O Venres, 15 de Febreiro de 2008, Miguel Branco escribiu: On Monday, 18 de February de 2008, you wrote: > Eu supoño que non cambiarei e hei de adicarme case en exclusiva a Koffice. > Con que eu ande niso contade seguro. Inda que poida que lle meta man á PIM > pero nese caso hei de avisar antes.
Vale, non entrarei en koffice E deixarei pim tamén por agora. Polo que se refire ás versións, houbo na lista kde-i18n unha discusión aló atrás respeito deste temas, pero non lembro como acabou a cousa. Perguntareille antes a aacid a ver de onde se obteñen os pot de 4.1 > PD. eu xa vivo habitualmente no 4.0.x e a tradución ó galego, onde a hai, > está bastante ben. Congratulations pra todos. Só mencionar que no Konqueror > é un pouco confuso ver 'páxina' e 'fiestra' cando se refiren > respectivamente a 'pestana' e 'ventá/fiestra...'. O de "tab"->páxina foi cousa miña, mais non recordo teño usado para "window"/"dialog". O motivo desta escolla é que ven moi á mao para os diálogos de configuración, nos que a protuberancia pola que se escolle unha "tab" non está na forma típica (como en konqueror/firefox/ie7/safari), senón nun caixón ao lado, sen conexón física (ver kontact/kmymoney). Programaticamente non son "tabwidgets", como se lles chama no designer, pero funcionalmente son moi semellantes e así mataba dous paxaros dun tiro. Porén, claro, ao referirse á "tab" como "Páxina", cando hai que falar da "tab" e do seu contido, e ambas as cousas son páxinas, como nun navegador, pois enfollónase a cousa. Persoalmente, a opción tab->"separador" non me gosta, prefiro reservar esa verba para unhas barras horiz/vert que separan áreas dentro da área de traballo dunha fiestra, e que se poden arrastrar (muda o rato a un par de barras verticais cunhas frechas en sentidos opostos apontando ao exterior ao porse por riba deles. Estou por usar a opción de IE: ficha. -- Best regards MV
signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.

