Re: trasno.net 2.0

2009-07-26 Conversa Adrián Chaves Fernández
  - Blogplanet /blogs persoais
  - Perfís individuais (integración facebook, twitter, jabber,
  identi.ca...)
 
  Um, para que?

 Eu xa teño meu blogue, en todo caso planet (como traducir isto?).

Metablogue? :)


Re: [IMPORTANTE] Proposta final de estatuto

2009-07-26 Conversa Adrián Chaves Fernández
 Dou conta :
 1º, dos resultados da votación que propuxen,

 e pídovos que:
 1º digades se hai algo que quirades cambiar,algo que obxectar

Os meus votos non están presentes. En canto remate de ler o correo desta 
semana que estiven fóra, reenviarei os meus votos, ou volverei votar (se non 
atopo a mensaxe).

Un saúdo!


Re: [IMPORTANTE] Proposta final de estatuto

2009-07-26 Conversa Adrián Chaves Fernández
  No volga aparece Club e non clube.

 Xa os sei! de feito xa o comentei hai ben de tempo nesta rolda. Outra
 cousa é que comparta semellante aberración e máis cando o máis estendido
 e que se adecúa ademais a nosa grafía é clube, penso que os entendidos
 cometeron un erro e non me vou de nada, simplemente gustaríame saber o
 porque de tal decisión, poida que así a comprendese máis.
 Por certo o decían no Xabarín: Cada dia somos mais!!!E ti??Xa es do
 clube? Todos temos as nosas cousas e eu non vou contribúir a estender club
 no canto de clube outra cousa é unha tradución, aínda teño que meditalo.

Eu de pequeniño sempre pensara que dicía «E ti? Aínda non es do CLUB B? 
Afíliate!». Non tiña ningún sentido, certamente.


Re: [IMPORTANTE] Proposta final de estatuto

2009-07-26 Conversa Adrián Chaves Fernández
 Boas:

 Miguel Branco escribiu:
  Eu propoño que se se quere o presidente teña que elixir o secretario
  (para os que queren que sexa unha persoa de control e que non comparto)
  dos  mais votados e os demais (tesoureiro, vogais...) de entre os socios
  da súa confianza ou que pense que son válidos.
 
  Como penso que son postos con requisitos diferentes, penso que o de que
  o voten a un para posíbel presidente non quere dicir que o votasen para
  posíbel secretario ou tesoureiro. Eu seguramente non votaría ao mesmo
  para secretario  que para presidente, daquela, ¿porque ten que elixir o
  presidente para secretario ou tesoureiro a quen foi votado como posíbel
  presidente?
 
  non me parece mal razoamento. Podo interpretar o que dis como votacións
  individualizadas para presidente, secretario e tesoureiro? por
  simplificar. Esquematiza o que propós e votamolo, paréceche?
 
  Sinto ser tan fodón.
 
  está ben que se discutan estas cousas, de fodón nada. Isto é como nas
  vodas: que hable ahora o calle para siempre, que logo para reformar o
  estatuto hai que pagar bla bla bla ;)

 Eu penso que xa o comentei.
 A miña proposta é (e seguro que ten algunha pega):
 1. Elixir presidente, os métodos propostos parécenme ben salvo que para
 ter un presidente de consenso e garantir que como mínimo teña a maioría
 sería mellor elixir entre os dous máis votados.
 2. Que o presidente elixa equipo e que este equipo sexa votado e
 aprobado por todos e será precisa a mesma maioría que para elixir
 presidente (absoluta ou a que se decida, 3/5, 3/4...)

 Unha variante para os que queren contrólar ao presidente (que eu non
 comparto pero poida que así haxa máis consenso entre nós) sería (1. b)
 que despois de votar e elixir presidente, se faga o mesmo para elixir
 secretario (incluída a primeira volta)
 así teriamos presidente e secretario independentes e o resto elíxeo o
 presidente e ratifícao a asemblea.

 Relacionado con isto, a persoa encargada de substituír ao presidente no,
 caso que sexa, penso que tería que ser unha designada polo propio
 presidente, podendo ser o secretario se así o decide (o presidente) ou
 calquera outra.

Eu estou dacordo en darlle o poder de elixir os cargos ao presidente votado, 
sempre que os cargos sexan logo ratificados pola asemblea (onde foi parar a 
miña papeleta? :_(


Re: [IMPORTANTE] Proposta final de estatuto

2009-07-26 Conversa Adrián Chaves Fernández
  3. Propoño a primeira semana de setembro para a Asemblea constituínte

 É moi tarde. Ademais xusto as dúas primeiras semanas de setembro teño
 exames.

Ídem.


Re: [IMPORTANTE] Proposta final de estatuto

2009-07-26 Conversa Adrián Chaves Fernández
 Boas:

 Xosé escribiu:
  Supoño que se entende: KISS

 non entendo que significa isto:
 Supoño que se entende: KISS Refíreste ao grupo musical? ;-)

  A escolla da directiva ha ser o único dos estatutos que ha de dar
  quebradeiros de cabeza no futuro. Canto máis se lexisle, pior, e canto
  máis enrevesado, máis pior.
 
  Insisto, por experiencia de anos e anos e anos, en lista única proposta
  polo presidente.

 Se por isto te refires a que se elixe presidente e este fai unha lista
 cos cargos a elixir e esta lista apróbaa a asemblea. Por min perfecto!

Creo que a maioría estamos dacordo con este método, non si?


  Xosé

 damufo


Re: [ESTATUTO] Procedementos de elección da directiva

2009-07-26 Conversa Adrián Chaves Fernández

 V. En resumo, que método propoñedes? (Dani, Xosé, podedes omitir este paso)

A opción de elixir  un presidente, e este elixir o seu equipo é unha opción 
coa que non estaba dacordo ao principio, pero que sempre e cando o equipo sexa 
ratificado pola asemblea, vexo como a opción máis axeitada para a asemblea 
(mantén en todo momento o poder) e para a directiva (o equipo, ao ser elixido 
persoalmente polo presi, imaxino terá grandes posibilidades de traballar con 
comodidade).


[ESTATUTO] Galeguización de NON SOFTWARE libre

2009-07-26 Conversa Adrián Chaves Fernández
Non sei se xa mencionei isto algunha vez. Pensáchedes na posibilidade de 
traducir tamén outras cousas libres, coma filmes libres, por exemplo?

Viume á cabeza dobremente nesta semana que tiven de vacacións. No avión 
puxéronnos Big Buck Bunny (unha curtametraxe libre que non precisa de 
subtítulos), e unha vez en Madeira vin pola tele que había en marcha un 
proxecto español de filme libre chamado El Cosmonauta. Penso que traducir este 
tipo de obras estaría ben.


Re::

2009-07-26 Conversa Mr David W.K Sinh

Dear Friend,
I have a secured business proposal for you.l will like to know if you are
willing to assist me as a partner. Contact me on my private email address
(dav_wks...@yahoo.com.hk) for more information.
YOUR SWIFT RESPONSE WILL BE APPRECIATED!