[IMPORTANTE - Estatuto Trasno ]: Discusións finais e votación

2009-07-11 Conversa Adrián Chaves Fernández
 Votacións-

 1. Cargos na directiva:
 a. 1 presidente, 1 secretario e 1 tesoureiro (mínimo legal)
 b. 1 presidente, 1 vicepresidente, 1 secretario e 1 tesoureiro
 c. 1 presidente, 1 secretario, 1 tesoureiro e 1 vogal
 d. 1 presidente, 1 secretario, 1 tesoureiro e vogais nomeados a vontade
 polo presidente para delegar funcións, nomeables en calquera momento
 e. outra (especificar)

D
O mínimo e que o presi nomee extras cando precise.

 ++
 2. Tipo duración dos cargos
 a. iguais para o  presidente e o resto da directiva
 b. desiguais para o presidente e o resto da directiva (especificar cómo)

A
Iguais.

 ++
 3. Tempo de duración dos cargos
 a. anual
 b. bianual
 c. outro (se 2.b especifica cómo)

B
Bienal -como sinalou Marce, que eu non o sabía :)-.

 ++
 4. Método de elección:
 a. a asamblea elixe entre listas cerradas
 b. a asamblea elixe un presidente que logo elixe a súa directiva
 c. a asamblea elixe un presidente que logo elixe a súa directiva, a
 asamblea vota a ratificación da directiva elixida polo presidente
 d. a asamblea vota persoas individualmente, o máis elixido será o
 presidente que nomea a nova directiva
 e. d. a asamblea vota persoas individualmente, o máis elixido será o
 presidente que nomea a directiva, a asamblea ratifica a nova directiva
 f. a asamblea vota persoas individualmente. As persoas máis votadas entran
 na directiva, tantas persoas coma cargos. Unha segunda volta elixe o
 presidente. O presidente asigna cargos entre os que máis votos recibiran na
 primeira volta.
 g. outras (ale!, se se vos ocorre outra variación vos diredes)

C
Liberdade para o precidente mantendo o poder na asemblea.

 ++
 4.  Aprobación de actas
 a. na mesma sesión ó final  (implica que se finalicen os documentos e se
 lean na mesma sesión tras todos os ler)
 b. na seguinte sesión ó comezo

B
Poderíase redactar durante a sesión polo encargado, que este a revise e a 
renvíe por mail aos membros, e así non é preciso lela na seguinte, senón 
simplemente aprobala se ninguén se opón.
O bo é que de haber algo que cambiar, habería tempo de facelo previamente ao 
día da aprobación.

 +++
 5. Pódese votar en sesión ordinaria vía electrónica sempre que se empregue
 un método de identificación do votante (lease chave de cifrado ou como se
 diga)? a. si
 b. non

A
Pero estaría ben un titorial/manual para ensinar a configurar as sinaturas 
electrónicas.

 Tamén en sesión extraordinaria?
 a. si (persoalmente non a recomendo  aquí elíxese á directiva)
 b. non

A
Coido que para aqueles que non poidan asistir fisicamente isto é importante, e 
non vexo cal é o lado negativo se se usan sinaturas electrónicas.

 

 ---Datas Asemblea--
 18 Xull, Sab
 19 Xull, Dom
 25 Xull, Sab
 26 Xull, Dom
 ou outras, vós diredes

De seguro non podería asistir do 18 ao 25 (ambas incluídas). Pero é pouco 
probable que poida asistir igual (fisicamente). Habería posibilidade de 
utilizar (se se aproban) sinaturas dixitais para esta asemblea?


Re: [IMPORTANTE - Estatuto Trasno ]: Discusións finais e votación

2009-07-11 Conversa Miguel Branco
Esquecinme de votar:

 Votacións-

 1. Cargos na directiva:
 d. 1 presidente, 1 secretario, 1 tesoureiro e vogais nomeados a vontade
 polo presidente para delegar funcións, nomeables en calquera momento

 ++
 2. Tipo duración dos cargos
 a. iguais para o  presidente e o resto da directiva

 ++
 3. Tempo de duración dos cargos
 b.bienal

 ++
 4. Método de elección:
 f. a asamblea vota persoas individualmente. As persoas máis votadas entran
 na directiva, tantas persoas coma cargos. Unha segunda volta elixe o
 presidente. O presidente asigna cargos entre os que máis votos recibiran na
 primeira volta.

 +++
 5. Pódese votar en sesión ordinaria vía electrónica sempre que se empregue
 un método de identificación do votante (lease chave de cifrado ou como se
 diga)? 
 a. si

 Tamén en sesión extraordinaria?

 b. non
 ---Datas Asemblea--
 18 Xull, Sab


Re: [IMPORTANTE - Estatuto Trasno ]: Discusións finais e votación

2009-07-11 Conversa Adrián Chaves Fernández
  De seguro non podería asistir do 18 ao 25 (ambas incluídas). Pero é pouco
  probable que poida asistir igual (fisicamente). Habería posibilidade de
  utilizar (se se aproban) sinaturas dixitais para esta asemblea?

 como hai polo menos tres persoas que teñen que firmar _físicamente_ o
 estatuto nesa asamblea fundacional, pois logo ten que ser presentado na
 Xunta polo presidente electo da asamblea fundacional en espera de ser
 aprobado

 NON, esa asemblea é presencial.

 non sendo que fagamos a asemblea virtualmente e logo un vaia recollendo
 signaturas de quen se elixira para a directiva. Francamente...

Daquela procurarei ir fisicamente (malo será). Xa se decidiu o lugar?