Moitas grazas polas indicacións Keko. Deixei os teus comentarios nos foros do BuddyPress ( http://buddypress.org/community/groups/wordpress-en-galego/forum/topic/ter-presente-as-recomendacions-do-proxecto-trasno-nas-localizacions/ e http://buddypress.org/community/groups/wordpress-en-galego/forum/topic/wp-3-3-hai-alguen-traballando-na-traducion/?#post-132704) Agora mesmo é Pablo quen está a traballar máis na localización. Creo que sería ben que contactases con el para non duplicar traballo e poder aproveitar mellor o tempo. Pola miña parte vou tratar de ir correxindo eses erros que citas, para que non se vaian mantendo no futuro.
WP usa un sistema de localización mediante POT e tamén unha aplicación en liña. En xeral a diferencia fundamental está en que os .po son máis manexables para localizacións particulares en instalacións locais (descargando e instalando desde wordpress.org) e o GlotPress úsase para a localización xeral de WP en wordpress.com (o sistema de blogues gratuito de Automattic). Con esa idea, eu particularmente dinlle máis peso á localización no GlotPress xa que chega a moita máis xente. Sigo máis ou menos os blogues en galego que "nacen" en wordpress.com e cada día hai máis! En calquera caso, pódese exportar a .po desde GlotPress e tamén importar polo que o proceso non é complicado e é reaproveitable. A ver se este novo fío "ordena" de novo o que se fai en WP e conseguimos manter unha localización de calidade para ese xestor de blogues. Convido a todas as persoas que o desexen a participar no BuddyPress de WP en galego e en particular Keko, se podes fala con Pablo para non duplicar esforzos. Apertas! 2012/7/9 Enrique Estévez Fernández <[email protected]> > Ola. > > A localizacón de Wordpress non ten que pertencer ao Proxecto Trasno, o que > sería bo é que a xente que o traduce pois se subscriba a lista de Trasno e > cando teña dúbidas tamén pregunte nela. O que non podemos desde Trasno, é > estar rexistrados en todas as listas dos proxectos de software libre. > > No meu caso particular, cando teño algún termo para discutir, pois envío > correo a ambas listas, a de Mozilla e a de Trasno. Ás veces, só a de > Trasno, que é onde se debate sobre terminoloxía para que estea centralizada > a discusión e poder buscar nun futuro o que se comentou. > > Como xa dixen no outro correo, se ao final o novo sitio web de Mozilla > está montado nun WordPress e teño tempo, tentarei de arranxar esas cadeas > coas que non estou dacordo, para manter unha coherencia coa tradución > realizada en Mozilla. En Mozilla aínda hai moitas incoherencias ou > traducións erróneas e que non siguen as recomendacións de Trasno, pero é > que son moitas cadeas que hai que buscar e arranxar que veñen herdadas. > Pero un está no camiño de ir solucionando todos estes detalles. > > De entrada eu diríalles que lean a guía de localización de Mancomun e que > empreguen o tbx das Trasnadas. Hai cousas como estas: > > An error occurred during the activation Ocorreu un erro durante a > activación > There was a problem connecting to the Akismet server. Please check your > server configuration. Houbo un problema ao conectar co servidor de Akismet. > Comproba a configuración do teu servidor. > Os erros non ocorren, non se atopann, ..., chegouse a conclusión de que os > erros se producen > Produciuse un erro durante a activación > > OK OK > Creo que se traduce como Aceptar, polo menos así o fago eu > > Add or remove tags Engadir ou eliminar etiquetas > Remove estase traducindo por Retirar > Eu aínda no acabei de fixar isto en Mozilla, pero xa fai meses que > comecei, nalgún momento rematarei > > Plugins Plugins > Caso complicado. > Como xa comentastes no voso fío que me envías no correo, en Mozilla parece > que non está fixado pero si. Eu optei por traducir: add-on por complemento, > plugin por engadido e extension por extensión. Os de Mozilla fanse un lío, > pero eu non. Eu traduzo cada termo por esas, e desgraciadamente non podo > entrar a valorar se eles se equivocaron na cadea orixinal. E sí, ás veces > na mesma xanela aparecen dous deses termos, que en principio parece que > está mal, pero eu traduzo cada un como indiquei arriba. > > Invalid taxonomy Taxonomía non válida > En Mozilla estamos traducindo os invalid e valid por incorrecto e > correcto. Agora non che podo asegurar se isto se fixou en Trasno. > > Not Spam Non é spam > Spam estase traducindo por lixo ou non desexado, polo menos no caso do > correo. Aínda que aquí tamén está a palabra junk, que non sei a diferencia > con spam. En principio estanse traducindo indistintamente por correo non > desexado ou correo lixo. > > Are you sure you want to do this? Estás seguro de que queres facer isto? > Leave a Reply to %s Deixa una resposta a %s > Como traducides, tu ou vostede? Semella que ti. > En Mozilla úsase o tratamento de vostede. Antón seguro que che pode > explicar mellor a motivación. > > Command failed Fallou o comando > Command estase traducindo por orde > > Feed for all posts filed under %s Feed para todos os artigos en %s > Feed creo que se está traducindo por fonte, polo menos en Mozilla. > > connection not established non se estableceu a conexión > En mozilla estamos empregando a terminación -bel > estabelecer > Non estaría mal usar ble, pero ten que ser o mesmo criterio para todo. Non > sei que preferencia ten Trasno con respecto a isto. > > Unable to reach any Akismet servers. Non se puido conectar con ningún > servidor Akismet. > For some strange yet very annoying reason, this post could not be deleted. > Por algunha estraña e molesta razón, non se puido eliminar este artigo. > Unable estase traducindo por Imposíbel, Foi imposíbel, Resultou imposíbel > .... > Isto viña na guía de estilo de mancomun > Can not --- Non é posíbel (Non se usaba Non se pode) > Could not --- Non foi posíbel (Non se usaba Non se puido) > > Widgets Widgets > Creo que se está traducindo por Trebello > A min cóstame, pero termos que fixalo como se fixo con outros termos > > <strong>ERROR</strong>: Cookies are blocked or not supported by your > browser. You must <a href='http://www.google.com/cookies.html'>enable > cookies</a> to use WordPress. <strong>ERRO</strong>: Bloqueáronse as > cookies ou estas non son soportadas polo teu navegador. Tes que <a href=' > http://www.google.com/cookies.html'>activar as cookies</a> para usar > WordPress. > Support non se traduce como soportar. > Compatíbel, admitir, ... > > Could not set that as the thumbnail image. Try a different attachment. Non > se puido fixar esa imaxe como miniatura. Téntao cun adxunto distinto. > Attachmento non se traduce por adxunto. Anexo e anexar serían os que > estamos empregando. > Images and Attachments Imaxes e anexos > Aquí si que está ben > > Please try again! Por favor, téntao de novo! > Non se usa o Por favor, salvo casos moi concretos. Os ingles abusan disto > e non se está usando. > > Check Spelling Verificar a ortografía > Eu aínda non o teño arranxado en Mozilla, pero quedouse en on usar > verificar. > En principio debería ser correción ortográfica, algo me comentou Antón que > ven do oficio que existía antes os correctores. Eu cando me lembro pois uso > revisión ou corrección ortográfica. Pero bueno, é recente. > > ... > > Pensei que ía atoparme con máis cousas. Porque o outro día nunha busca > rápida na vesión 3.4, en dúas tres páxinas síronme bastantes. Así, por > riba, a tradución está moi ben, salvo cousas puntuais valeríame. > > Non me tomades a mal o que digo. Pero é que o outro día, en pouco espazo > vin: > > > tratamento de tu > por favor > terminación -ble > cabezallo > conservarn as maiúsculas ao inicio de todas as palabras igual que no inglés > > e xa dixen, isto non me vai valer. Pero agora revisando un pouco máis, > parece que está ben. Eu non empregaría o tratamento de tu, nin a > terminación -ble, os erros prodúcense, arranxaría o das maiúsculas que > parece que hai poucos casos, tamén corrixiría o dos unable, could not e can > not e pouca cousa máis. > > A verdade é que tedes un bo traballo. Pediríalles que se subscirban a > lista e que pregunten polos termos que teñen dúbidas ou que non saben como > traducilos. Xa que vin varios termos sen traducir, que tamén é verdade non > sei se se chegou a iniciar a discusión. Teño pendente de revisar máis de 50 > correos con termos para discutir terminoloxía no meu correo. O tempo dá > para o que dá. > > Non sei que tipo de ficheiros usa Wordpress, espero que po. Se teño tempo, > pois unha opción sería rexistrarme e se mo permiten corrixir esas cadeas > que comento, se estades dacordo ou o caso máis fácil, no meu equipo farei > unha modificación do que hai e pedireilles que me suban esa tradución ao > Wordpress que nos monten para a comunidade galega. > > De verade, fantástico traballo.Seguro que ata algunhas das cousas que > comento son lerias miñas. > > Un saúdo. > > > > > > 2012/7/9 Amador Loureiro Blanco <[email protected]> > >> Ola Keko >> >> Son Amador Loureiro (dorfun) e como parte implicada na localización de WP >> podo comentarche algo sobre este proxecto. >> >> Por contextualizar un pouco, coñezo ben o traballo de Trasno (*chapeau!