Re: [Difusión] Trasnada 12.0

2012-05-06 Conversa kaptan
Eu podo botar unha man na difusión aquí por Coruña, ademais de que vivo 
a 200m do centro Ágora e se vos fai falla calquera cousa podedes avisar. 
O malo e que véñenme agora os exames finais e case non teño tempo para nada.


Saúdos.

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [Difusión] Trasnada 12.0

2012-05-06 Conversa kaptan
Outra cousa, acabo de botarlle unha ollada na wiki 
(http://wiki.trasno.net/Trasnada_12.0#Como_chegar.3F ) e a ligazón a 
Google maps está mal (IES Agra do Orzán??), e a situación que fai o Open 
Street Map do Centro tamén está mal. Mellor fiarse do mapa fornecido 
pola web da Coruña.

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Entrevista interesante

2012-02-28 Conversa kaptan

Ola
Home eu non son ningún lingüista pero que eu saiba os pronomes que van 
precedidos por algúns adverbios débense colocar antes do verbo (amais de 
que pois ben encárganse de escorrentar non soa me soa moi ben...)


Por certo, xa que estamos de off topic, quería comentar algo que me 
sorprendeu, e que hoxe aprendín que pederasta é o mesmo que homosexual:

http://www.edu.xunta.es/diccionarios/BuscaTermo.jsp (buscar pederasta)
http://www.digalego.com/diccionario/Html/indexGET.php?op=verbuscado=pederastiaopcion=entrada

Saúdos.

En 28/02/12 12:14, damufo escribiu:

Boas:
Cada vez atópome máis con este tipo de erros:
pois ben [se] encargan de escorrentar
cando tería que ser encárganse.

Non é por ser pesimista pero parece que a tendencia é falar español co 
léxico en galego.
Isto sumado ao uso do 'i' (conxunción) no canto do fermoso 'e' son 
cousas que non acabo de entender.





En 2012/02/27 17:01, Leandro Regueiro escribiu:

Mirar a última pregunta:
http://praza.com/cultura/239/nos-conflitos-linguisticos-sempre-ten-vantaxe-a-lingua-que-se-asocia-a-innovacion-social/ 



Deica
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Entrevista interesante

2012-02-28 Conversa kaptan

En 28/02/12 12:51, Leandro Regueiro escribiu:

A min tamén me soa fatal. Que conste que tamén emprego «encárganse»,
pero noutro tipo de frases.
Claro, tanto colocalo sempre pegado o verbo (galeguismo) como 
precedendo sempre (castelanismo), está mal, o normal e que vaia pegado, 
pero hai numerosas excepcións (como a indicada por damufo, que está ben 
na entrevista) e para iso hai unhas regras ( 
https://gl.wikipedia.org/wiki/Colocaci%C3%B3n_do_pronome_%C3%A1tono_en_galego 
)



Non sabía eu que fora así.

Pois xa ves, a min paréceme ata homófobo dicir que pederasta e 
homosexual veñen sendo o mesmo... Na RAE iso non sae así, e a verdade 
non sei de onde o sacaron.


Deica.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: COLABORAR TRADUCINDO

2012-01-12 Conversa kaptan

Ola Susana,
perdoade pola intrusión, pero xa que estás empezando, recoméndoche estas 
presentacións dun curso que fixeron en 2010 sobre tradución de 
aplicativos e que trata moitos temas e pódeche ser de axuda, están 
dispoñibles para descargar en pdf e odp. Ademáis da wiki que xa 
nomearon, por suposto.
A ligazón: 
http://wiki.mancomun.org/index.php/Curso_de_traduci%C3%B3n_ao_galego_de_aplicativos_inform%C3%A1ticos_libres


Un saúdo.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Localización das páxinas Man

2011-09-25 Conversa Kaptan
 Admito que non o lin todo, pero só co primeiro que escribes entendo
 que suxires que as páxinas “man” son algo centralizado, cando cada
 aplicativo, ata onde eu sei, inclúe as súas propias páxinas “man”. Ou
 sexa, que realmente pode que algunhas páxinas “man” dalgúns
 aplicativos en concreto si que estean en galego, e as doutros
 aplicativos non.

 Xa sei que as páxinas man pertencen a cadanseu aplicativo, por iso me
referería a un conxunto global, ós que aporta GNU amais das que veñen
estandarizadas en todas as distribucións. Por exemplo, cd, ls, grep e
moitos comandos polo estilo veñen senón en todas, en case todas as
distribucións, como dis, coreutils e compañía (creo que son as seccións 1,
2, 7 e 8 as que veñen por defecto).
Falei disto porque pensei que sería algo máis centralizado, quero dicir, que
non habería que ir programa por programa senón que sería algo tipo launchpad
que alí estiveran as básicas e dende alí se traduciran e facer un paquete
global.
Vexo que hai un equipo de Trasno alí (
http://translationproject.org/team/gl.html) pero que non é que ande moi
actualizado, pois nun futuro a ver se me podo involucrar con isto, senón é
moi engorroso.

Non me entendades mal, non digo que non se deban traducir senón que eu,
 persoalmente, prefiro adicar o meu tempo de lecer na tradución de
 proxectos nas interfaces que os usuarios medios poidan empregar a cotío.

 Comprendo, pero é que a min me parecen algo tan básico que me gustaría
velas traducidas, pero evidentemente que é mellor traducir antes interfaces
de cara ó usurio final.

Un saúdo e gracias pola vosa atención.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Localización das páxinas Man

2011-09-24 Conversa Kaptan
Boas a todos,
Antes de nada preséntome: chámome Aníbal e estou estudando na UDC, e
cheguei aquí pois para seguir de cerca este gran proxecto que é
Trasno.

A miña pregunta/proposta é sobre as páxinas man, que como saberedes é
algo básico de todos os sistemas Unix, e ata onde sei non teñen
traducións ó galego. Así mesmo, as páxinas man teñen tradución ó
castelán, pero aínda así non ó 100% nin moito menos, e algunhas
traducións xa están obsoletas.
Por iso creo que estaría moi ben poder traducilas, polo menos as
básicas que veñen en case todos os sitemas GNU/Linux (isto é un punto
a favor, tradúcense unha vez e xa serven para todos os sistemas,
ademais de que poucas veces se modifican). Para min son un apoio
básico do sistema, que emprego moitas veces e apréndese moito delas.
Por outra parte, cando alguén se inicia neste SOs e lle dis que busque
nas páxinas man, pouco pode facer senón entende o inglés, amais de que
hoxe en día cada vez a xente le menos e quere todo feito, senón se
entende pois apaga e vámonos.
O que non sei ben é dende onde se traducen, andiven mirando algo pero
agora que a páxina web do kernel está caída, pois non encontrei moito
(http://www.kernel.org/doc/man-pages/).
Non sei se este tema xa se falou por aquí, pero como non encontrei
nada ó respecto...
Eu actualmente non dispoño de tempo para poñerme a traducir (amais de
que non entendo gran cousa do inglés, que é máis importante), así que
é proposta xeral por se alguén estivera interesado. Igual no futuro
podería axudar, pero de momento xa teño bastante traballo.

Tamén aproveito para darvos as gracias a todos os que compoñedes
Trasno e adicades o voso tempo en prol do espallamento, e á vez
achegamento, da nosa querida fala.

Saúdos a todos e unha aperta.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto