Re: enable/disable

2009-08-21 Conversa Leandro Regueiro
>> Por min vale, como parte da revisión na que estou ando a trocar o
>> (des)habilitar por (des)activar. case sempre (a non ser que haxa unha
>> boa razón, como por ex. que se me pase algunha cousa).
>
> igualmente eu.
>
> Considero que activar/desactivar é o correcto e o máis práctico. Nunca atopei
> ningún par que non acaese esa tradución.

Por se fora pouco ademais son máis curtas, así que mellor imposible!

Ata logo,
   Leandro Regueiro


Re: enable/disable

2009-08-21 Conversa Miguel Branco

> Por min vale, como parte da revisión na que estou ando a trocar o
> (des)habilitar por (des)activar. case sempre (a non ser que haxa unha
> boa razón, como por ex. que se me pase algunha cousa).

igualmente eu. 

Considero que activar/desactivar é o correcto e o máis práctico. Nunca atopei 
ningún par que non acaese esa tradución. 

saúdos!


Re: enable/disable

2009-08-21 Conversa marce
O Venres, 21 de Agosto de 2009 12:08:11 Leandro Regueiro escribiu:
> existe ou é incorrecto haberá que marcalo como tal no glosario, e se
> isto é así tamén quitaria habilitar, xa que así aumentamos a
> coherencia nas traducións, e por outro parte habilitar usase en
> contraposición a deshabilitar.

Por min vale, como parte da revisión na que estou ando a trocar o
(des)habilitar por (des)activar. case sempre (a non ser que haxa unha boa 
razón, como por ex. que se me pase algunha cousa).


Re: enable/disable

2009-08-21 Conversa Leandro Regueiro
2009/8/17 Antón Méixome :
> *deshabilitar non me consta como palabra válida, como tampouco o seria
> *despermitir. Inhabilitar sería a única opción correcta pero
> sinceramente é unha forma hiperculta (e moi técnica en segundo que
> ámbitos como "perder a habilitación, a competencia para exercer").
> Resólvese moito mellor para a tradución de enable/disable con
> activar/desactivar. Aliás *deshabilitar sería a tradución do inglés
> "incapacitate, render unfit; disqualify" que non é aplicábel ao valor
> de enable...
>
> A raíz do problema está na base. Pode ser que haxa algunha razón para
> distinguir entre activar/habilitar (to activate/to enable) que a min
> se me escape,  e que iso xustifique este neoloxismo. Por exemplo, en
> español (onde tampouco é correcta)
>
> enable           habilitar       To activate or turn on.
>
> ENABLE.TOOL      HABILITAR.HERRAMIENTA           Excel
> Enable Macros   Activar macros  Office Shared Services
>
>
> A familia léxica de hábil (adx. culto):
>
> hábil, habilidoso, habilidade, habilidosamente, habilmente,
> inhábil, inhabilidade, inhabilitación, inhabilitar, inhabilmente
> habilitar, habilitación, habilitado,
> rehabilitar, rehabilitábel, rehabilitación,
>
> En francés non parece necesario este matiz e, feito só en Gnome se
> matiza con "permettre" :
> enable > activer, ainda que sempre se emprega désactiver para "disable".
>
> En portugués non hai dúbida, só activar/desactivar
>
> Por tanto, tes toda a razón. Deshabilitar non é necesario e na miña
> opinión non debería estar no glosario de Trasno e de paso, debe
> corrixirse no caso de openoffice tamén... deus cho page.

A maioría das traducións usan activar/desactivar. Se deshabilitar non
existe ou é incorrecto haberá que marcalo como tal no glosario, e se
isto é así tamén quitaria habilitar, xa que así aumentamos a
coherencia nas traducións, e por outro parte habilitar usase en
contraposición a deshabilitar.

Ata logo,
  Leandro Regueiro


Re: enable/disable

2009-08-17 Conversa Antón Méixome
*deshabilitar non me consta como palabra válida, como tampouco o seria
*despermitir. Inhabilitar sería a única opción correcta pero
sinceramente é unha forma hiperculta (e moi técnica en segundo que
ámbitos como "perder a habilitación, a competencia para exercer").
Resólvese moito mellor para a tradución de enable/disable con
activar/desactivar. Aliás *deshabilitar sería a tradución do inglés
"incapacitate, render unfit; disqualify" que non é aplicábel ao valor
de enable...

A raíz do problema está na base. Pode ser que haxa algunha razón para
distinguir entre activar/habilitar (to activate/to enable) que a min
se me escape,  e que iso xustifique este neoloxismo. Por exemplo, en
español (onde tampouco é correcta)

enable   habilitar   To activate or turn on.

ENABLE.TOOL  HABILITAR.HERRAMIENTA   Excel
Enable Macros   Activar macros  Office Shared Services


A familia léxica de hábil (adx. culto):

hábil, habilidoso, habilidade, habilidosamente, habilmente,
inhábil, inhabilidade, inhabilitación, inhabilitar, inhabilmente
habilitar, habilitación, habilitado,
rehabilitar, rehabilitábel, rehabilitación,

En francés non parece necesario este matiz e, feito só en Gnome se
matiza con "permettre" :
enable > activer, ainda que sempre se emprega désactiver para "disable".

En portugués non hai dúbida, só activar/desactivar

Por tanto, tes toda a razón. Deshabilitar non é necesario e na miña
opinión non debería estar no glosario de Trasno e de paso, debe
corrixirse no caso de openoffice tamén... deus cho page.

Antón



2009/8/17 Manuel A Vazquez :
> Ola a todos:
> Estiven a ver pasadas discusións na lista sobre a parella enable/disable. A 
> tradución preferida podería ser activar/desactivar. Tamén se pode usar 
> habilitar. No glosario de trasno aparece deshabilitar coma segunda opción 
> para disable. Buscando nos dicionarios que consultei (Ir Indo e Gran Xerais 
> 2000) o antónimo de habilitar é inhabilitar, polo tanto, coido que se debería 
> modificar no glosario de trasno esa entrada.
> Que opinades?
>
> Un saúdo:
> Manuel A Vázquez
> xixi...@yahoo.es
>
>
>
>
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>