Re: [KDE] Volto a porme con kde

2008-03-06 Conversa Manuel A Vazquez
Ola a todos:
Eu estou, a modiño, con kdeedu na versión 4.1, pero se teño que facer tamén a 
4.0, pois máis lentamente avanzarei.
Un saúdo a todos
 
Manuel A Vázquez
xixi...@yahoo.es






   
__ 
¿Con Mascota por primera vez? Sé un mejor Amigo. Entra en Yahoo! Respuestas 
http://es.answers.yahoo.com/info/welcome

Re: [KDE] Volto a porme con kde

2008-02-19 Conversa Miguel Branco
Boa aclaración. Gracias. 

 Non fixo falla: stable/l10n-kde4 é para 4.0 e trunk/l10n-kde4 para 4.1



Re: [KDE] Volto a porme con kde

2008-02-18 Conversa mvillarino
O Venres, 15 de Febreiro de 2008, Miguel Branco escribiu:
On Monday, 18 de February de 2008, you wrote:
 Eu supoño que non cambiarei e hei de adicarme case en exclusiva a Koffice.
 Con que eu ande niso contade seguro. Inda que poida que lle meta man á PIM
 pero nese caso hei de avisar antes.

Vale, non entrarei en koffice E deixarei pim tamén por agora.
Polo que se refire ás versións, houbo na lista kde-i18n unha discusión aló 
atrás respeito deste temas, pero non lembro como acabou a cousa. 
Perguntareille antes a aacid a ver de onde se obteñen os pot de 4.1

 PD. eu xa vivo habitualmente no 4.0.x e a tradución ó galego, onde a hai,
 está bastante ben. Congratulations pra todos. Só mencionar que no Konqueror
 é un pouco confuso ver 'páxina' e 'fiestra' cando se refiren
 respectivamente a 'pestana' e 'ventá/fiestra...'.
O de tab-páxina foi cousa miña, mais non recordo teño usado 
para window/dialog.
O motivo desta escolla é que ven moi á mao para os diálogos de configuración, 
nos que a protuberancia pola que se escolle unha tab non está na forma 
típica (como en konqueror/firefox/ie7/safari), senón nun caixón ao lado, sen 
conexón física (ver kontact/kmymoney). Programaticamente non 
son tabwidgets, como se lles chama no designer, pero funcionalmente son moi 
semellantes e así mataba dous paxaros dun tiro.
Porén, claro, ao referirse á tab como Páxina, cando hai que falar da tab 
e do seu contido, e ambas as cousas son páxinas, como nun navegador, pois 
enfollónase a cousa.

Persoalmente, a opción tab-separador non me gosta, prefiro reservar esa 
verba para unhas barras horiz/vert que separan áreas dentro da área de 
traballo dunha fiestra, e que se poden arrastrar (muda o rato a un par de 
barras verticais cunhas frechas en sentidos opostos apontando ao exterior ao 
porse por riba deles.

Estou por usar a opción de IE: ficha.

-- 
Best regards
MV


signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.


Re: [KDE] Volto a porme con kde

2008-02-18 Conversa mvillarino
O Luns, 18 de Febreiro de 2008, mvillarino  escribiu:
On Monday, 18 de February de 2008, you wrote:
 Perguntareille antes a aacid a ver de onde se obteñen os pot de 4.1
Non fixo falla: stable/l10n-kde4 é para 4.0 e trunk/l10n-kde4 para 4.1

-- 
Best regards
MV


signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.


Re: [KDE] Volto a porme con kde

2008-02-15 Conversa Miguel Branco

Hehe, lichesme o pensamento. Eu de aki a finais de Maio heime dedicar o máis 
que poida a traducir. 

Eu supoño que non cambiarei e hei de adicarme case en exclusiva a Koffice.  
Con que eu ande niso contade seguro. Inda que poida que lle meta man á PIM 
pero nese caso hei de avisar antes. 

En canto ás versión, teño que comprobar como vai o sistema con máis detalle do 
que o coñezo pero entendo que o /trunk corresponde a 4.1 e que iso sería o 
desexable. A 4.0 era máis ben, como se dixo por aí, unha 'developer preview' 
e que o que incluirán as grandes cando saían será a versión + actual, é 
dicir, a 4.1. A que máis cedo sae e a miña amatisima opensuse e creo que será 
a única que se adianta á 4.1. 

PD. eu xa vivo habitualmente no 4.0.x e a tradución ó galego, onde a hai, está 
bastante ben. Congratulations pra todos. Só mencionar que no Konqueror é un 
pouco confuso ver 'páxina' e 'fiestra' cando se refiren respectivamente 
a 'pestana' e 'ventá/fiestra...'. 

 Pois iso, que vou voltar ás andadas con kde, así que me gostaría saber en
 que versión (4.0; 4.1) e módulos (koffice, kdepim,...) andades, por iso de
 non duplicar esforzos.