Re: Traducción ao galego de Mozilla 1.4 RC2

2003-06-21 Conversa Xabi
Tes talento, vas pasar á historia coma o primer informático-literato 
;))

O Viernes, 20 de Junio de 2003 21:12, Jacobo Tarrio escribiu:
  Costumismo galego en tres actos e epílogo.

  -- ¿Oiches, Pepe?...
  -- ¿Que pasa, Manuel?
  -- Que xa saíu a traducción ao galego de Mozilla 1.4 RC2.
  -- ¡Arre demo! Ainda che apurou ben a facela.
  -- Se é que dende RC1 houbo poucos cambios.
  -- ¿E onde se pode baixar?
  -- En http://trasno.net/mozilla/ está, se a rede da universidade da Coruña
 non falla.
  -- Ho, pois non che sei eu, ¿eh? Eu vou baixalo o antes que poida.
  -- Ah, ¿pero ti tés Internet dese?
  -- Si, truquei o TRAC cunha pouca bosta da Marela, e...
  -- Iso, iso, merda para a Telefónica.

 Corenta e oito horas máis tarde...

  -- Que, ¿como vai, Pepe?
  -- Xa acaba mesmo de rematar.
  -- Si que vai rápido Internet hoxe... este mes, digo.
  -- É que a Marela dá moi boa bosta.

  -- Vale, vale, ¿e como se instala?
  -- Pois mira, arrinco o Mozilla identificado co usuario co que o instalei,
 e como xa estaba a usa-la traducción, cambio ao inglés, indo a Edit,
 Preferences, Appearance, Languages. Despois vou a
 http://trasno.net/mozilla/ e premo na ligazón correspondente á versión
 de Mozilla que teño instalada.
  -- Ei, que che di que instalar software pode ser perigoso.
  -- Nada, nada, non hai problema ningún. Doulle a Aceptar, e agardo a que
 remate. Despois pecho o Mozilla e volvo entrar, pero esta vez co meu
 usuario habitual.
  -- ¿E se fora o mesmo usuario?
  -- Tería que saír e volver entrar o mesmo. Ah, vou ao Edit, Preferences,
 Appearance, Languages, e aí ves, Galego. Selecciónoo, doulle a
 Aceptar e volvo saír do Mozilla.
  -- ¿Saír outra vez?
  -- Si. Isto hai que reinicialo case máis veces có Windows. Ben, agora
 arrinco... e xa está. En galego, como ten que ser.

  -- Ai, que bonito. Ata me dan ganas de lle mandar algo ao traductor, e
 todo.
  -- Nada, non lle mandes nada, que é parvo e traballa gratis, ese Jacobo.

pgp35sJDcHx02.pgp
Description: signature

Re: Traducción ao galego de Mozilla 1.4 RC2

2003-06-21 Conversa fxvazquez
O Viernes, 20 de Junio de 2003 21:12, Jacobo Tarrio escribiu:
  Costumismo galego en tres actos e epílogo.

  -- ¿Oiches, Pepe?...
  -- ¿Que pasa, Manuel?
  -- Que xa saíu a traducción ao galego de Mozilla 1.4 RC2.

Boas novas, si señor.

  -- Ho, pois non che sei eu, ¿eh? Eu vou baixalo o antes que poida.
  -- Ah, ¿pero ti tés Internet dese?
  -- Si, truquei o TRAC cunha pouca bosta da Marela, e...

Ese phreaking debe ser delito (ecoloxico).

  -- Iso, iso, merda para a Telefónica.

 Corenta e oito horas máis tarde...

Moi optimistas me parecen esas 24h. E da pasta que lle debe estar 
costando ó individuo este non che digo nada.

  -- Ai, que bonito. Ata me dan ganas de lle mandar algo ao traductor,
 e todo.
  -- Nada, non lle mandes nada, que é parvo e traballa gratis, ese
 Jacobo.

Vaia, ¿e agora que fago co pata negra?. ¡Maldita sexa!. Vouno ter que 
papar eu facendo un esforzo.

Veña, un saudo.
-- 
   ()   \\ Fco. Xosé Vázquez Grandal
 ^ (o_   \\ mailto:fxvazq...@arrakis.es
 | /)\c{} \\ http://www.arrakis.es/~fxvazquez/
 `-V__)_   \\ http://www.trasno.net

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Traducción ao galego de Mozilla 1.4 RC2

2003-06-20 Conversa Jacobo Tarrio
 Costumismo galego en tres actos e epílogo.

 -- ¿Oiches, Pepe?...
 -- ¿Que pasa, Manuel?
 -- Que xa saíu a traducción ao galego de Mozilla 1.4 RC2.
 -- ¡Arre demo! Ainda che apurou ben a facela.
 -- Se é que dende RC1 houbo poucos cambios.
 -- ¿E onde se pode baixar?
 -- En http://trasno.net/mozilla/ está, se a rede da universidade da Coruña
non falla.
 -- Ho, pois non che sei eu, ¿eh? Eu vou baixalo o antes que poida.
 -- Ah, ¿pero ti tés Internet dese?
 -- Si, truquei o TRAC cunha pouca bosta da Marela, e...
 -- Iso, iso, merda para a Telefónica.

Corenta e oito horas máis tarde...

 -- Que, ¿como vai, Pepe?
 -- Xa acaba mesmo de rematar.
 -- Si que vai rápido Internet hoxe... este mes, digo.
 -- É que a Marela dá moi boa bosta.

 -- Vale, vale, ¿e como se instala?
 -- Pois mira, arrinco o Mozilla identificado co usuario co que o instalei,
e como xa estaba a usa-la traducción, cambio ao inglés, indo a Edit,
Preferences, Appearance, Languages. Despois vou a
http://trasno.net/mozilla/ e premo na ligazón correspondente á versión
de Mozilla que teño instalada.
 -- Ei, que che di que instalar software pode ser perigoso.
 -- Nada, nada, non hai problema ningún. Doulle a Aceptar, e agardo a que
remate. Despois pecho o Mozilla e volvo entrar, pero esta vez co meu
usuario habitual.
 -- ¿E se fora o mesmo usuario?
 -- Tería que saír e volver entrar o mesmo. Ah, vou ao Edit, Preferences,
Appearance, Languages, e aí ves, Galego. Selecciónoo, doulle a Aceptar
e volvo saír do Mozilla.
 -- ¿Saír outra vez?
 -- Si. Isto hai que reinicialo case máis veces có Windows. Ben, agora
arrinco... e xa está. En galego, como ten que ser.

 -- Ai, que bonito. Ata me dan ganas de lle mandar algo ao traductor, e
todo.
 -- Nada, non lle mandes nada, que é parvo e traballa gratis, ese Jacobo.

-- 

   Tarrío
(Compostela)