Re: AMSN, ficheiro de preguntas máis frecuentes.

2003-07-24 Conversa fxvazquez
O Jueves, 24 de Julio de 2003 01:09, Iván Pérez Domínguez escribiu:
 Falta revisalo. Se algén pode facelo, agradeceríao. Cando estea
 feito, se hai algo que cambiar, avisádeme e modifícoo para mandarllo
 ó autor para que o inclúa con próximas versións do programa.
 Traducino a partir da versión en castelán. Só hay que copiar o
 ficheiro á carpeta /usr/bin/amsn/docs (ou equivalente) e reiniciar o
 programa.

 Iván Pérez.
Ola :-)

Non o mirei todo a fondo, pero como seguro que alguén máis o mirará 
seguro que entre todos o deixamos ben pulido.

Asi botándolle unha ollada por enriba vexo o seguinte:

-Unhas veces usas ti e outras vostede deberias seguir un criterio, 
misturandoo dificultas a letura.

-Usas desenrolo como tradución de development creo que o correcto 
sería usar desenvolvemento. Desenrolo significa desfacer un rolo, se me 
engano podedesme mandar un capote.

-Unha graciosa: Icon en galego é icona. :-D

-Puede ser que ti estéas a escoitar un son: quedaria mellor poida que 
estea a escoitar un son, tanto polo castelan do empezo como polo de 
estar poñendo seguido o ti, en ingles ponse sempre pero en galego non 
fai falla.

-Non sei se hai máis porque so o mirei por enrriba como xa mencionei, 
pero o que si ten é un pouco o aspecto de ser unha traducción demasiado 
literal do castelan, e eso fai que quede un pouco mal. Eso creo que nos 
pasa a todos, por eso se recomenda traducir sempre ao dereito do ingles 
(ainda que neste caso o orixinal é en castelan, non?).

De calquera xeito moitas gracias pola tradución, eu hei de incorporar o 
ficheiro ao meu amsn (teñoo instalado malia non o usar).

A ver se alguen che atopa algo máis.
-- 
   ()   \\ Fco. Xosé Vázquez Grandal
 ^ (o_   \\ mailto:fxvazq...@arrakis.es
 | /)\c{} \\ http://www.arrakis.es/~fxvazquez/
 `-V__)_   \\ http://www.trasno.net

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe


Re: Novo colaborador

2003-06-21 Conversa fxvazquez
Ola Iván.

Benvido a Trasno, sempre se agradece xente nova :-)
Sobre por onde empezar a traducir pareceme que a traducción de kde xa 
está algo organizada (preguntalle a Massimodutti se che interesa 
traducir kde). A miña recomendación é que para comezares escollas un 
programa que che guste, que o uses a cotio e que o traduzas, vaiche 
resultar moito máis doado e levadeiro; despois xa te iras metendo en 
berenxenais máis grandes ;-). Se che interesa pode ser o mesmo lMule 
(se é traducible).

Un saudo.

O Jueves, 19 de Junio de 2003 07:24, Iván Pérez Domínguez escribiu:
 Ola. Envíovos esta mensaxe para que saibades que tedes un novo
 colaborador. Aínda que estiven a botarlle un ollo á páxina, querería
 saber que estades a traducir agora, algún programa en especial, para
 botarvos unha man con ese (non sei cal é o voso método de traballo).
 Ata agora só fixen unha traducción, e foi dun software para Windows
 (BSPlayer). A traducción distribúese coas novas versións do programa,
 aínda que non está moi revisada. Últimamente estiven a revisar
 algunhas traduccións de aMSN, páxinas de man,...
 Agradecería que algén se puxese en contacto comigo, para indicarme
 por onde me recomendades comezar. ¿Por certo, existe algunha
 traducción a galego de eMule para Linux ou estades a traballar
 nalgunha?

 Espero as vosas indicacións.



 --
 Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
 poñendo unsubscribe na mensaxe

-- 
   ()   \\ Fco. Xosé Vázquez Grandal
 ^ (o_   \\ mailto:fxvazq...@arrakis.es
 | /)\c{} \\ http://www.arrakis.es/~fxvazquez/
 `-V__)_   \\ http://www.trasno.net

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe


Re: Traducción ao galego de Mozilla 1.4 RC2

2003-06-21 Conversa fxvazquez
O Viernes, 20 de Junio de 2003 21:12, Jacobo Tarrio escribiu:
  Costumismo galego en tres actos e epílogo.

  -- ¿Oiches, Pepe?...
  -- ¿Que pasa, Manuel?
  -- Que xa saíu a traducción ao galego de Mozilla 1.4 RC2.

Boas novas, si señor.

  -- Ho, pois non che sei eu, ¿eh? Eu vou baixalo o antes que poida.
  -- Ah, ¿pero ti tés Internet dese?
  -- Si, truquei o TRAC cunha pouca bosta da Marela, e...

Ese phreaking debe ser delito (ecoloxico).

  -- Iso, iso, merda para a Telefónica.

 Corenta e oito horas máis tarde...

Moi optimistas me parecen esas 24h. E da pasta que lle debe estar 
costando ó individuo este non che digo nada.

  -- Ai, que bonito. Ata me dan ganas de lle mandar algo ao traductor,
 e todo.
  -- Nada, non lle mandes nada, que é parvo e traballa gratis, ese
 Jacobo.

Vaia, ¿e agora que fago co pata negra?. ¡Maldita sexa!. Vouno ter que 
papar eu facendo un esforzo.

Veña, un saudo.
-- 
   ()   \\ Fco. Xosé Vázquez Grandal
 ^ (o_   \\ mailto:fxvazq...@arrakis.es
 | /)\c{} \\ http://www.arrakis.es/~fxvazquez/
 `-V__)_   \\ http://www.trasno.net

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe


Re: Mozilla 1.3

2003-03-15 Conversa fxvazquez
O Sábado, 15 de Marzo de 2003 16:08, Jacobo Tarrio escribiu:
JT  Acabo de publica-la traducción de Mozilla 1.3. Está dispoñible en
JT http://trasno.net/mozilla/
JT

Eres un idolo de masas. Gracias

-- 
   ()   \\ Fco. Xosé Vázquez Grandal
 ^ (o_   \\ mailto:fxvazq...@arrakis.es
 | /)\c{} \\ http://www.arrakis.es/~fxvazquez/
 `-V__)_   \\ http://www.trasno.net

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe