Re: As estatísticas son traidoras

2008-09-07 Conversa Miguel Branco

> Eu merge tradúzoo coma fusión.

si, tamén valería "combinar".


Re: As estatísticas son traidoras

2008-09-04 Conversa Xosé
On Tuesday 02 September 2008 09:09:29 mvillarino wrote:
> b) Darlle axuda a xosé con kdepim, se este a pide.

Si, claro, eu estou agora coa documentación (é moito máis fodida que as 
interfaces: nestas hai moitas mensaxes do tipo "Aceptar", "Ficheiro", "Abrir" 
e na documentación son sempre textos máis longos para os que non che axuda o 
programa de tradución). Na documentación hai moitísimo por facer e animo a 
todos a que se metan nela. Normalmente ao traducir vou comprendendo cousas que 
non entendo ben cando traduzo a interface, porque veñen explicadas. O que fago 
é i-las anotando e cando acabo facer as modificacións no texto da interface.

Xosé


signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.


Re: As estatísticas son traidoras

2008-09-04 Conversa Leandro Regueiro
>> non é que se pode recliclar traducións de trunk para
>> ás anteriores? (con respecto 4.1 entendo que moitas cadeas van ser
>> iguais**).
>
> Pois si, e hai varios métodos (á parte do msgmerge puro e duro):
> -Con Lokalize, o modo de unión (non lembro como o traducin: merge mode),
> descrito na documentación (consultar os rexistros da lista de correo).

Eu merge tradúzoo coma fusión.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


Re: As estatísticas son traidoras

2008-09-02 Conversa mvillarino
O Martes 02 Setembro 2008 20:27, Miguel Branco escribiu:
> > 1.- O Google Summer of Code, que rematou, e como sempre por estas
> > datas e ao comezo do ano académico. Entre ambos os dous dan  conta de
> > aproximadamente un 1-2% bimensual de caída das estatísticas.
>
> um; a ver se me aclaro; isto implica que una parte importante  dos
> tradutores son os propios desenvolvedores?

Non, iso significa que en setembro-outubro hai unha chea de modificacións nos 
textos, da orden das 1K cadeas ao mes.

> non é que se pode recliclar traducións de trunk para
> ás anteriores? (con respecto 4.1 entendo que moitas cadeas van ser
> iguais**).

Pois si, e hai varios métodos (á parte do msgmerge puro e duro):
-Con Lokalize, o modo de unión (non lembro como o traducin: merge mode), 
descrito na documentación (consultar os rexistros da lista de correo).

-Con pology: hai un xeito de convinar os ficheiros de dúas versións /stable e 
trunk/ nun único ficheiro __reunido__, ese tradúcese con calquera catt, como 
kbabel, e despois faise a división nas dúas gallas, que hai que entregar como 
sempre.

> ** non o comprobei pero creo que te encargas de subir á 4.1, ou non?

Pois si, tamén o vou actualizando. Case non supón traballo.

-- 
Best regards,
MV


Re: As estatísticas son traidoras

2008-09-02 Conversa Miguel Branco
O Tuesday 02 September 2008 09:09:29 mvillarino escribiu:
> > Atendede á progresión:
> >
> > Versión   Porcentaxe   Posto
> > KDE 3.5  78%31
> > KDE 4.1  99%12
> > KDE 4.2  99% 4
>
> Lamento ter que vir tirar eu a xarra de auga:
>
> KDE4.2 99% 4 <- este posto 4 non é correcto.
> Nas estatísticas de stable e trunk non se reflicten os mesmos módulos,
> en concreto, non aparecen nen o playground nen extragear nen koffice,
> e hai outro par deles que non aparecen.

Aquí {{ http://l10n.kde.org/stats/gui/trunk-kde4/team/gl/ }} aparecen incuídos 
e entran dentro do cómputo para ese 99. De feito [100 - ((610+479)/122399)] = 
99,9911% (610 son as dubidosas e 479 as non traducidas). Certo que no KDE 4.1 
na lista só aparecen os módulos que non son nin extragear nin Koffice, xq en 
realidade non son módulos de KDE sensu stricto. De calquera xeito están 
feitos.

