Hehe, lichesme o pensamento. Eu de aki a finais de Maio heime dedicar o máis 
que poida a traducir. 

Eu supoño que non cambiarei e hei de adicarme case en exclusiva a Koffice.      
Con que eu ande niso contade seguro. Inda que poida que lle meta man á PIM 
pero nese caso hei de avisar antes. 

En canto ás versión, teño que comprobar como vai o sistema con máis detalle do 
que o coñezo pero entendo que o /trunk corresponde a 4.1 e que iso sería o 
desexable. A 4.0 era máis ben, como se dixo por aí, unha 'developer preview' 
e que o que incluirán as grandes cando saían será a versión + actual, é 
dicir, a 4.1. A que máis cedo sae e a miña amatisima opensuse e creo que será 
a única que se adianta á 4.1. 

PD. eu xa vivo habitualmente no 4.0.x e a tradución ó galego, onde a hai, está 
bastante ben. Congratulations pra todos. Só mencionar que no Konqueror é un 
pouco confuso ver 'páxina' e 'fiestra' cando se refiren respectivamente 
a 'pestana' e 'ventá/fiestra...'. 

> Pois iso, que vou voltar ás andadas con kde, así que me gostaría saber en
> que versión (4.0; 4.1) e módulos (koffice, kdepim,...) andades, por iso de
> non duplicar esforzos.

Responderlle a