Onde descargar lokalize para windows?

2008-11-05 Conversa damufo

Boas:
Alguén sabe onde se pode descargar o lokalize para windows?
Levo un anaco a procurar e non dou achado máis que o proxecto 
Projects/Summer of Code/2007/Projects/KAider.

Grazas!
--
damufo

Re: Onde descargar lokalize para windows?

2008-11-05 Conversa Miguel Branco
Hai que in instalar todo KDE. Actualmente creo que só instala os programas de 
KDE, ponos nun cartafol separado. Vaite a:

http://winkde.org/pub/kde/ports/win32/installer/

segue un proveso tal que así:

http://winkde.org/pub/kde/ports/win32/installer/manual/

se che pide 'phonon' ó arrincar os programas, baixa dende aquí os ficheiros 
http://raviratlami1.blogspot.com/2008/07/how-to-download-and-install-
phonondll.html .dll necesarios e pégaos no cartafol onde se instalara KDE

É posible facer instaladores separados para cada aplicación pero inda non se 
está a facer. O port pra Win é inda experimental, inda que bastante estable, 
experimental. A cousa para Mac está máis avanzada, din. 

saúdos!

On Wednesday 05 November 2008 08:54:07 damufo wrote:
 Boas:
 Alguén sabe onde se pode descargar o lokalize para windows?
 Levo un anaco a procurar e non dou achado máis que o proxecto
 Projects/Summer of Code/2007/Projects/KAider.

 Grazas!
 --
 damufo

Re: [G11n] Presentación

2008-11-05 Conversa A.C. O Galo
Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com escribiu:
 Se fai falta axuda no referente á demostración hai algún membro de
 Trasno por aló, que igual poderia axudar. Se tardades moito igual ata
 poderia asistir eu, xa que este mes ando liado e non podo.
 
 Ata logo,
   Leandro Regueiro
 
Pois tomoche a palabra ...

Re: Sobre do evento g11nv2: resumo do tratado

2008-11-05 Conversa Leandro Regueiro
Ben, para non ir enviando unha chea de mensaxes vou responder ás dúas
últimas mensaxes de Miguel nunha única mensaxe miña.

 Sonnet, ata onde eu sei, é o 'motor' que permite usar os diferentes tipos de
 formatos de diccionario. Corríxeme se me enghano. Efectivamente GNOME con
 Enchant(non?)e KDE con Sonnet podería soportar tódolos formatos de
 diccionario, pero inda non está implementado para tódalas aplicación (en KDE
 4.1 só sei de que funcione o dic do gl Hunspell co Kmail, non sei para a KDE
 4.2)

Psi.

 Páxina 29: é recomendábel que sempre que se recomende non empregar a

 segunda forma do artigo se lembre explicitamente que esta é unha
 cuestión puramente ortográfica, dado que a realización fonética
 sempre, excepto pausa, é copia-lo ficheiro.

 Bendito sexa Deus!! menos mal que escoito isto. Grazas!!. Sendo falante
 nativo, criado en galego, falando sempre galego, repúname a xente que obvia
 como é realmente a fonética.

Eu tivera lido nalgures que a razón de non poñer a segunda forma era
por se os correctores non podian traballar correctamente con iso.
Estiven traducindo se a segunda forma case dende que comecei (ou iso
creo) ainda que nunca cheguei a usar ningún corrector.

 Criterios terminolóxicos:

 Páxina 33: di «O obxectivo deste método é tentarmos evitar a discusión
 perpétua das mesmas escollas terminolóxicas [...] e só recorrermos ao
 debate na comunidade cando non houber maís posibilidades, ou sexa,
 [...]»

 Sen comentarios. Tapo o nariz e sigo a ler.

 absolutamente dacordo contigo. Non lera con atención isto!. Se en trasno
 temos un glosario completo e preciso (IMHO) é por debatelo.

Igual. Nós unha vez chegamos a unha decisión rara vez a cambiamos.

 Páxina 33: di «Igualmente, se un texto xa foi traducido para o galego
 primaremos as escollas que coincidan co português»

 Como se estivéssem muito mais fundadas do que as nossas!

 Absolutamente dacordo contigo!!!

Eu aquí entendo que queren dicir que pasamos da opción xa elixida por
non coincidir co portugués. Por iso cambiaron ventá por xanela.

 Páxina 35: Explicación teórica do funcionamento do algoritmo

 Dito doutro xeito: preténdese facer unha táboa _de incidencia_ , onde
 os rexistros teñan por primeiro campo o par (definición_gl,
 palabra_gl) e cada campo sexa un par (definición_en, palabra_en), onde
 se procurará que para cada fila só haxa un campo marcado, e que para
 cada coluna só haxa un rexistro marcado.

 A selección da marca realizase con base nun sistema de ponderación
 apoiado en uso real en varias linguas próximas (definición_pt_pt,
 palabra_pt_pt), idem para pt_br e es_es, onde o peso das
 aparicións/incidencias nesas linguas siga un esquema: pt_PT  pt_BR 
 es_ES.

 sigo dicindo que eu borraría o catelán do algoritmo. Vamos, sen pensalo!.

Eu penso que o castelán sería útil, pero xa digo que sempre é boa idea
contar con máis idiomas para ter solucións mellores. E de feito eu
paso polo forro o de ter o portugués como referente, polo menos como
principal referente. Eu procuro tirar cara a opción en galego se
existe, e se hai varias escollo a que máis usa a xente galegofalante
ainda que esa opción non a haxa no portugués e haxa outra opción que
si hai no portugués.

 Criterios de estilo

 Páxina 41: Neutralización de xénero

 Vou ser máis radical ca vos: non, e non porque supoña moito traballo
 modificar o xa feito, senón porque non penso facer unha aberración só
 porque sexa o que está de moda e o politicamente correcto.

 Absolutamente dacordo!

 Páxina 41: Nomes de programas e aplicacións
 Dicir o OpenOffice, así co artigo o, implica que este o que sexa
 ten xénero gramatical masculino, e apoiaría a utilización de
 programa no canto de aplicación para referirse a esas cousas que
 fan os desenvolventes e que nós traducimos.

 Prefiro aplicación

Todo o mundo di o OpenOffice, ainda que eu cando traduzo tendo a non
poñer o o diante.

 Páxina 41: Split cells  Dividir celas

 Sería preferíbel Dividir as celas/ Dividi-las celas, por ter algo
 que sexa galego correcto.

 certo, choca co dito prás aplicacións

Dividir celas queda algo forzado.

 Páxina 42: liña final, Imposíbel inserir filas
 A proposta dá pé a expresións agramaticais, ao suprimir o verbo ppal. da
 frase. -É imposíbel inserir filas,
 -Non se poden inserir filas, ou se a cousa é temporal
 -Non foi posíbel inserir filas.

 concordo

Tamén.

 Páxina 44: Usos da pasiva
 En outros textos recoméndase, case se prohíbe, empregar expresións
 pasivas onde apareza un complemente axente. (... polo asistente).

 certo

 Entre as páxinas 45 e 49 (diferenzas fortes entre galego e inglés).
 Pois nada que dicir, só que algunhas deses exemplos non me saen así
 _de min_.

 Páxina 50: Cando hai erros no orixinal
 ... e avisar ó correspondente desenvolvedor para que o corrixa (ie. uso
 principal da lista i18n de KDE)

 DÉBESE INFORMAR AOS DESENVOLVENTES. O apaño de facer a tradución
 correcta é iso, un chanchullo que non quita de ter que eliminar o mal
 existente.

Eu 

Nova fichaxe

2008-11-05 Conversa Alejo Pacín Jul
Boa tarde.

Chámome Alejo e a partir de agora, tan pronto como me den conta no svn,
voume encargar da coordinación da traducción de Mandriva Linux ó galego en
detrimento de Leandro, que seica anda mallado e haberá que darlle vacacións,
jeje.

Nada máis polo de agora. Un saúdo,

   Alejo.

-- 
Un gaiteiro na lúa cos pés na terra. Nova web oficial Xanzá -
www.xanza.weebly.com

Re: Nova fichaxe

2008-11-05 Conversa mvillarino
2008/11/5 Alejo Pacín Jul alej...@gmail.com:
 Nada máis polo de agora. Un saúdo,

Benvido,

para calquera cousa aquí andamos.

Re: Sobre do evento g11nv2: resumo do tratado

2008-11-05 Conversa Manuel A Vazquez

- Mensaje original 
De: Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com
Para: Trasno - Lista proxecto@trasno.net
Enviado: miércoles, 5 de noviembre, 2008 12:46:11
Asunto: Re: Sobre do evento g11nv2: resumo do tratado

Comentase (creo) que hai que focalizar o que se traduce para
 conseguir obxectivos completos (ie. distro+DE).

 Iso é o que pretenden facer os de mancomún con Ubunto (Araos)

 si, certo. Suso comentou, agora que o dis, q pensan na posibilidade de
 opensuse como base de Araos (con Gnome, claro, ehem, como vos envidio)

Ben, entón temos que centrarnos en ter o Opensuse traducido o máis
pronto posible. Podiamos falar de en vez de ter varios equipos
separados, intentar xuntarnos todos e ir traducindo diferentes cousas
por roldas, deixando despois a unha persoa para manter o nivel unha
vez que a tradución estea (estea é correcto non? onte tivemos unha
discusión eu e mais un de ribeira co profesor sobre se iso era galego
ou non) case completa.

Ola a todos:

1º) Estea é a forma normativa.
2º) A min paréceme estupendo que colaboredes na tradución de Opensuse. Estamos 
co trunk 11.1 ao 41%, así que hai bastante chollo. Hai moito traballo atrasado, 
aínda que lle pegamos un subidón nas estatísticas para o 11. Se cada un colle 5 
ficheiros, nunha semana estaría moi avanzada. Despois quedarían uns cantos 
mastodontes, pero entre varios sairíase adiante. Para coordinarnos xa sabedes 
que podemos empregar o verbum. Ide á páxina de Trasno e adiante... Ánimo!
Un saúdo:
Manuel A. Vázquez

Re: Nova fichaxe

2008-11-05 Conversa Alejo Pacín Jul
Graciñas pola boa acollida. Tereino en conta.

2008/11/5 mvillarino mvillar...@gmail.com

 2008/11/5 Alejo Pacín Jul alej...@gmail.com:
  Nada máis polo de agora. Un saúdo,

 Benvido,

 para calquera cousa aquí andamos.

-- 
Un gaiteiro na lúa cos pés na terra. Nova web oficial Xanzá -
www.xanza.weebly.com

Re: Sobre do evento g11nv2: resumo do tratado

2008-11-05 Conversa Leandro Regueiro
 1º) Estea é a forma normativa.

Grazas por me confirmar a miña primeira impresión de que o parvo era o
meu profesor.

 2º) A min paréceme estupendo que colaboredes na tradución de Opensuse. 
 Estamos co trunk 11.1 ao 41%, así que hai bastante chollo. Hai moito traballo 
 atrasado, aínda que lle pegamos un subidón nas estatísticas para o 11. Se 
 cada un colle 5 ficheiros, nunha semana estaría moi avanzada. Despois 
 quedarían uns cantos mastodontes, pero entre varios sairíase adiante. Para 
 coordinarnos xa sabedes que podemos empregar o verbum. Ide á páxina de Trasno 
 e adiante...

Eu vexo que agora mesmo estamos nun 43,5% máis ou menos. A ver saco de
enriba o da presentación (a ver se non ma cambian a un día que non
poida dala), que me pon nervioso e así non son quen de traducir nada.

Ata logo,
  Leandro Regueiro

Re: Sobre do evento g11nv2: resumo do tratado

2008-11-05 Conversa Alejo Pacín Jul
Boas. Cheguei cun pouco de retraso para saber disto. Pero sabendo das
desfeitas que fan os de mancomún (non hai máis que ver a súa guía de
estilos, xD), interesaríame poñerme ó día do asunto. Leandro xa me comentou
algo. A ver se algunha ánima caritativa me pode remitir ó correo unha copia
do falado e acordado ata o de agora sobre este tema.

Un saúdo e desculpade a mensaxe fora de fío narrativo (,)

Alejo.

2008/11/5 Manuel A Vazquez xixi...@yahoo.es

 - Mensaje original 
 De: Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com
 Para: Trasno - Lista proxecto@trasno.net
 Enviado: miércoles, 5 de noviembre, 2008 12:46:11
 Asunto: Re: Sobre do evento g11nv2: resumo do tratado

 Comentase (creo) que hai que focalizar o que se traduce para
  conseguir obxectivos completos (ie. distro+DE).
 
  Iso é o que pretenden facer os de mancomún con Ubunto (Araos)
 
  si, certo. Suso comentou, agora que o dis, q pensan na posibilidade de
  opensuse como base de Araos (con Gnome, claro, ehem, como vos envidio)

 Ben, entón temos que centrarnos en ter o Opensuse traducido o máis
 pronto posible. Podiamos falar de en vez de ter varios equipos
 separados, intentar xuntarnos todos e ir traducindo diferentes cousas
 por roldas, deixando despois a unha persoa para manter o nivel unha
 vez que a tradución estea (estea é correcto non? onte tivemos unha
 discusión eu e mais un de ribeira co profesor sobre se iso era galego
 ou non) case completa.

 Ola a todos:

 1º) Estea é a forma normativa.
 2º) A min paréceme estupendo que colaboredes na tradución de Opensuse.
 Estamos co trunk 11.1 ao 41%, así que hai bastante chollo. Hai moito
 traballo atrasado, aínda que lle pegamos un subidón nas estatísticas para o
 11. Se cada un colle 5 ficheiros, nunha semana estaría moi avanzada. Despois
 quedarían uns cantos mastodontes, pero entre varios sairíase adiante. Para
 coordinarnos xa sabedes que podemos empregar o verbum. Ide á páxina de
 Trasno e adiante... Ánimo!
 Un saúdo:
 Manuel A. Vázquez

 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

-- 
Un gaiteiro na lúa cos pés na terra. Nova web oficial Xanzá -
www.xanza.weebly.com

Re: Onde descargar lokalize para windows?

2008-11-05 Conversa Adrián Chaves Fernández
Polo que sei aínda non se poden instalar todos os programas de KDE, así que 
habería que saber antes se o Lokalice está entre eles. Plantexácheste o de 
Virtualizar algunha distro quizais?

Re: Onde descargar lokalize para windows?

2008-11-05 Conversa Miguel Branco
On Wednesday 05 November 2008 19:36:20 Adrián Chaves Fernández wrote:
 Polo que sei aínda non se poden instalar todos os programas de KDE, así que
 habería que saber antes se o Lokalice está entre eles. Plantexácheste o de
 Virtualizar algunha distro quizais?

Si, esta Lokalize entre eles, seguro. Virtualizar unha distro?? prá que?: cun 
dual boot... amañado. 

Re: Nova fichaxe

2008-11-05 Conversa Miguel Branco

Benvido!! e ánimo con Mandriva!. Val a pena traducila. 

Idem, calquera cousa, aquí estamos. 

Miguel Branco. 

BTK (si, volto á actividade)

2008-11-05 Conversa mvillarino
Recibin o portatil arranxado.
Mudánronlle a placa principal. Que detalle, a tarxeta atheros segue a ter a 
mesma MAC (teño filtrado no punto de aceso pola MAC) e o que é millor: 
teño o mesmo disco duro!, non perdín nadiña, dato nengún!.

Agora mesmo estou a enviar a l10n-support/gl/glossaries unha copia de 
seguranza da _miña_ base de datos de traducións / corpus / memoria de 
tradución / poña_aquí_o_nome_que_prefira. O medo é libre!

Por favor, enviádeme de novo os ficheiros que me enviastes estes días pasados, 
como sabedes, son moi hábil co correo, e perdínnos.

-- 
Best regards,
MV

Re: Sobre do evento g11nv2: resumo do tratado

2008-11-05 Conversa Miguel Branco

 Boas. Cheguei cun pouco de retraso para saber disto. Pero sabendo das
 desfeitas que fan os de mancomún (non hai máis que ver a súa guía de
 estilos, xD), interesaríame poñerme ó día do asunto. Leandro xa me comentou
 algo. A ver se algunha ánima caritativa me pode remitir ó correo unha copia
 do falado e acordado ata o de agora sobre este tema.

O manual no que traballa mancomun.org pretende mellorar a guía de estilo que 
xa teñen ademais de incluiren máis aspectos da tradución. 

Logo, mancomun dá pro que dá, son pouco e con moita vontade. Claro que á guía 
lle falta moito, tamén ó glosario de trasno, á nosa guía... Así que polo que a  
min respecta xa grazas ter apoio das intitucións da nosa Xunta.

Recoméndoche suscribirte a lista de correo de mancomun G11N. Non sei se podes 
consultar os históricos (idem pra trasno). Resumido resumido: Manocomun.org, 
'proxecto' da xunta, está a traballar cos voluntarios e coas empresas adicadas 
á localización para que se movan cousas. Levamos dúas reunións conxuntas, as 
g11n (= galeguización) nas que se traballa para saber que debemos ir facendo 
cada parte.  Logo, das cousas que se falaron, vaite á web de mancomun, lee ós 
resumos das g11n, e o manual e xa sabes +- o que nos. 

...e de novo, ánimo coa Mandriva, que mira que teño dúas instalacións e queroa 
ben traducidiña!! (just kidding)

Abures!

manual_g11n_v0.5.pdf
Description: Adobe PDF document

Re: Nova fichaxe

2008-11-05 Conversa damufo

Benvido meu!

Alejo Pacín Jul escribiu:

Boa tarde.

Chámome Alejo e a partir de agora, tan pronto como me den conta no svn, 
voume encargar da coordinación da traducción de Mandriva Linux ó galego 
en detrimento de Leandro, que seica anda mallado e haberá que darlle 
vacacións, jeje.

Nada máis polo de agora. Un saúdo,

   Alejo.

--
Un gaiteiro na lúa cos pés na terra. Nova web oficial Xanzá - 
www.xanza.weebly.com http://www.xanza.weebly.com

Re: Onde descargar lokalize para windows?

2008-11-05 Conversa damufo
Vale, xa instalei todo, agora que é o que se supon que teño que executar 
porque en bin os .exe non van, supoño que terei que cargar o kde pero 
onde???

Miguel Branco escribiu:
Hai que in instalar todo KDE. Actualmente creo que só instala os 
programas de KDE, ponos nun cartafol separado. Vaite a:

http://winkde.org/pub/kde/ports/win32/installer/

segue un proveso tal que así:

http://winkde.org/pub/kde/ports/win32/installer/manual/

se che pide 'phonon' ó arrincar os programas, baixa dende aquí os 
ficheiros 
http://raviratlami1.blogspot.com/2008/07/how-to-download-and-install-phonondll.html 
.dll necesarios e pégaos no cartafol onde se instalara KDE

É posible facer instaladores separados para cada aplicación pero inda 
non se está a facer. O port pra Win é inda experimental, inda que 
bastante estable, experimental. A cousa para Mac está máis avanzada, din.

saúdos!

On Wednesday 05 November 2008 08:54:07 damufo wrote:

  Boas:

  Alguén sabe onde se pode descargar o lokalize para windows?

  Levo un anaco a procurar e non dou achado máis que o proxecto

  Projects/Summer of Code/2007/Projects/KAider.

  Grazas!

  --

  damufo

Re: Onde descargar lokalize para windows?

2008-11-05 Conversa Adrián Chaves Fernández
A ver se vai ser que fixeche-lo mesmo ca min a primeira vez que instalei KDE no 
Windows de meu irmán:

Seguiches TODOS os puntos do apartado Summary of steps de 
http://techbase.kde.org/Projects/KDE_on_Windows/Installation ?

Hai que facer un par de modificacións no rexistro de Windows ou algo así, pero 
está tirao (con dicir que o fixen eu :-).

Espero que sexa de axuda. Deica!

Re: Onde descargar lokalize para windows?

2008-11-05 Conversa damufo
Grazas Adrián, logrei botalo andar. o lokalize parece que no quere, 
falla á minima de cambio.

A impresión é moi boa pero está ainda moi verde.
Probareino desde o ubuntu.

Adrián Chaves Fernández escribiu: