No VOLGA (http://www.realacademiagalega.org/volga/) aparece:
turno > incorrecto {sinónimos: quenda > vez}
Na edición das Normas de Cumio amplian a entrada:
turnar* > roldar
turno a favor/en contra* > rolda a favor/en contra
turno* > quenda, rolda, serie, orde, vez
Non podo confirmar o significado que Marce dá para turno, non sei se é un
castelanismo ou variedade dialectal. Nesta zona non se emprega "turno", dise
ás veces "quenda" pero sobre de todo "vez" (incluso lle sinto" vegadas" a
algunha xente maior, coma meu avó); "turno" aquí parece asimilado do castelán.
Só dicir que co significado que da Marce así aparece no estraviz e igualmente
se recolle para o portugués, lixeiramente similar:
PRIMBERAM: { http://www.priberam.pt/dlpo/dlpo.aspx }
turno
do Lat. tornu < Gr. tórnos, torno
s. m., cada um dos grupos de indivÃduos que se revezam em certos actos;
turma; ordem, vez.
Saúdos!