Re: [roberto.aba...@galego21.org: [galego21] ¿Que casualidade?

2000-09-20 Conversa Francisco Xosé Vázquez Grandal
  Creo que non falamos do mesmo, eu refirome a que facer un logo leva
  tempo :), a min esa cousa que mandei levoume bastante máis de 2 dias.

Roberto Suarez Soto wrote:

 Home, pero ten en conta que os que van ir á Arroutada son
 profesionais ;-)

Santiago Garcia Mantinan wrote: 

Ah! logo o de a Arroutada non parece que vaia a ser o sitio perfecto xa que
a cousa vai durar mais ven pouco, pero inda así... eu sei de xente que os
fai nuns minutos eh! ;-)

¡Canta razon tedes!. Un, que non sabe moito destas cousas, pensou que a
xente levaba as cousas feitas de antes e que o unico que facia na party
era troulear e preparar os concursos Fast(oquesexa). Non pensei que
poidera alquen porse a facer un debuxo algo complexo na party, ainda
sendo profesionais. ;-D

Saudos ;-)

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Re: [roberto.aba...@galego21.org: [galego21] ¿Que casualidade?

2000-09-19 Conversa Francisco Xosé Vázquez Grandal
Santiago Garcia Mantinan wrote:
 
  A idea eu creo que é boa, pero ¿podese facer?. Ese concurso haberia que
  convocalo antes, esas cousas levan tempo. E outra cousa é como poderia
 
 Levan un día ou dous.

Creo que non falamos do mesmo, eu refirome a que facer un logo leva
tempo :), a min esa cousa que mandei levoume bastante máis de 2 dias.

 A ver, e que non vexo nin por que hai que dar un premio, a xente pode facelo
 porque si, coma o logo de debian ou similares, e se non, o premio, unha
 potato ou unha woody a escoller e listo!
 
Paréceme perfecto, sodes vos os que sabedes os incentivos que hai que
dar para que a xente participe.

Saudos ;-)

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Re: [roberto.aba...@galego21.org: [galego21] ¿Que casualidade?

2000-09-19 Conversa Santiago Garcia Mantinan
 Creo que non falamos do mesmo, eu refirome a que facer un logo leva
 tempo :), a min esa cousa que mandei levoume bastante máis de 2 dias.

Ah! logo o de a Arroutada non parece que vaia a ser o sitio perfecto xa que
a cousa vai durar mais ven pouco, pero inda así... eu sei de xente que os
fai nuns minutos eh! ;-)

 Paréceme perfecto, sodes vos os que sabedes os incentivos que hai que
 dar para que a xente participe.

Nin idea, hainos matados coma min, que traballo polo amor ó arte e outros
que necesitan millóns :-(

Saudos!
-- 
Manty/BestiaTester - http://manty.net

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Re: [roberto.aba...@galego21.org: [galego21] ¿Que casualidade?

2000-09-19 Conversa Roberto Suarez Soto
El día 18/Sep/2000, Francisco Xosé Vázquez Grandal escribía:

 Creo que non falamos do mesmo, eu refirome a que facer un logo leva
 tempo :), a min esa cousa que mandei levoume bastante máis de 2 dias.

Home, pero ten en conta que os que van ir á Arroutada son
profesionais ;-)

-- 
 Roberto Suarez Soto  ·  If it doesn't work, force it.
   ask...@gpul.org·If it breaks, it needed replacing anyway.
  Corgo/Lugo/Galicia/Spain·

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Re: [roberto.aba...@galego21.org: [galego21] ¿Que casualidade?

2000-09-18 Conversa Sergio Rua
Boas!

El día 17/Sep/2000, Roberto Suarez Soto escribía:

   Na Arroutada Party sempre hai concursos de gráficos. GPUL (ou Trasno,
 ou GPUL/Trasno, ou Trasno/GPUL %-)) poderia patrocinar un concurso para o

Comenteino e o próximo sábada, na reunión da organización, imos
debatir se é posible facelo.

Saludos!

 .  Arroutada Party Team-http://www.arroutada.org
 `===.ergio Rua  GPUL-CLUG Member-http://www.gpul.org
 '   srua@[debian.org|gpul.org|iname.com]

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Re: [roberto.aba...@galego21.org: [galego21] ¿Que casualidade?

2000-09-18 Conversa Roberto Suarez Soto
El día 17/Sep/2000, Santiago Garcia Mantinan escribía:

 A ver, e que non vexo nin por que hai que dar un premio, a xente pode facelo
 porque si, coma o logo de debian ou similares, e se non, o premio, unha
 potato ou unha woody a escoller e listo!

Ah, perfecto. Eu só dicía o do premio por iso de darlle un pouco máis
de incentivo á cousa :-)

-- 
  Roberto Suarez Soto  ·How long,
ask...@gpul.org·How long can this go on?
   Corgo/Lugo/Galicia/Spain·

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Re: [roberto.aba...@galego21.org: [galego21] ¿Que casualidade?

2000-09-18 Conversa Santiago Garcia Mantinan
 A idea eu creo que é boa, pero ¿podese facer?. Ese concurso haberia que
 convocalo antes, esas cousas levan tempo. E outra cousa é como poderia

Levan un día ou dous.

 patrocinalo Trasno, esto é un proxecto, non unha asociación formal e non
 se dispon dos recursos (monetarios supoño) precisos. E tampouco creo eu
 que debera patrocinalo gpul, ó fin e ó cabo eles non teñen culpa.

A ver, e que non vexo nin por que hai que dar un premio, a xente pode facelo
porque si, coma o logo de debian ou similares, e se non, o premio, unha
potato ou unha woody a escoller e listo!

Saudos!
-- 
Manty/BestiaTester - http://manty.net

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Re: [roberto.aba...@galego21.org: [galego21] Que casualidade]

2000-09-17 Conversa Santiago Garcia Mantinan
   Haberá que avisarlle de que existimos... e algún día de estes
 habería que facer oficial a páxina.  ¿Alguén sabe se é factible que os de
 Vieiros poñan unha noticia sobre isto?

Home, se queren facer algunha reunión de xente que faga soft en galego igual
na Arroutada Party non estaba mal. Lles dicimos algo ou será moi cedo a
Arroutada para esto (19, 20 e 21 de Outubro)?

Saudiños!
-- 
Manty/BestiaTester - http://manty.net

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Re: [roberto.aba...@galego21.org: [galego21] ¿Que casualidade?

2000-09-17 Conversa Roberto Suarez Soto
El día 17/Sep/2000, Francisco Xosé Vázquez Grandal escribía:

 No tema do logo creo que habería que saber se alguen esta a facer algo
 ou ten pensado facelo a curto plazo. Tamen se pode facer pública a
 páxina sen o logo e poida que alguen de fora se animara a facer un. Esto
 último poida que nos aumetara o número de candidatos o que sería boa
 cousa.

Tamén poderiamos facer outra cousa:

Na Arroutada Party sempre hai concursos de gráficos. GPUL (ou Trasno,
ou GPUL/Trasno, ou Trasno/GPUL %-)) poderia patrocinar un concurso para o
logo. Nestas parties hai moi bos grafistas, e seguro que os resultados que
acadábamos eran bastante bos :-) ¿Parécevos ben?

-- 
  Roberto Suarez Soto  ·My yellow in this case is not so mellow
ask...@gpul.org·   In fact I'm trying to say
   Corgo/Lugo/Galicia/Spain·It's frightened like me

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Re: [roberto.aba...@galego21.org: [galego21] ¿Que casualidade?

2000-09-17 Conversa Francisco Xosé Vázquez Grandal
Roberto Suarez Soto wrote:
 
 Tamén poderiamos facer outra cousa:
 
 Na Arroutada Party sempre hai concursos de gráficos. GPUL (ou Trasno,
 ou GPUL/Trasno, ou Trasno/GPUL %-)) poderia patrocinar un concurso para o
 logo. Nestas parties hai moi bos grafistas, e seguro que os resultados que
 acadábamos eran bastante bos :-) ¿Parécevos ben?

A idea eu creo que é boa, pero ¿podese facer?. Ese concurso haberia que
convocalo antes, esas cousas levan tempo. E outra cousa é como poderia
patrocinalo Trasno, esto é un proxecto, non unha asociación formal e non
se dispon dos recursos (monetarios supoño) precisos. E tampouco creo eu
que debera patrocinalo gpul, ó fin e ó cabo eles non teñen culpa.
Entendeseme? un, dous, tres, probando.

Ben, saudos a todos. ;-)

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Re: [roberto.aba...@galego21.org: [galego21] ¿Que casualidade?

2000-09-16 Conversa Francisco Xosé Vázquez Grandal
Jesus Bravo Alvarez wrote:
 
 Ola,
 
 Ben, aquí temos un exemplo de xente que fala de GNU/Linux pero que
 non semella usalo demasiado. :)))

De calquera xeito estaria ben que o concello da meirande cidade de
Galicia usara Linux. 
 
 Haberá que avisarlle de que existimos... e algún día de estes
 habería que facer oficial a páxina.  ¿Alguén sabe se é factible que os de
 Vieiros poñan unha noticia sobre isto?
 
Como queira que sexa a esta xente hai que decirlle algo, non vaia ser
que se poñan a traducir cousas que xa estan (Ainda que calquera
distribución xa trae cousas en galego e deberan intuir que algo as
traduce). 

¿Que plans tiñades para sacar á luz á páxina, refirome á data?

Saudos xentiña.

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Re: [roberto.aba...@galego21.org: [galego21] ¿Que casualidade?

2000-09-16 Conversa Jesus Bravo Alvarez
Fri, Sep 15, 2000 at 11:55:46PM +0200, Francisco Xosé Vázquez Grandal escribió:

 Ben, aquí temos un exemplo de xente que fala de GNU/Linux pero que
 non semella usalo demasiado. :)))

De calquera xeito estaria ben que o concello da meirande cidade de
Galicia usara Linux. 

Si, si... Referíame a que está a pensar en traducir Linux sen saber
sequera que xa hai cousas traducidas (por iso digo que non o usa moito) :)

Sen dúbida o desexable é iso, que as institucións empecen a usar
software libre para diminuír gastos. ¿Pensarían no que se aforrarían
poñendo Linux nas aulas de informática das escolas?

Como queira que sexa a esta xente hai que decirlle algo, non vaia ser
que se poñan a traducir cousas que xa estan (Ainda que calquera

Xa lle avisou Manuel de que existimos.

distribución xa trae cousas en galego e deberan intuir que algo as
traduce). 

Si... Iso sen ter en conta que xa aparecemos en:

http://www2.iro.umontreal.ca/~pinard/po/registry.cgi?team=index
http://developer.gnome.org/projects/gtp/teams.html
http://i18n.kde.org/teams/

E antes ou despois atoparíano. :)

¿Que plans tiñades para sacar á luz á páxina, refirome á data?

Pois realmente non che sei. :DDD  En principio non había présa (xa
levamos 8 meses coas páxinas enriba X-D).  Quizais non sexa necesario
agardar a que escollamos o logo (por certo, tamén deberiamos poñer prazos
para a votación do logo). ¿Ideas?

-- 
 _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

[roberto.aba...@galego21.org: [galego21] Que casualidade]

2000-09-15 Conversa Jesus Bravo Alvarez
Ola,

Ben, aquí temos un exemplo de xente que fala de GNU/Linux pero que
non semella usalo demasiado. :)))

Haberá que avisarlle de que existimos... e algún día de estes
habería que facer oficial a páxina.  ¿Alguén sabe se é factible que os de
Vieiros poñan unha noticia sobre isto?

-- 
 _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
---BeginMessage---
-- eGroups Sponsor -~-~
eLerts
It's Easy. It's Fun. Best of All, it's Free!
http://click.egroups.com/1/9068/6/_/_/_/969037219/
-_-

Ola,

Esta mensaxe chegou á rolda de GALICIA-L. Decatádevos da casualidade de que
o proxecto 1 pareza o Xis e o 2 ao TRASNO.

Agora, estou seguro que Miñoca nos coñece ¿Que facemos con isto?

Saúdos
Roberto

- Original Message -
From: Miñoca minh...@wanadoo.es
To: galici...@listserv.rediris.es
Sent: Friday, September 15, 2000 12:29 PM
Subject: [GALICIA] Solicito axuda en proxectos informaticos-linguisticos

 Esta mensaxe vai ser recibida por moita xente. Prego ós receptores que
 lle deades o máximo pulo, por ver se os dous proxectos de que tratan
 poden chegar a bo porto.

 Dende a Concellería de Normalización Lingüística, do Concello de Vigo,
 formouse unha Comisión Cidadá de Normalización Linguística, dependente
 do Servicio de N.L.

 Nesa Comisión están representadas asociacións en defensa da nosa lingua,
 partidos políticos, ... e tivemos a última xuntanza este xoves, día 14
 de setembro, na que, entre outras cousas, se deu lectura a unha serie de
 proxectos apresentados por A Mesa, Nais e Pais polo Ensino en Galego e
 Ciberirmandade da Fala.

 De entre os proxectos da Ciberirmandade da Fala destacan dous, dos que
 falarei de seguido. Tales proxectos SUPERAN os coñecementos e
 posibilidades da Comisión Cidadá, polo que se autorizou a formación
 dunha Comisión de Traballo de Informática, que está por ver se se pode
 constituir, dependendo do voluntarismo que haxa en levalos adiante, polo
 que neste correo se solicita xente con coñecementos disposta a perder
 tempo, e tamén, aportación de ideas.

 Para que a normalización da nosa lingua sexa un feito, é necesario que
 estea presente en tódolos eidos da vida. Entre eles, a informática. Máis
 se temos en conta que a maioría dos usuarios (e curiosos) de tales
 aparellos son mozos e mozas, precisamente o grupo de xente onde pior vai
 a nosa lingua. Entón, sería moi interesante ofrecerlle á cidadanía
 ferramentas informáticas na nosa língua.

 Os proxectos defendidos pola Ciberirmandade da Fala, en representación
 da que estou a falar, son os seguintes:

 1) CERTAME DE PROGRAMACIÓN EN GALEGO

 Existe, dun xeito illado, software en galego. Seria interesante xuntalo
 todo e ofrecerllo á cidadanía.

 Proposta: convocatoria dun Certame de Programación en Galego, no que
 os programadores, empresas e institucións achegaran os seus traballos,
 tanto de uso libre como shareware (software que pode ser probado antes
 de mercalo). Co material recompilado poderíase editar un CD-ROM que
 sería distribuído empregando as canles dalgún medio de comunicación, ven
 gratuitamente, ven cun sobreprezo pequeno. Nese mesmo CD-ROM, poderíase
 engadir recursos galegos de internet, como sería unha recompilación de
 páxinas webs que estean na nosa lingua, e tamén canto material
 linguistico puderamos engadir.

 O custo da estampación dun CD-ROM pode estar (estimacións persoais)
 entre 80-100 ptas., polo que sería moi doado cubrir gastos cun pequeno
 sobreprezo.

 2) Proxecto GNU/LINUX en Galego

 O concello está obrigado a contar cuns gastos para poder usar certo
 software propietario, como os sistemas Windows 9X/NT, aplicacións de
 ofimática (Microsoft Officce, Lotus, WordPerfect, ...). Descoñecemos o
 importe, máis de seguro que é unha cantidade significativa anual, máis
 se temos en conta que de cando en vez, hai que actualizar o software.

 Por contra, existe software libre que o concello podería empregar sen
 ter que mercar licencias, software dun alto rendemento e estabilidade,
 superando, na maioría dos casos a aplicacións e sistemas operativos
 comerciais de uso maioritario, como é o Windows 9X/NT e as aplicacións
 de ofimática tipo Microsoft Officce.

 Concretamente, temos o caso do Linux, sistema operativo que conta con
 millóns de usuarios e centos de miles de persoas que traballan en equipo
 para facelo cada día mellor, e unha numerosa cota de aplicacións tipo
 ofimática. A grande vantaxe deste software é que é de uso libre, e o
 código fonte é tamén público.

 Proposta: que o Concello de Vigo, só ou en colaboración con outras
 administracións locais (xa que a Xunta non está por esta laboura) e/ou
 en concordancia con entes privados, formen unha equipa de persoas que
 traballen pola galeguización do Linux e aplicacións correspondentes. En
 calquera caso, os gastos serían rapidamente rendibles, pois nunca máis o
 
RE: [roberto.aba...@galego21.org: [galego21] Que casualidade]

2000-09-15 Conversa Dinaweb Networks www.dinaweb.com
ola a todos,
pensabamos sacar en u-lo.com un especial linux, si queredes avisadenos.

eiqui vai o dossier,
por suposto estades tod@s invitados, a presentación a faremos Curras (Miguel
de Lira) i eu.

unha apreta

 Dinaweb Networks a consultora estratéxica de Internet lider en Galicia
presenta:

¿U-lo! www.u-lo.com O Portal Galego de Internet

¿U-lo! preséntase como a porta de Internet aberta a tódol@s galeg@s onde
queira que estean.

¿U-lo! é:

Buscador
Novas
E-mail
Sms
Foros
Listas de Discusión
Taboleiros
Axenda
Tempo
Trafico
Buscador Software
Música galega Mp3
Tv on line
Radio on line
Previews cinema
Horoscopo
Calculadoras
Postais
Enquisas
Canle nenos
Canle educación
Canle deportes
Especiais de Setembro: Especial Hackers.
Especial Deseño.

Presentación oficial:

Dinaweb Networks e Chévere.

Dia 18-9-00
Hora 20:00
Lugar Porta de Mazarelos en Santiago de Compostela

Buscador 6.500 urls. O mellor buscador galego de Internet.
Novas: Tódolos medios dixitais galegos a un só click.
E-mail: Envío de mensaxes on line. Correo electrónico gratuito.
Sms: Mensaxes a móbiles.
Foros: Máis de cen foros de discusión on line. Posibilidade de crear os teus
propios foros.
Listas: Máis de cen listas temáticas de discusión por correo. Posibilidade
de crear as túas propias listas.
Taboleiros: Máis de vinte taboleiros clasificados para anuncios gratuitos
 inmobiliaria, traballo, amizade , motor , ...)
Axenda: con Almanaque, Recordatorio de citas, Horarios tren, Horarios bus,
Programación TV, Cinema, Feiras...
Tempo: Previsións metereolóxicas.
Tráfico: Estado do tráfico.
Buscador sofware: Para atopar calquera programa de Windows, Macintosh,
Linux.
Música galega: Acceso as webs dos músicos galegos. Posibilidade de
descargarse música galega en Mp3.
¿U-lo Tv! Televisión on line, zapping.
¿U-lo Radio! Radio on line. Máis de cen canles de radio.
Previews cinema: Acceso ós mellores previews do mundo do cine.
Horoscopo: ¿Queres saber que che deparará o futuro?
Calculadoras: Diferentes calculadoras para resolver calquera problema
matemático.
Postais: Centos de fotografías para enviar en formato dixital, unha boa
parte delas por fotógrafos galegos.
Canle nenos: Xogos educativos on line para os máis xoves.
Canle educación. Centros educativos (Primaria, Secundaria e Universidades),
buscador de apuntes e traballos, material didáctico de axuda ó profesorado e
alumnos.
Enquisas: Numerosas enquisas para coñecernos un pouco mellor.
Fax: Envía os faxes gratis desde U-lo Fax.
Canle deportes: O deporte galego en Internet. Clasificacións, quinielas...
Especial de Setembro:  - Entrevista ó mellor hacker de Galicia. Seguridade
en Internet. Técnicas dos hackers.
   -  Especial Deseño. Se es deseñador, aquí
atoparás os recursos que precisas.

Benvid@s a ¿U-lo!

Ramom Nogueira Vidal rnogue...@dinaweb.com Coordinador
Dinaweb Networks,s.l. www.dinaweb.com www.u-lo.com www.mercalar.com
Voz+34 902 090 016 24h +34 609 161 035 Fax +34 981 534 301
R/Santa Marta de Arriba,53-55 15706  Santiago de Compostela A Coruña Gz Sp
ECC

-Mensaje original-
De: owner-tra...@ceu.fi.udc.es [mailto:owner-tra...@ceu.fi.udc.es]En
nombre de Jesus Bravo Alvarez
Enviado el: viernes, 15 de septiembre de 2000 20:29
Para: tra...@ceu.fi.udc.es
Asunto: [roberto.aba...@galego21.org: [galego21] Que casualidade]