Re: [terminoloxía] buffer

2009-04-29 Conversa Adrián Chaves Fernández
> On Mon, 27 Apr 2009, Leandro Regueiro wrote:
> > Xa estou pensando en desaconsellar "memoria intermedia", "almacenador
> > intermedio", "buffer" e recomendar unicamente "búfer". Vou facer os
> > cambios e se hai queixas desfacémolos.
>
> Eu sigo preferindo buffer, e postos a galeguiza-lo segundo fonética,
> báfer. Pero esto último queda un pouco como o cu.

Moito :)


Re: [terminoloxía] buffer

2009-04-29 Conversa Miguel Bouzada
Eu acostumo a empregar "búfer" por ver que é o máis comunmente empregado,
ainda que non lle teño especial querencia.

So quería facer unha consideración, eu veño do mundo do son profesional e aí
hai un termo "woofer" que todo o mundo pronuncia como "búfer"
http://es.wikipedia.org/wiki/Woofer
Ainda que a nivel técnico segue a ser escrito co termo inglés, xa que este é
un tipo de "chintofano" moi empregado no "tuning" dos coches e hai moitos
mozos e mozas que se moven nos dous terreos (coches, ordenatas) cecais fose
convinte analisar un chisco máis o termo.

MB


2009/4/29 Adrián Chaves Fernández 

> > On Mon, 27 Apr 2009, Leandro Regueiro wrote:
> > > Xa estou pensando en desaconsellar "memoria intermedia", "almacenador
> > > intermedio", "buffer" e recomendar unicamente "búfer". Vou facer os
> > > cambios e se hai queixas desfacémolos.
> >
> > Eu sigo preferindo buffer, e postos a galeguiza-lo segundo fonética,
> > báfer. Pero esto último queda un pouco como o cu.
>
> Moito :)
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>



-- 
"Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org


Re: páxina de erros

2009-04-29 Conversa Leandro Regueiro
Engadín máis erros á lista de erros. Agora quizais sexan máis de 400.

Como xa nos achegamos á época dos exames vou deixar de buscar máis,
aínda que teño localizados media ducia que implicarían máis de 150
novas cadeas con erros. Pero como Marce pediu que non enviara erros
masivos...

Ata logo,
   Leandro Regueiro


Re: [terminoloxía] buffer

2009-04-29 Conversa Adrián Chaves Fernández
> So quería facer unha consideración, eu veño do mundo do son profesional e
> aí hai un termo "woofer" que todo o mundo pronuncia como "búfer"

Pois eu coido que o pronunciaría gúfer.


Oh! vs Ho!

2009-04-29 Conversa Adrián Chaves Fernández
Veña, oh! Non me veñas con caralladas!
Veña, ho! Non me veñas con caralladas!

Se ben houbo un tempo en que usei ho, ultimamente uso oh. O caso é que un 
amigo viu unha tradución que fixen con "Oh" (no Wormux, coido), e díxome que 
estaba mal, que era "Ho" -a lóxica sería que "ho" ven de "home", "Veña, 
home!"-.

Alguén sabe se a normativa especifica que forma usar? Cal usariades vós?


Re: Oh! vs Ho!

2009-04-29 Conversa Leandro Regueiro
> Veña, oh! Non me veñas con caralladas!
> Veña, ho! Non me veñas con caralladas!
>
> Se ben houbo un tempo en que usei ho, ultimamente uso oh. O caso é que un
> amigo viu unha tradución que fixen con "Oh" (no Wormux, coido), e díxome que
> estaba mal, que era "Ho" -a lóxica sería que "ho" ven de "home", "Veña,
> home!"-.

Eu usaría ho en frases coma esa. Para usalo simplemente coma
interxección illada usaría oh.

E se me pides máis diriache: si ho, e que máis queres? :)

Ata logo,
Leandro Regueiro


xornadas de tradución de software libre da USC

2009-04-29 Conversa Leandro Regueiro
http://www.codigocero.com/Ampla-participacion-para-as

A ver se hai sorte e nos aparecen dúas ou tres persoas con interese e
ganas de colaborar.

Ata logo,
   Leandro Regueiro


Re: xornadas de tradución de software libre da USC

2009-04-29 Conversa Fran Dieguez
boas rapaces,

os instrutores somos Meixome e máis eu, organízao o servizo de
normalización lingüistica e a OSL.

podo confirmar e confirmo que hai 50 persoas inscritas e xa ampliamos as
prazas dúas veces (inicialmente foron 30). os perfís son moi diversos
con preminencia de  estudantes de  enxeñería informática e filoloxía
galega.

o fiadeiro consistirá en 2 partes ben definidas, instrución (onde se
tratará tódolos temas que un tradutor novel ten que saber) e un evento
lúdico (onde traduciremos netbeans e mesturaremos con moitas sorpresas
para o persoal, premios e carallada varia).

en fin que haber se sae bo produto, desexadenos sorte! :P
Saúdos.

Leandro Regueiro escribiu:
> http://www.codigocero.com/Ampla-participacion-para-as
>
> A ver se hai sorte e nos aparecen dúas ou tres persoas con interese e
> ganas de colaborar.
>
> Ata logo,
>Leandro Regueiro
>
>
>   


Re: xornadas de tradución de software libre da USC

2009-04-29 Conversa Leandro Regueiro
2009/4/29 Fran Dieguez :
> boas rapaces,
>
> os instrutores somos Meixome e máis eu, organízao o servizo de
> normalización lingüistica e a OSL.
>
> podo confirmar e confirmo que hai 50 persoas inscritas e xa ampliamos as
> prazas dúas veces (inicialmente foron 30). os perfís son moi diversos
> con preminencia de  estudantes de  enxeñería informática e filoloxía
> galega.
>
> o fiadeiro consistirá en 2 partes ben definidas, instrución (onde se
> tratará tódolos temas que un tradutor novel ten que saber) e un evento
> lúdico (onde traduciremos netbeans e mesturaremos con moitas sorpresas
> para o persoal, premios e carallada varia).
>
> en fin que haber se sae bo produto, desexadenos sorte! :P

Deséxovos que consigades máis xente capaz para ir substituíndo ós que
se nos foron.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


Comproba o meu perfil de Facebook

2009-04-29 Conversa Lulú Son Eu
Ola Proxecto@trasno.net,

Din de alta un perfil de Facebook onde poño as miñas fotos, videos e 
acontecementos e quero engadirte como amigo para que o vexas. ¡Primeiro, 
necesitas unirte a Facebook! Unha vez que te apuntes, tamén podes crea-lo teu 
propio perfil.

Grazas,
Lulú

Para darte de alta en Facebook, segue o enlace seguinte:
http://www.facebook.com/p.php?i=1260202844&k=3ZBZ2ZUSRVVM5EAFV1VXXP&r


proxecto@trasno.net foi convidado a unirse a Facebook por Lulú Son Eu. Se non 
queres recibir este tipo de mail do Facebook no futuro, por favor preme na 
ligazón de aquí embaixo para cancelar a subscrición.
http://www.facebook.com/o.php?k=befa53&u=1756729494&mid=62978aG68b59096G0G8
As oficinas de Facebook atópanse en 156 University Ave., Palo Alto, CA 94301.



Re: Oh! vs Ho!

2009-04-29 Conversa Adrián Chaves Fernández
> > Veña, oh! Non me veñas con caralladas!
> > Veña, ho! Non me veñas con caralladas!
> >
> > Se ben houbo un tempo en que usei ho, ultimamente uso oh. O caso é que un
> > amigo viu unha tradución que fixen con "Oh" (no Wormux, coido), e díxome
> > que estaba mal, que era "Ho" -a lóxica sería que "ho" ven de "home",
> > "Veña, home!"-.
>
> Eu usaría ho en frases coma esa. Para usalo simplemente coma
> interxección illada usaría oh.
>
> E se me pides máis diriache: si ho, e que máis queres? :)

Moi ben. Grazas aos dous. Dúbida resolta :)