Re: [Dúbida]predicate

2009-01-17 Conversa Miguel Bouzada
Atopeis algúns manuais (en castelan) nos que indican como sinónmas as
expresións "predicado", "aserto" e "aserción".
http://www.recursos-as400.com/como152.shtml
http://web.jet.es/jqc/progii6.html
http://html.rincondelvago.com/programacion-metodica.html

Despois de pensar en expresións que un usuario básico entenda ocorrenseme
como posibles termos:
Condición
Valor a cumplir
Determinar con/por
Proposta


Re: [Dúbida]predicate

2009-01-14 Conversa Miguel Bouzada
Resumindo, ó meu modesto modo de ver como aprendiz de programador

A lóxica de predicados é a que corresponde, por exemplo, a un bucle "if",
dada certa condición, facer tal cousa, de aí (deduzco eu) cada condición é
un "aserto" ou "proposición" máis concretamente entendo que un "aserto" será
"unha condición (ou proposición) cumplida".

Os que teñen máis practica e saber en programación que me corrixan.

http://campusvirtual.unex.es/cala/epistemowikia/index.php?title=L%C3%B3gica_de_predicados

Xa que falamos dun termo moi específico de programación, probablemente
teñamos que pensar nun sinónino ou unha metáfora máis nídia para un usuario
basico e a verdade é que non se me ocorre ningunha.

MB


Re: [Dúbida]predicate

2009-01-14 Conversa mvillarino
2009/1/13 Miguel Bouzada :
> Para reforzar o termo "predicado"
> http://msdn.microsoft.com/es-es/library/bb513731.aspx
> http://es.wikipedia.org/wiki/Aserción_(programación)
> http://docs.sun.com/app/docs/doc/819-6957/chp-intro-5?l=es&a=view

Aserción? vai, nos meus tempos iso era chamado aserto!

Ven a cousa no contexto do que estamos a falar é a seguinte:

O programa define que acontece cando se xoga co hardware. Por exemplo:
conectas un mp3 ou un disco externo usb, ou habilitas unha tarxeta de
rede, ou fas visíbel para kde unha capturadora de son... e entendo que
o "predicate" é unha condición que deba cumprir ese dispositivo, por
exemplo, que sexa un iPod ou que sexa da marca Kingstom, ou que sexa
xD ou SD ou a polla en vinagre.

Agora, dicirlle ao usuario que indique un predicado, aserción ou
aserto éche o mesmo que me dixo a muller por antever: que carallo é
iso?


Re: [Dúbida]predicate

2009-01-13 Conversa Miguel Bouzada
Para reforzar o termo "predicado"
http://msdn.microsoft.com/es-es/library/bb513731.aspx
http://es.wikipedia.org/wiki/Aserción_(programación)
http://docs.sun.com/app/docs/doc/819-6957/chp-intro-5?l=es&a=view


Re: [Dúbida]predicate

2009-01-13 Conversa Xosé
Polo que dis, está relacionado co que se explica nesta páxina: 
http://en.wikipedia.org/wiki/Branch_predication , que fai referéncia a 
http://en.wikipedia.org/wiki/Predicate_logic, que na única tradución a unha 
língua romance (o francés) utiliza tamén a palabra "prédicat", polo que asumo 
que seria seguro asumir como tradución "predicado".

Xosé



On Martes 13 Xaneiro 2009 21:32:20 Marce Villarino wrote:
> Olá,
>
> pois teño unha mensaxe que é
> #. i18n: file: solid-actions-edit.ui:73
> #. i18n: ectx: property (text), widget (QLabel, TlSolidPredicate)
> #: rc.cpp:21
> "Predicate:"
>
> O programa é o módulo do centro de control para a configuración de accións
> de solid.
>
> Teño entendido que en programación "predicate" é algo moi específico do
> estilo:
> ( define lambda (x y z)
> (if (trasnop)
>   y
>   z)
> )
>
> onde trasnop (ou trasno?) sería un predicado.
>
> Suxestións?



[Dúbida]predicate

2009-01-13 Conversa Marce Villarino
Olá,

pois teño unha mensaxe que é 
#. i18n: file: solid-actions-edit.ui:73
#. i18n: ectx: property (text), widget (QLabel, TlSolidPredicate)
#: rc.cpp:21
"Predicate:"

O programa é o módulo do centro de control para a configuración de accións de 
solid.

Teño entendido que en programación "predicate" é algo moi específico do 
estilo:
( define lambda (x y z)
(if (trasnop)
  y
  z)
)

onde trasnop (ou trasno?) sería un predicado.

Suxestións?
-- 
Best regards,
MV


pgpn1CSQYyuTk.pgp
Description: PGP signature