> Admito que non o lin todo, pero só co primeiro que escribes entendo > que suxires que as páxinas “man” son algo centralizado, cando cada > aplicativo, ata onde eu sei, inclúe as súas propias páxinas “man”. Ou > sexa, que realmente pode que algunhas páxinas “man” dalgúns > aplicativos en concreto si que estean en galego, e as doutros > aplicativos non. > > Xa sei que as páxinas man pertencen a cadanseu aplicativo, por iso me referería a un conxunto global, ós que aporta GNU amais das que veñen "estandarizadas" en todas as distribucións. Por exemplo, cd, ls, grep e moitos comandos polo estilo veñen senón en todas, en case todas as distribucións, como dis, coreutils e compañía (creo que son as seccións 1, 2, 7 e 8 as que veñen por defecto). Falei disto porque pensei que sería algo máis centralizado, quero dicir, que non habería que ir programa por programa senón que sería algo tipo launchpad que alí estiveran as básicas e dende alí se traduciran e facer un paquete global. Vexo que hai un equipo de Trasno alí ( http://translationproject.org/team/gl.html) pero que non é que ande moi actualizado, pois nun futuro a ver se me podo involucrar con isto, senón é moi engorroso.
Non me entendades mal, non digo que non se deban traducir senón que eu, > persoalmente, prefiro adicar o meu tempo de lecer na tradución de > proxectos nas interfaces que os usuarios medios poidan empregar a cotío. > > Comprendo, pero é que a min me parecen algo tan básico que me gustaría velas traducidas, pero evidentemente que é mellor traducir antes interfaces de cara ó usurio final. Un saúdo e gracias pola vosa atención.
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

