Ola
Home eu non son ningún lingüista pero que eu saiba os pronomes que van precedidos por algúns adverbios débense colocar antes do verbo (amais de que "pois ben encárganse de escorrentar" non soa me soa moi ben...)

Por certo, xa que estamos de off topic, quería comentar algo que me sorprendeu, e que hoxe aprendín que pederasta é o mesmo que homosexual:
http://www.edu.xunta.es/diccionarios/BuscaTermo.jsp (buscar pederasta)
http://www.digalego.com/diccionario/Html/indexGET.php?op=ver&buscado=pederastia&opcion=entrada

Saúdos.

En 28/02/12 12:14, damufo escribiu:
Boas:
Cada vez atópome máis con este tipo de erros:
"pois ben [se] encargan de escorrentar"
cando tería que ser "encárganse".

Non é por ser pesimista pero parece que a tendencia é falar español co léxico en galego. Isto sumado ao uso do 'i' (conxunción) no canto do fermoso 'e' son cousas que non acabo de entender.




En 2012/02/27 17:01, Leandro Regueiro escribiu:
Mirar a última pregunta:
http://praza.com/cultura/239/nos-conflitos-linguisticos-sempre-ten-vantaxe-a-lingua-que-se-asocia-a-innovacion-social/

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a