> Atendede á progresión: > > Versión Porcentaxe Posto > KDE 3.5 78% 31 > KDE 4.1 99% 12 > KDE 4.2 99% 4 >
Lamento ter que vir tirar eu a xarra de auga: KDE4.2 99% 4 <- este posto 4 non é correcto. Nas estatísticas de stable e trunk non se reflicten os mesmos módulos, en concreto, non aparecen nen o playground nen extragear nen koffice, e hai outro par deles que non aparecen. Certamente subimos __moito__ na clasificación de stable, do 17 ao 12 aprox., grazas ao pulo que lle fumos dando a kdeedu, mais hai canto menos tres impedimentos para mellorar este posto: 1.- O Google Summer of Code, que rematou, e como sempre por estas datas e ao comezo do ano académico. Entre ambos os dous dan conta de aproximadamente un 1-2% bimensual de caída das estatísticas. 2.- O anterior convinado coa táctica de tradución que empregO (nótese a primeira persoa do singular), dado que o grande atranco é kstars, e que sigO a política de ir desde os módulos pequenos aos grandes (o meirande é kdeedu), resulta que kstars, do que faltan unhas 1500 cadeas por revisar/completar, recibirá moi pouco cariño durante este 1,5 mes. 2'.- A táctica que seguimos é a inversa á maioría dos equipos, que entregan tarde e se adican maiormente a stable. 3.- O piso: teño vacacións, pero teño que porlle a tarima e pintar o piso, polo que en realidade non terei tempo libre para adicar a isto. En resumo: Que facer para subir na clasificación? a) Algún voluntario para entrar en kstars (quedan mensaxes longas pouco técnicas)? b) Darlle axuda a xosé con kdepim, se este a pide. vémonos.