:
Facebook]<http://www.facebook.com/amador.loureiro.blanco>
 [image: LinkedIn] <http://www.linkedin.com/in/dorfun> [image: Google
Reader] <http://www.google.com/reader/shared/dorfun> [image: Blog
RSS]<http://feeds.feedburner.com/adorfunteca>
 [image: SlideShare] <http://www.slideshare.net/dorfun> [image:
Flickr]<http://www.flickr.com/photos/dorfun/>
 [image: YouTube] <http://www.youtube.com/profile?user=dorfun> [image:
Delicious] <http://delicious.com/dorfun> [image:
Last.fm]<http://www.last.fm/user/dorfun/>
 [image: Tumblr] <http://dorfun.tumblr.com/> [image:
Vimeo]<http://vimeo.com/dorfun>
 [image: FriendFeed] <http://friendfeed.com/dorfun>
[image: Google Talk/] dorfun [image: Y! messenger/] dorfun [image: MSN/]
dor...@hotmail.com [image: Skype/] dorfun
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a