Re: tradución de Breadcrumbs

2008-09-29 Conversa damufo

Boas:
Pois se a todos lle parece ben usar ronsel para breadcrumbs, será o que use.
Saúdos

Leandro Regueiro escribiu:

Ola a todos, non é por nada, pero se ides a trasno.net xa vedes
directamente o de ronsel :) A min gústame moito máis cás outras
opcións.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


Re: tradución de Breadcrumbs

2008-09-26 Conversa Leandro Regueiro
Ola a todos, non é por nada, pero se ides a trasno.net xa vedes
directamente o de ronsel :) A min gústame moito máis cás outras
opcións.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


Re: tradución de Breadcrumbs

2008-09-25 Conversa Antón Méixome


E que tal ronsel

ronsel s.m. 1. Rastro, que recorda un camiño, que queda na superficie da 
auga cando algo esvara sobre ela. O barco deixa ó pasar un ronsel. 2. 
Por ext., rastro que deixa ó seu paso un corpo que se move. Os esquís 
deixan un ronsel na neve.


Antón Méixome

mvillarino escribió:

O Mércores 24 Setembro 2008 17:57, Javier Pico escribiu:

A tradución migas de pan non me convence.
Farangullas, please!. Miga de pan é unha estrutura sedimentaria que se forma 
nas praias supostamente por deposición rápida da area en condicións de 
enerxía algo alta. Recoñécese porque ao camiña o pé afúndese algo, e aparecen 
como borbulla ou furadiños (como da pulga). 


Que tal rastro?


Outro par de céntimos: localización



Re: tradución de Breadcrumbs

2008-09-25 Conversa damufo

Grazas a todos polas aportacións
ronsel pode ser unha opción igual que rastro
tamen teño pathaway que se digo a verdade ainda non sei moi ben a 
diferencia.

Vou meditar uns días isto.
grazas de novo


Antón Méixome escribiu:


E que tal ronsel

ronsel s.m. 1. Rastro, que recorda un camiño, que queda na superficie da 
auga cando algo esvara sobre ela. O barco deixa ó pasar un ronsel. 2. 
Por ext., rastro que deixa ó seu paso un corpo que se move. Os esquís 
deixan un ronsel na neve.


Antón Méixome

mvillarino escribió:

O Mércores 24 Setembro 2008 17:57, Javier Pico escribiu:

A tradución migas de pan non me convence.
Farangullas, please!. Miga de pan é unha estrutura sedimentaria que se 
forma nas praias supostamente por deposición rápida da area en 
condicións de enerxía algo alta. Recoñécese porque ao camiña o pé 
afúndese algo, e aparecen como borbulla ou furadiños (como da pulga).

Que tal rastro?


Outro par de céntimos: localización






Re: tradución de Breadcrumbs

2008-09-24 Conversa Javier Pico
2008/9/24 damufo dam...@gmail.com

  Ola:
 Como traduciriades breadcrumbs, isto ven a ser a ruta relativa que moitos
 sitios web ao ir entrando en apartados vai amosando onde estamos. Podemos
 ver un exemplo na páxina de mancomun.org, xusto debaixo do logo vai
 amosando onde estamos
 exemplo:
 » Inicio http://www.mancomun.org/index.php [image: arrow] » Arquivo de
 novas http://www.mancomun.org/novas/index.php [image: arrow] Ofertas de
 emprego

 A tradución migas de pan non me convence.
 outras posibilidade son:
 -mapa de posición
 -mapa de situación
 -camiño de posición
 -posición

 como lle chaman a isto os de wordpress?


Breadcrumbs literalmente: migas de pan... anque supoño que non lle acae
nada ben.

Que tal rastro? [conserva o sentido orixinal]
arrow.png

Re: tradución de Breadcrumbs

2008-09-24 Conversa Miguel Branco

Creo que o que acuñou o termo lera Hansel e Gretel, :) En fin. 

Que tal marcas de posición?. Como dí Javier, tamén, rasto parece axeitado. 


Re: tradución de Breadcrumbs

2008-09-24 Conversa Xosé
On Wednesday 24 September 2008 18:06:27 Miguel Branco wrote:
 Creo que o que acuñou o termo lera Hansel e Gretel, :) En fin.

 Que tal marcas de posición?. Como dí Javier, tamén, rasto parece
 axeitado.

E que tal percorrido?

É a mesma idea, expresa a idea dun camiño que se vai seguindo e que se pode 
realizar á inversa tamén e penso que se entende imediatamente.

Xosé


Re: tradución de Breadcrumbs

2008-09-24 Conversa Manuel A Vazquez
Ola a todos:
En dokuwiki pon Trazado.

 Saúdos:Manuel A Vázquez
xixi...@yahoo.es






Re: tradución de Breadcrumbs

2008-09-24 Conversa mvillarino
O Mércores 24 Setembro 2008 17:57, Javier Pico escribiu:
  A tradución migas de pan non me convence.
Farangullas, please!. Miga de pan é unha estrutura sedimentaria que se forma 
nas praias supostamente por deposición rápida da area en condicións de 
enerxía algo alta. Recoñécese porque ao camiña o pé afúndese algo, e aparecen 
como borbulla ou furadiños (como da pulga). 

 Que tal rastro?

Outro par de céntimos: localización

-- 
Best regards,
MV