Ola. Alguén pode decirme algo da localización de Wordpress. Estiven vendo a cousa e parece que non está moi aló. Semella que hai un grupo de localización, pero ou non coñecen a Trasno ou non seguen os acordos e guía de estilo de Trasno, que non é obrigatoria, pero para saber quenes son e que criterios empregan.
Vexo que usan: válido tratamento de tu por favor terminación -ble cabezallo conservarn as maiúsculas ao inicio de todas as palabras igual que no inglés ... e xa non seguín Alguén pode contarme algo do asunto. Se están en vías de acercarse ao traballo de Trasno, se van ao seu aire, se alguen falou con eles. Preocupame, porque estou vendo de que me monten o sitio web oficial desde a comunidade de mozilla e van crearme un wordpress e a ver que galego ten a interface do sitio web. Xa me vexo arranxando todas esas inconsistencias nun parche para a miña localización do aplicativo e que sexa coherente co traballo de localización que se fai en Mozilla. Simplemente pregunto. Se non farei a miña adaptación para o noso sitio web, por coherencia, aínda que temo non me sobra. Un saúdo. _______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto