Boas a todos,
Antes de nada preséntome: chámome Aníbal e estou estudando na UDC, e
cheguei aquí pois para seguir de cerca este gran proxecto que é
Trasno.

A miña pregunta/proposta é sobre as páxinas man, que como saberedes é
algo básico de todos os sistemas Unix, e ata onde sei non teñen
traducións ó galego. Así mesmo, as páxinas man teñen tradución ó
castelán, pero aínda así non ó 100% nin moito menos, e algunhas
traducións xa están obsoletas.
Por iso creo que estaría moi ben poder traducilas, polo menos as
básicas que veñen en case todos os sitemas GNU/Linux (isto é un punto
a favor, tradúcense unha vez e xa serven para todos os sistemas,
ademais de que poucas veces se modifican). Para min son un apoio
básico do sistema, que emprego moitas veces e apréndese moito delas.
Por outra parte, cando alguén se inicia neste SOs e lle dis que busque
nas páxinas man, pouco pode facer senón entende o inglés, amais de que
hoxe en día cada vez a xente le menos e quere todo feito, senón se
entende pois apaga e vámonos.
O que non sei ben é dende onde se traducen, andiven mirando algo pero
agora que a páxina web do kernel está caída, pois non encontrei moito
(http://www.kernel.org/doc/man-pages/).
Non sei se este tema xa se falou por aquí, pero como non encontrei
nada ó respecto...
Eu actualmente non dispoño de tempo para poñerme a traducir (amais de
que non entendo gran cousa do inglés, que é máis importante), así que
é proposta xeral por se alguén estivera interesado. Igual no futuro
podería axudar, pero de momento xa teño bastante traballo.

Tamén aproveito para darvos as gracias a todos os que compoñedes
Trasno e adicades o voso tempo en prol do espallamento, e á vez
achegamento, da nosa querida fala.

Saúdos a todos e unha aperta.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a