> ------------------------------------Votacións----------------------------- > > 1. Cargos na directiva: > a. 1 presidente, 1 secretario e 1 tesoureiro (mínimo legal) > b. 1 presidente, 1 vicepresidente, 1 secretario e 1 tesoureiro > c. 1 presidente, 1 secretario, 1 tesoureiro e 1 vogal > d. 1 presidente, 1 secretario, 1 tesoureiro e vogais nomeados a vontade > polo presidente para delegar funcións, nomeables en calquera momento > e. outra (especificar)
D O mínimo e que o presi nomee extras cando precise. > ++++++++++++++++++++++ > 2. Tipo duración dos cargos > a. iguais para o presidente e o resto da directiva > b. desiguais para o presidente e o resto da directiva (especificar cómo) A Iguais. > ++++++++++++++++++++++ > 3. Tempo de duración dos cargos > a. anual > b. bianual > c. outro (se 2.b especifica cómo) B Bienal -como sinalou Marce, que eu non o sabía :)-. > ++++++++++++++++++++++ > 4. Método de elección: > a. a asamblea elixe entre listas cerradas > b. a asamblea elixe un presidente que logo elixe a súa directiva > c. a asamblea elixe un presidente que logo elixe a súa directiva, a > asamblea vota a ratificación da directiva elixida polo presidente > d. a asamblea vota persoas individualmente, o máis elixido será o > presidente que nomea a nova directiva > e. d. a asamblea vota persoas individualmente, o máis elixido será o > presidente que nomea a directiva, a asamblea ratifica a nova directiva > f. a asamblea vota persoas individualmente. As persoas máis votadas entran > na directiva, tantas persoas coma cargos. Unha segunda volta elixe o > presidente. O presidente asigna cargos entre os que máis votos recibiran na > primeira volta. > g. outras (ale!, se se vos ocorre outra variación vos diredes) C Liberdade para o precidente mantendo o poder na asemblea. > ++++++++++++++++++++++ > 4. Aprobación de actas > a. na mesma sesión ó final (implica que se finalicen os documentos e se > lean na mesma sesión tras todos os ler) > b. na seguinte sesión ó comezo B Poderíase redactar durante a sesión polo encargado, que este a revise e a renvíe por mail aos membros, e así non é preciso lela na seguinte, senón simplemente aprobala se ninguén se opón. O bo é que de haber algo que cambiar, habería tempo de facelo previamente ao día da aprobación. > +++++++++++++++++++++++ > 5. Pódese votar en sesión ordinaria vía electrónica sempre que se empregue > un método de identificación do votante (lease chave de cifrado ou como se > diga)? a. si > b. non A Pero estaría ben un titorial/manual para ensinar a configurar as sinaturas electrónicas. > Tamén en sesión extraordinaria? > a. si (persoalmente non a recomendo > aquí elíxese á directiva) > b. non A Coido que para aqueles que non poidan asistir fisicamente isto é importante, e non vexo cal é o lado negativo se se usan sinaturas electrónicas. > ++++++++++++++++++++++++ > > -----------------------------------Datas Asemblea-------------------------- > 18 Xull, Sab > 19 Xull, Dom > 25 Xull, Sab > 26 Xull, Dom > ou outras, vós diredes De seguro non podería asistir do 18 ao 25 (ambas incluídas). Pero é pouco probable que poida asistir igual (fisicamente). Habería posibilidade de utilizar (se se aproban) sinaturas dixitais para esta asemblea?