Re: [Semi-OT] Axuda cunha expresión regular

2008-10-05 Conversa mvillarino
O Sábado 04 Outubro 2008 15:49, Jesus Bravo Alvarez escribiu:
> E
> confiar en que non haxa ningunha etiqueta partida en dúas liñas ;)

Quedou coma o plano! Recén entregados en trunk/l10n-support/gl/tools están os 
scripts cos que estaba a argallar.
O que fan é pór o msgid/msgstr nunha liña cada un, e adicionalmente retiran as 
etiquetas, entidades, atallos e troca as conxuncións et por and.

Que para que é útil... pois agora non o recordo exactamente, pero téñoos 
empregado.

-- 
Best regards,
MV


Re: [Semi-OT] Axuda cunha expresión regular

2008-10-05 Conversa mvillarino
>  >Isto é o que emprega lokalize para dar coas etiquetas xml:
>  >(<[^>]+>)+|(&[A-Za-z_:][A-Za-z0-9_\\.:-]*;)+
>
>
>E isto atopa calquera etiqueta XML ou secuencias de escape tipo  
[...]
>$line =~ s/REGEXP//g;

E como sería a regexp? O citado en riba para lokalize?

>
> E confiar en que non haxa ningunha etiqueta partida en dúas liñas ;)

Je,je, iso xa o teño arranchado: é o de eliminar as etiquetas e demáis
músicas é o que me falla nun script adaptado do port2gal, que o que
fai é tomar un po, e ou pór cada msgid nunh liña, ou idem para o
msgstr.

Que para que o quero? Pois para deixalo en
trunk/l10n-support/gl/tools, ao dispór de quen lle sexa útil
(pontualmente, para as listaxes de estrelas e demáis, a min fóronmo)

Que vaia ben


Re: [Semi-OT] Axuda cunha expresión regular

2008-10-04 Conversa Jesus Bravo Alvarez
O Sábado 04 de Outubro de 2008 ás 10:11, mvillarino dicía:

>Isto é o que emprega kbabel para dar coas etiquetas xml: 
><[A-Za-z0-9n]+[^>]*/?>

   Curiosa cadea, é exactamente así? Isto só atopa secuencias de dúas
etiquetas, unha de peche e outra de abertura (ou con peche incorporado),
tipo:

   
   

>Isto é o que emprega lokalize para dar coas etiquetas xml:
>(<[^>]+>)+|(&[A-Za-z_:][A-Za-z0-9_\\.:-]*;)+

   E isto atopa calquera etiqueta XML ou secuencias de escape tipo  

>Poderíame alguén indicar a tradución destas a Perl, para empregalas nun script 
>que fai tal que isto:
>while ($line =~ REGEXP) {
>  s/REGEXP//g;
>}

   Isto podes resumilo en:

   $line =~ s/REGEXP//g;

   Se non atopa a expresión na liña, non lle fai nada.

   E sobre como traducilo... non ten nada que traducir ;)  Perl acepta
directamente expresións regulares estendidas. Terás que pór \/ en vez de /,
e podes esquecer o n porque supoño que estás a ler liña a liña. E
confiar en que non haxa ningunha etiqueta partida en dúas liñas ;)

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez


Re: [Semi-OT] Axuda cunha expresión regular

2008-10-04 Conversa mvillarino
O Sábado 04 Outubro 2008 09:03, Salvador Fandino escribiu:

> Para facer iso tes o modulo HTML::Strip (que vale para HTML e XML) no CPAN.
> Usar expresións regulares para procesar XML, en xeral, e unha moi mala
> idea.
E polib para manexar ficheiros po con python, pero non podo asumir que a 
máquina onde o vaia executar teña iso instalado. debo correr o risco de 
quitar de máis ou de menos. Aliás, non teño tempo de aprender a empregar 
bibliotecas en perl, nen gañas!.

-- 
Best regards,
MV


Re: [Semi-OT] Axuda cunha expresión regular

2008-10-04 Conversa Salvador Fandino




- Original Message 
> From: mvillarino 
> To: proxecto@trasno.net
> Sent: Saturday, October 4, 2008 10:11:43 AM
> Subject: [Semi-OT] Axuda cunha expresión regular
> 
> Isto é o que emprega kbabel para dar coas etiquetas xml: 
> <[A-Za-z0-9n]+[^>]*/?>
> 
> Isto é o que emprega lokalize para dar coas etiquetas xml:
> (<[^>]+>)+|(&[A-Za-z_:][A-Za-z0-9_\\.:-]*;)+
> 
> Poderíame alguén indicar a tradución destas a Perl, para empregalas nun 
> script 
> que fai tal que isto:
> while ($line =~ REGEXP) {
>   s/REGEXP//g;
> }
> 
> uséase, para suprimir as etiquetas (e mesmo entidades) xml de textos.


Para facer iso tes o modulo HTML::Strip (que vale para HTML e XML) no CPAN.

Usar expresións regulares para procesar XML, en xeral, e unha moi mala idea.

- Salva