2008/11/11 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
>>> retomei o traballo) resulta que me decatei de que a xente traduce
>>> "grid" como lle peta. Vin "enreixado", "grade". "grella" e eu uso
>>> "reixa". Só nos falta "malla". Supoño que o propio sería definir unha
>>> tradución recomendada para este caso.
>>
>> Ainda máis, mirando no open-tran acabo de ver que tamén se traduce
>> como "relliña" e como "cuadricula"!!!
>
> Eu voto por "grella". A non ser que se refira ao sistema ese de
> cómputo distribuido.

Perdón, refirome a esa cousa que aparece nas interfaces gráficas, non
hai outras cousas esotéricas.

Pasando á parte de opinar:

"enreixado": non sei se é válida ou non, pero é longa de máis.
"grade": despois de consultar o diccionario é unha opción válida, pero
prefiro reixa porque á xente sóalle máis.
"grella": na grella fritimos as sardiñas aló polo san xoán :)
"reixa": penso que tamén é válido.
"malla": supoño que isto será unha opción para o campo da computación,
pero non para o da interface.
"relliña": isto pareceme raro, e hai opcións mellores.
"cuadricula": pode que sexa aceptable e mesmo aconsellable noutros contextos...

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a