Entrar no Grupo de traballo

2011-11-15 Conversa Angela Souto
Ola:
Gustaríame botar unha man coa traducción. Eu utilizo o OpenSuse 11.4 pero
éme un pouco igual en que parte colaborar. Vós diredes.
Un saúdo.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: [Trasnada 11.1] Resumo

2011-11-15 Conversa Leandro Regueiro
2011/11/15 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com:
 Déixasme case nas mesmas.

 Entendo que, se se vai empregar «acceder», será para todos os casos para os
 que acae. E paréceme que os únicos casos para os que non acae e si
 «identificarse» sería para casos nos que a identificación non brinda beneficio
 algún.

 A verdade é que non creo que casos coma ese haxa moitos. De feito, estaba a
 piques de dicir que non se me ocorría ningún, pero creo que acaba de
 ocorrérseme un en que «identificarse» acaería mellor que «acceder»: cando vas
 deixar un comentario nunha páxina dunha bitácora, moitas permiten publicar
 como anónimo, ou identificarte, xa sexa mediante correo electrónico e alcume 
 ou
 mediante servizos como Facebook.

 Supoño que cando chegue o caso saberei. De momento, procurarei empregar
 «acceder».

A min tampouco é que me quedara excesivamente claro, pero a idea é que
acceder sempre agás cando identificarse sexa mellor. Basicamente
entendín que identificarse só se empregaría en programas web onde xa
estás como usuario anónimo e tes que identificarte para realizar
unha compra, ou deixar un comentario como un usuario específico (tal
como comentou Adrián).

Por certo, tal como se pode ver na lista de acordos hai dúas ou tres
cousas que deixamos para preguntarlle a xente que coñeza máis do tema,
como cal é o plural de búfer: búfers ou búferes.

Deica

 O Tuesday, 15 de November de 2011 06:44:53 damufo escribiu:
 Boas Adrián:
 O de identificarse, se mal non entendín é para casos nos que realmente
 non accedes a nada máis só che piden que te identifiques para para poder
 continuar(acceder) ao resto do proceso.

 Este foi sen dúbida o termo que máis tempo nos levou debatendo.

 No caso por exemplo do Joomla!, onde viña empregando Identificarse /
 Saír ao anonimato, eu penso que segue acaendo mellor Identificarse (para
 acceder/continuar/obter permisos...), pero en canto á Saír ao anonimato,
 parece que non é moi correcta e pode levar a confusión polo que
 seguramente a mude por Saír da identificación, ou se se entende, deixar
 simplemente Saír.

 En moitos outros casos con Acceder/Saír seguramente sexa suficiente
 sendo estes dous termos curtos.

 En 2011/11/14 21:22, Adrián Chaves Fernández escribiu:
  Sobre «log in», eu viña empregando o de «identificarse» como forma
  xeral, en todos os casos. Podedes concretar para que casos quedou
  relegada, para que «función específica»? (sendo «acceder» a que ha de
  empregarse xeralmente)
 
  Un saúdo.
  ___
  Proxecto mailing list
  Proxecto@trasno.net
  http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: documento termos a discutir

2011-11-15 Conversa Leandro Regueiro
2011/11/15 Antón Méixome cert...@certima.net:
 Dise:

 «Un moderador que deterá as discusións para que o rexistrador poida
 rexistrar con tranquilidade e tamén evitará que a discusión sexa o
 máis civilizada posible»

 Esta é unha función un pouco rara para o moderador, precisamente!!

 :-)

 Opinións e comentarios

 Plural de búfer (difícil)

 o búfer - os búferes (tamén búfers sería correcto). Como
 estranxeirismo está ao mesmo nivel ca clúster/es. A regra básica é
 facer o plural normal -es

 Chat room
 Claramente Sala de conversas (en analoxía con sala de reunións)

 Crash
 Queba? Discordo pero acato

 Upload
 Enviar/Envío. Isto é un acordo definitivo?

Si, a menos que teñas unha razón o suficientemente boa para facernos
cambiar de idea á maioría.

Anoto as túas aclaracións. Mágoa non ter visto antes esta mensaxe.

Deica

 2011/11/12 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com:
 https://docs.google.com/document/d/1GPgi9VTsEqT2G5VeI0VLJO4xSBih1kUndyEEaqBeX5Y/edit?authkey=CPG9uaIGhl=en_USpli=1
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Entrar no Grupo de traballo

2011-11-15 Conversa Miguel Bouzada
@Angela
Benvida, deixo que os de Suse respondan e che conten como están a
traballar, senón pois xa falaremos de Debian e de proxectos independentes
do S.O.

2011/11/15 Angela Souto vieit...@gmail.com

 Ola:
 Gustaríame botar unha man coa traducción. Eu utilizo o OpenSuse 11.4 pero
 éme un pouco igual en que parte colaborar. Vós diredes.
 Un saúdo.

 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

-- 
Membro de «The Document Foundation projects» http://gl.libreoffice.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Membro do «Grupo de Amigos Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Entrar no Grupo de traballo

2011-11-15 Conversa Oscar Carballal Prego
El Mar, 15 de Noviembre de 2011, 11:24 am, Angela Souto escribió:
 Ola:
 Gustaríame botar unha man coa traducción. Eu utilizo o OpenSuse 11.4 pero
 éme un pouco igual en que parte colaborar. Vós diredes.
 Un saúdo.

Ola Angela,

Moitas grazas por querer participar no proxecto. Agora mesmo a aplicación
en sí está traducida, pero aínda falta traducir a documentación ao galego,
se queres podes facelo.

Non sei se estás acostumada a usar aplicativos de desenvolvemento como GIT
ou sphinx, se non podo explicarche outras maneiras de facer a traducción
sen ter que empregalos.

A outra parte na que precisamos axuda é no desenvolvemento, no que
empregamos Python e Django, se tes coñecementos tamén agradeceríamos a túa
colaboración.

O repositorio de código (onde está tamén a documentación) é
http://github.com/cidadania/e-cidadania

Calquera dúbida que teñas non dubides en contactarme.
Un saúdo

--
Móbil: (34) 620-734766 | oscar.carbal...@cidadania.coop
Cidadania S. Coop. Galega
Corredoira das Fraguas 5-1º esq.
15.703 Santiago de Compostela (A Coruña)
Tfno.: (34) 981-589269 | www.cidadania.coop

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Entrar no Grupo de traballo

2011-11-15 Conversa Leandro Regueiro
2011/11/15 Angela Souto vieit...@gmail.com:
 Ola:
 Gustaríame botar unha man coa traducción. Eu utilizo o OpenSuse 11.4 pero
 éme un pouco igual en que parte colaborar. Vós diredes.
 Un saúdo.

Ola e benvida.

Antes de nada coméntoche que a maioría do software que está dispoñible
nunha distribución non se traduce no proxecto de tradución desa
distribución, senón nos proxectos particulares de cada un deses
softwares. No caso particular de openSuse traduciriase basicamente
YaST e varios programas máis, pero non LibreOffice, nin KDE, nin
GNOME.

Para reservar, obter e enviar de volta os ficheiros que hai que
traducir empregamos a ferramenta web Vertaal:
http://www.vertaal.com.ar/ Polo tanto tes que crear unha conta e
enviarnos o teu nome de usuario para que te poidamos incluír no equipo
do galego.

Cando xa formes parte do equipo de tradución de openSuse ao galego
poderás reservar e descargar os ficheiros de tradución en
http://www.vertaal.com.ar/files/factory/gl/list/ O normal será
escoller un que non estea reservado xa e ao que lle queden cadeas por
traducir.

Unha vez descargados os ficheiros que se queiran traducir empregamos
diferentes programas para traducir estes ficheiros (eu persoalmente
emprego o Lokalize, aínda que hai varios outros perfectamente válidos
como poden ser Virtaal, Poedit, Gtranslator...).

Unha vez traducidos os ficheiros (parcialmente ou totalmente) os
ficheiros envíanse empregando o formulario que hai ao comezo de
http://www.vertaal.com.ar/files/factory/gl/list/ En caso de enviar
varios ficheiros é máis cómodo empaquetalos nun tar.gz para non andar
enviando os ficheiros un a un.

Antes de que me esqueza, para comunicarnos empregamos esta rolda de
correo, así que se tes algunha dúbida, por parva que che pareza, envia
unha mensaxe para que che poidamos axudar canto antes.

Asumín que xa sabes algo sobre como traducir porque ando algo apurado
hoxe. Se non é así, perdóame e non dubides en dicilo para que che
resolvamos as túas dúbidas o antes posible e poidas colaborar.

Deica
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Entrar no Grupo de traballo

2011-11-15 Conversa Oscar Carballal Prego
Perdón polo mail anterior, xogoume unha mala pasada o correo ao non
identificalo como correo da lista, e respondín como se fose un correo
privado.

Atentamente,
Oscar Carballal Prego

--
Móbil: (34) 620-734766 | oscar.carbal...@cidadania.coop
Cidadania S. Coop. Galega
Corredoira das Fraguas 5-1º esq.
15.703 Santiago de Compostela (A Coruña)
Tfno.: (34) 981-589269 | www.cidadania.coop

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Entrar no Grupo de traballo

2011-11-15 Conversa Miguel Bouzada
@Angela
Estarás na UVigo por casualidade?
estes días imos organizar dous equipos de traballo na FFT, coméntocho por
aquelo de que eu estou nela acotío e é máis doada unha titorización para
que comeces mais paseniñamente.

2011/11/15 Oscar Carballal Prego oscar.carbal...@cidadania.coop