El 15 de agosto de 2008 23:50, Adrián Chaves <[email protected]>escribió:
> Estaba eu a traducir tan felizmente unha campaña do Wesnoth cando de > súpeto a palabra "turnos" aparéceme subliñada con vermello. Posto que me > pasa con moitas que existen, procedo a agregala ao diccionario para que > non me volva pasar, e logo vou ao Digalego para cerciorarme. E non atopo > "turno". Están quenda, rolda, vez... Pero turno nada. > > A continuación collín o meu dicionario de papel (si, teño :-D), e > aparéceme turno coma "*turno - quenda", o que en termos do meu > dicionario significa que a xente adoita dicir "turno" pero non é > correcto. > > Se alguén pode confirmalo, agredeceríao moito. Pois no diccionario da real academia galega online tampouco sae, aínda que os señores da xunta non o actualizan desde a versión do diccionario do 97. De todas formas creo que xa é máis ca suficiente para o confirmar. Iván