*) >> e aínda que non podo colaborar nin implicarme moito directamente, trato de >> facer ver a súa importancia e promocionalo cando podo. >> >> Se non comentei nas listas a posible introdución de WP dentro de Trasno >> (que pola miña banda sería fantástico) foi porque creo que xa hai traballo >> dabondo en Trasno e eu non me podía facer cargo da localización de WP. No >> seu momento optouse (crucei algúns correos con persoas interesadas no >> proxecto) polo uso dos espazos de localización de WP e mantívose alí toda >> referencia á súa tradución (grupo de traballo, web/blogue e ferramente de >> localización en liña [glotpress]), se ben nunca se desbotaron os recursos >> de Trasno (como se cita en >> http://gl.wordpress.org/2011/04/28/wordpress-3-1-2-en-galego/). Lucas >> Vieites e Pablo Galdo son as dúas persoas máis activas na localización de >> WP e non sei se son subscritores desta lista, pero coñecen o traballo de >> Trasno. Se esa decisión foi errónea ou deberamos ter comentado algo nesta >> lista, a culpa probablemente sexa miña. Supoño que aínda estamos a tempo de >> correxir erros. >> >> Sobre os criterios de localización, sempre se tivo presente as >> recomendacións de Trasno ( >> http://buddypress.org/community/groups/wordpress-en-galego/forum/topic/traduzir-o-anglicismo-plugin-como-complemento/) >> pero realmente non se optou por unha opción definida. >> >> Non quixera ser moi longo no correo así que deixo aberta a posibilidade >> de integrar WP en Trasno ou calquera outro comentario ou valoración que se >> queira facer sobre o tema. >> >> Saúdos!!! >> >> 2012/7/7 Enrique Estévez Fernández <[email protected]> >> >>> Ola. >>> >>> Alguén pode decirme algo da localización de Wordpress. Estiven vendo a >>> cousa e parece que non está moi aló. Semella que hai un grupo de >>> localización, pero ou non coñecen a Trasno ou non seguen os acordos e >>> guía de estilo de Trasno, que non é obrigatoria, pero para saber >>> quenes son e que criterios empregan. >>> >>> Vexo que usan: >>> >>> válido >>> tratamento de tu >>> por favor >>> terminación -ble >>> cabezallo >>> conservarn as maiúsculas ao inicio de todas as palabras igual que no >>> inglés >>> ... >>> >>> e xa non seguín >>> >>> Alguén pode contarme algo do asunto. Se están en vías de acercarse ao >>> traballo de Trasno, se van ao seu aire, se alguen falou con eles. >>> Preocupame, porque estou vendo de que me monten o sitio web oficial >>> desde a comunidade de mozilla e van crearme un wordpress e a ver que >>> galego ten a interface do sitio web. Xa me >>> vexo arranxando todas esas inconsistencias nun parche para a miña >>> localización do aplicativo e que sexa coherente co traballo de >>> localización que se fai en Mozilla. >>> >>> Simplemente pregunto. Se non farei a miña adaptación para o noso sitio >>> web, por coherencia, aínda que temo non me sobra. >>> >>> Un saúdo. >>> _______________________________________________ >>> Proxecto mailing list >>> [email protected] >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >>> >> >> >> >> -- >> >> Amador Loureiro Blanco | *dorfun* | *http://www.adorfunteca.org* >> [image: Twitter] <http://www.twitter.com/dorfun> [image: >> Facebook]<http://www.facebook.com/amador.loureiro.blanco> >> [image: LinkedIn] <http://www.linkedin.com/in/dorfun> [image: Google >> Reader] <http://www.google.com/reader/shared/dorfun> [image: Blog >> RSS]<http://feeds.feedburner.com/adorfunteca> >> [image: SlideShare] <http://www.slideshare.net/dorfun> [image: >> Flickr]<http://www.flickr.com/photos/dorfun/> >> [image: YouTube] <http://www.youtube.com/profile?user=dorfun> [image: >> Delicious] <http://delicious.com/dorfun> [image: >> Last.fm]<http://www.last.fm/user/dorfun/> >> [image: Tumblr] <http://dorfun.tumblr.com/> [image: >> Vimeo]<http://vimeo.com/dorfun> >> [image: FriendFeed] <http://friendfeed.com/dorfun> >> [image: Google Talk/] dorfun [image: Y! messenger/] dorfun [image: MSN/] >> [email protected] [image: Skype/] dorfun >> >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> >> > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > -- Amador Loureiro Blanco | *dorfun* | *http://www.adorfunteca.org* [image: Twitter] <http://www.twitter.com/dorfun> [image: Facebook]<http://www.facebook.com/amador.loureiro.blanco> [image: LinkedIn] <http://www.linkedin.com/in/dorfun> [image: Google Reader] <http://www.google.com/reader/shared/dorfun> [image: Blog RSS]<http://feeds.feedburner.com/adorfunteca> [image: SlideShare] <http://www.slideshare.net/dorfun> [image: Flickr]<http://www.flickr.com/photos/dorfun/> [image: YouTube] <http://www.youtube.com/profile?user=dorfun> [image: Delicious] <http://delicious.com/dorfun> [image: Last.fm]<http://www.last.fm/user/dorfun/> [image: Tumblr] <http://dorfun.tumblr.com/> [image: Vimeo]<http://vimeo.com/dorfun> [image: FriendFeed] <http://friendfeed.com/dorfun> [image: Google Talk/] dorfun [image: Y! messenger/] dorfun [image: MSN/] [email protected] [image: Skype/] dorfun
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

