2011/11/15 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
> Déixasme case nas mesmas.
>
> Entendo que, se se vai empregar «acceder», será para todos os casos para os
> que acae. E paréceme que os únicos casos para os que non acae e si
> «identificarse» sería para casos nos que a identificación non brinda beneficio
> algún.
>
> A verdade é que non creo que casos coma ese haxa moitos. De feito, estaba a
> piques de dicir que non se me ocorría ningún, pero creo que acaba de
> ocorrérseme un en que «identificarse» acaería mellor que «acceder»: cando vas
> deixar un comentario nunha páxina dunha bitácora, moitas permiten publicar
> como anónimo, ou identificarte, xa sexa mediante correo electrónico e alcume 
> ou
> mediante servizos como Facebook.
>
> Supoño que cando chegue o caso saberei. De momento, procurarei empregar
> «acceder».

A min tampouco é que me quedara excesivamente claro, pero a idea é que
"acceder" sempre agás cando "identificarse" sexa mellor. Basicamente
entendín que "identificarse" só se empregaría en programas web onde xa
estás como "usuario anónimo" e tes que identificarte para realizar
unha compra, ou deixar un comentario como un usuario específico (tal
como comentou Adrián).

Por certo, tal como se pode ver na lista de acordos hai dúas ou tres
cousas que deixamos para preguntarlle a xente que coñeza máis do tema,
como cal é o plural de "búfer": "búfers" ou "búferes".

Deica

> O Tuesday, 15 de November de 2011 06:44:53 damufo escribiu:
>> Boas Adrián:
>> O de identificarse, se mal non entendín é para casos nos que realmente
>> non accedes a nada máis só che piden que te identifiques para para poder
>> continuar(acceder) ao resto do proceso.
>>
>> Este foi sen dúbida o termo que máis tempo nos levou debatendo.
>>
>> No caso por exemplo do Joomla!, onde viña empregando Identificarse /
>> Saír ao anonimato, eu penso que segue acaendo mellor Identificarse (para
>> acceder/continuar/obter permisos...), pero en canto á Saír ao anonimato,
>> parece que non é moi correcta e pode levar a confusión polo que
>> seguramente a mude por Saír da identificación, ou se se entende, deixar
>> simplemente Saír.
>>
>> En moitos outros casos con Acceder/Saír seguramente sexa suficiente
>> sendo estes dous termos curtos.
>>
>> En 2011/11/14 21:22, Adrián Chaves Fernández escribiu:
>> > Sobre «log in», eu viña empregando o de «identificarse» como forma
>> > xeral, en todos os casos. Podedes concretar para que casos quedou
>> > relegada, para que «función específica»? (sendo «acceder» a que ha de
>> > empregarse xeralmente)
>> >
>> > Un saúdo.
>> > _______________________________________________
>> > Proxecto mailing list
>> > Proxecto@trasno.net
>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a