Re: turno existe?

2008-08-21 Conversa Leandro Regueiro
2008/8/17 Adrián Chaves adriyeticha...@gmail.com:
 O Sáb, 16-08-2008 ás 14:36 +0200, mvillarino escribiu:
 O Sábado 16 Agosto 2008 12:42, Adrián Chaves escribiu:
  Deixarei turno logo.
 Tu traduces, tu decides.
 Home xa, pero as campañas do wesnoth teñen que estar o máis acordes posible 
 co motor do xogo, que traduce Leandro. Se turno é correcto e é o que usa o 
 motor, pois entón turno.

Pois turno queda. Así aforramos o traballo de cambialo en moitos sitios.

Ata logo,
   Leandro Regueiro


Re: turno existe?

2008-08-18 Conversa Adrián Chaves
O Sáb, 16-08-2008 ás 14:36 +0200, mvillarino escribiu:
 O Sábado 16 Agosto 2008 12:42, Adrián Chaves escribiu:
  Deixarei turno logo.
 Tu traduces, tu decides.
Home xa, pero as campañas do wesnoth teñen que estar o máis acordes posible co 
motor do xogo, que traduce Leandro. Se turno é correcto e é o que usa o 
motor, pois entón turno.


Re: turno existe?

2008-08-16 Conversa Iván Lago Castro
El 15 de agosto de 2008 23:50, Adrián Chaves adriyeticha...@gmail.comescribió:

 Estaba eu a traducir tan felizmente unha campaña do Wesnoth cando de
 súpeto a palabra turnos aparéceme subliñada con vermello. Posto que me
 pasa con moitas que existen, procedo a agregala ao diccionario para que
 non me volva pasar, e logo vou ao Digalego para cerciorarme. E non atopo
 turno. Están quenda, rolda, vez... Pero turno nada.

 A continuación collín o meu dicionario de papel (si, teño :-D), e
 aparéceme turno coma *turno - quenda, o que en termos do meu
 dicionario significa que a xente adoita dicir turno pero non é
 correcto.

 Se alguén pode confirmalo, agredeceríao moito.

Pois no diccionario da real academia galega online tampouco sae, aínda que
os señores da xunta non o actualizan desde a versión do diccionario do 97.
De todas formas creo que xa é máis ca suficiente para o confirmar.
Iván


Re: turno existe?

2008-08-16 Conversa mvillarino
O Sábado 16 Agosto 2008 00:50, Adrián Chaves escribiu:
 Se alguén pode confirmalo, agredeceríao moito.
Quenda refírese á vez que ten alguén para utilizar algo, un recurso 
limitado. Así, nas olimpiadas, os nadadores teñen que agardar a súa quenda, 
antes de nadaren teñen que rematar a proba anterior.

Turno é varias cousas. Pode ser un grupo de persoas que se van alternando 
para facer algo (e por extensión é que se aplica este vocábulo aos horarios 
laborais), ou a orden na que varias persoas fan ou receben algo; como a miña 
muller é algo paranoica, imos á praia e bañámonos por turno, que o mar é 
largo e couvemos todos á vez (*)

Rolda, rolda é un turno, e máis cousas, como unha ronda (de vixilancia, 
p.ex.), ou un grupo de persoas postas en círculo, e tamén é algo relativo ás 
faenas da sega.

E caseque todo o anterior son veces: actos, ocasións, sucesos repetidos en 
serie fortuita ou pre-estabelecida.

Para máis señas, cando vos fallen os dicionarios normais, consultai o 
estraviz. A ligazón está anotada en trasno.


(*)Mira que é aburrido ir á praia.

-- 
Best regards,
MV


Re: turno existe?

2008-08-16 Conversa Miguel Branco

No VOLGA (http://www.realacademiagalega.org/volga/) aparece:

turno  incorrecto {sinónimos: quenda  vez}

Na edición das Normas de Cumio amplian a entrada:

turnar*  roldar
turno a favor/en contra*  rolda a favor/en contra
turno*  quenda, rolda, serie, orde, vez

Non podo confirmar o significado que Marce dá para turno, non sei se é un 
castelanismo ou variedade dialectal. Nesta zona non se emprega turno, dise 
ás veces quenda pero sobre de todo vez (incluso lle sinto vegadas a 
algunha xente maior, coma meu avó); turno aquí parece asimilado do castelán. 
Só dicir que co significado que da Marce así aparece no estraviz e igualmente 
se recolle para o portugués, lixeiramente similar: 

PRIMBERAM: {  http://www.priberam.pt/dlpo/dlpo.aspx }

turno
do Lat. tornu  Gr. tórnos, torno
s. m., cada um dos grupos de indivíduos que se revezam em certos actos;
turma; ordem, vez.

Saúdos!


Re: turno existe?

2008-08-16 Conversa Adrián Chaves
O Sáb, 16-08-2008 ás 11:47 +0200, Miguel Branco escribiu:
 No VOLGA (http://www.realacademiagalega.org/volga/) aparece:
 
 turno  incorrecto {sinónimos: quenda  vez}
 
 Na edición das Normas de Cumio amplian a entrada:
 
 turnar*  roldar
 turno a favor/en contra*  rolda a favor/en contra
 turno*  quenda, rolda, serie, orde, vez
 
 Non podo confirmar o significado que Marce dá para turno, non sei se é un 
 castelanismo ou variedade dialectal. Nesta zona non se emprega turno, dise 
 ás veces quenda pero sobre de todo vez (incluso lle sinto vegadas a 
 algunha xente maior, coma meu avó); turno aquí parece asimilado do 
 castelán. 
 Só dicir que co significado que da Marce así aparece no estraviz e igualmente 
 se recolle para o portugués, lixeiramente similar: 
 
 PRIMBERAM: {  http://www.priberam.pt/dlpo/dlpo.aspx }
 
 turno
 do Lat. tornu  Gr. tórnos, torno
 s. m., cada um dos grupos de indivíduos que se revezam em certos actos;
 turma; ordem, vez.
 
 Saúdos!
 
Deixarei turno logo. Pero isto de que uns dicionarios digan que sí e outros que 
non...


Re: turno existe?

2008-08-16 Conversa mvillarino
O Sábado 16 Agosto 2008 12:42, Adrián Chaves escribiu:
 Deixarei turno logo.
Tu traduces, tu decides.

 Pero isto de que uns dicionarios digan que sí e outros 
 que non...
Eche o que hai!
-- 
Best regards,
MV