Re: [G11n] [terminoloxia] grid

2008-11-11 Conversa mvillarino
 retomei o traballo) resulta que me decatei de que a xente traduce
 grid como lle peta. Vin enreixado, grade. grella e eu uso
 reixa. Só nos falta malla. Supoño que o propio sería definir unha
 tradución recomendada para este caso.

 Ainda máis, mirando no open-tran acabo de ver que tamén se traduce
 como relliña e como cuadricula!!!

Eu voto por grella. A non ser que se refira ao sistema ese de
cómputo distribuido.


Re: [G11n] [terminoloxia] grid

2008-11-11 Conversa Leandro Regueiro
2008/11/11 mvillarino mvillar...@gmail.com:
 retomei o traballo) resulta que me decatei de que a xente traduce
 grid como lle peta. Vin enreixado, grade. grella e eu uso
 reixa. Só nos falta malla. Supoño que o propio sería definir unha
 tradución recomendada para este caso.

 Ainda máis, mirando no open-tran acabo de ver que tamén se traduce
 como relliña e como cuadricula!!!

 Eu voto por grella. A non ser que se refira ao sistema ese de
 cómputo distribuido.

Perdón, refirome a esa cousa que aparece nas interfaces gráficas, non
hai outras cousas esotéricas.

Pasando á parte de opinar:

enreixado: non sei se é válida ou non, pero é longa de máis.
grade: despois de consultar o diccionario é unha opción válida, pero
prefiro reixa porque á xente sóalle máis.
grella: na grella fritimos as sardiñas aló polo san xoán :)
reixa: penso que tamén é válido.
malla: supoño que isto será unha opción para o campo da computación,
pero non para o da interface.
relliña: isto pareceme raro, e hai opcións mellores.
cuadricula: pode que sexa aceptable e mesmo aconsellable noutros contextos...

Ata logo,
  Leandro Regueiro


[G11n] [terminoloxia] grid

2008-11-11 Conversa Adrián Chaves Fernández
Eu ao que fai o programa ao seleccionar Ver  Reixa sempre lle chamei 
cuadrícula. Pero como aínda hoxe me enterei de que rapante non existe en 
castelán, vou facer unha pequena pesquisa no diccionario da RAG e o de Ir 
Indo.

...

Comprobado, é galego. Eu voto por cuadrícula.

Un saúdo!