> Certamente subimos __moito__ na clasificación de stable, do 17 ao 12
> aprox., grazas ao pulo que lle fumos dando a kdeedu, mais hai canto
> menos tres impedimentos para mellorar este posto:
> 1.- O Google Summer of Code, que rematou, e como sempre por estas
> datas e ao comezo do ano académico. Entre ambos os dous dan  conta de
> aproximadamente un 1-2% bimensual de caída das estatísticas.

um; a ver se me aclaro; isto implica que una parte importante  dos tradutores 
son os propios desenvolvedores?

> 2.- O anterior convinado coa táctica de tradución que empregO (nótese
> a primeira persoa do singular), dado que o grande atranco é kstars, e
> que sigO a política de ir desde os módulos pequenos aos grandes (o
> meirande é kdeedu), resulta que kstars, do que faltan unhas 1500
> cadeas por revisar/completar, recibirá moi pouco cariño durante este
> 1,5 mes.

{pregunta tocawuevos} "convinado"??

> 2'.- A táctica que seguimos é a inversa á maioría dos equipos, que
> entregan tarde e se adican maiormente a stable.

certo, nin tampouco actualizan as traducións a miudo senón que as soben os 
ultimos días. Tampouco entendo eu o sentido que ten traballar na 3.5, que se 
fai. Tampouco entendería a estratexía de traballar fóra de trunk e logo volver 
a este, pois, non é que se pode recliclar traducións de trunk para ás 
anteriores? (con respecto 4.1 entendo que moitas cadeas van ser iguais**). KDE 
4.1 vaina incluir algunhas grandes distros agora en outubro pero KDE 4.2 xa 
estará lista en Decembro, aprox. e tendo en conta que moita xente actualiza as 
repos ás novas versións (coma min, que susa 11.0 trae a 4.0.4 pero uso a 4.1 
que é hiper-estable)... Neste estado da serie 4, vaise aprox. a actualizacións 
semestrais, centrarse na versión anterior e non en trunk non creo que sexa 
efectivo.  

** non o comprobei pero creo que te encargas de subir á 4.1, ou non?

> 3.- O piso: teño vacacións, pero teño que porlle a tarima e pintar o
> piso, polo que en realidade non terei tempo libre para adicar a isto.

si, iso chámanse vacacións á ghallega.

> En resumo: Que facer para subir na clasificación?
> a) Algún voluntario para entrar en kstars (quedan mensaxes longas
> pouco técnicas)?
sempro podo facer algo eu disto,pero  por 15 dias tampouco teño moito tempo

> b) Darlle axuda a xosé con kdepim, se este a pide.
>
> vémonos.


As estatísticas son traidoras

2008-09-02 Conversa mvillarino
> Atendede á progresión:
>
> Versión   Porcentaxe   Posto
> KDE 3.5  78%31
> KDE 4.1  99%12
> KDE 4.2  99% 4
>

Lamento ter que vir tirar eu a xarra de auga:

KDE4.2 99% 4 <- este posto 4 non é correcto.
Nas estatísticas de stable e trunk non se reflicten os mesmos módulos,
en concreto, non aparecen nen o playground nen extragear nen koffice,
e hai outro par deles que non aparecen.
Certamente subimos __moito__ na clasificación de stable, do 17 ao 12
aprox., grazas ao pulo que lle fumos dando a kdeedu, mais hai canto
menos tres impedimentos para mellorar este posto:
1.- O Google Summer of Code, que rematou, e como sempre por estas
datas e ao comezo do ano académico. Entre ambos os dous dan  conta de
aproximadamente un 1-2% bimensual de caída das estatísticas.
2.- O anterior convinado coa táctica de tradución que empregO (nótese
a primeira persoa do singular), dado que o grande atranco é kstars, e
que sigO a política de ir desde os módulos pequenos aos grandes (o
meirande é kdeedu), resulta que kstars, do que faltan unhas 1500
cadeas por revisar/completar, recibirá moi pouco cariño durante este
1,5 mes.

2'.- A táctica que seguimos é a inversa á maioría dos equipos, que
entregan tarde e se adican maiormente a stable.

3.- O piso: teño vacacións, pero teño que porlle a tarima e pintar o
piso, polo que en realidade non terei tempo libre para adicar a isto.

En resumo: Que facer para subir na clasificación?
a) Algún voluntario para entrar en kstars (quedan mensaxes longas
pouco técnicas)?
b) Darlle axuda a xosé con kdepim, se este a pide.

vémonos.