O Sábado 04 de Outubro de 2008 ás 10:11, mvillarino dicía:
>Isto é o que emprega kbabel para dar coas etiquetas xml:
></[A-Za-z0-9\\\\n]+><[A-Za-z0-9\\\\n]+[^>]*/?>
Curiosa cadea, é exactamente así? Isto só atopa secuencias de dúas
etiquetas, unha de peche e outra de abertura (ou con peche incorporado),
tipo:
</tag><tag blah bleh bluh>
</tag><tag blah bleh bluh />
>Isto é o que emprega lokalize para dar coas etiquetas xml:
>(<[^>]+>)+|(&[A-Za-z_:][A-Za-z0-9_\\.:-]*;)+
E isto atopa calquera etiqueta XML ou secuencias de escape tipo
>Poderíame alguén indicar a tradución destas a Perl, para empregalas nun script
>que fai tal que isto:
>while ($line =~ REGEXP) {
> s/REGEXP//g;
>}
Isto podes resumilo en:
$line =~ s/REGEXP//g;
Se non atopa a expresión na liña, non lle fai nada.
E sobre como traducilo... non ten nada que traducir ;) Perl acepta
directamente expresións regulares estendidas. Terás que pór \/ en vez de /,
e podes esquecer o \\\\n porque supoño que estás a ler liña a liña. E
confiar en que non haxa ningunha etiqueta partida en dúas liñas ;)
--
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez