> Boas. Cheguei cun pouco de retraso para saber disto. Pero sabendo das > desfeitas que fan os de mancomún (non hai máis que ver a súa guía de > estilos, xD), interesaríame poñerme ó día do asunto. Leandro xa me comentou > algo. A ver se algunha ánima caritativa me pode remitir ó correo unha copia > do falado e acordado ata o de agora sobre este tema.
O manual no que traballa mancomun.org pretende mellorar a guía de estilo que xa teñen ademais de incluiren máis aspectos da tradución. Logo, mancomun dá pro que dá, son pouco e con moita vontade. Claro que á guía lle falta moito, tamén ó glosario de trasno, á nosa guía... Así que polo que a min respecta xa grazas ter apoio das intitucións da nosa Xunta. Recoméndoche suscribirte a lista de correo de mancomun G11N. Non sei se podes consultar os históricos (idem pra trasno). Resumido resumido: Manocomun.org, 'proxecto' da xunta, está a traballar cos voluntarios e coas empresas adicadas á localización para que se movan cousas. Levamos dúas reunións conxuntas, as g11n (= galeguización) nas que se traballa para saber que debemos ir facendo cada parte. Logo, das cousas que se falaron, vaite á web de mancomun, lee ós resumos das g11n, e o manual e xa sabes +- o que nos. ...e de novo, ánimo coa Mandriva, que mira que teño dúas instalacións e queroa ben traducidiña!! (just kidding) Abures!
manual_g11n_v0.5.pdf
Description: Adobe PDF document

