Re: Relatorio en Valdoviño, o día despois

2009-05-05 Conversa Leandro Regueiro
>> Os rapaces fixeron preguntas ?
>> Estaría ben sabelo... como recibiron o choio. Houbo algúen que vos
>> preguntase como participar despois da charla?
>
> Acabamos xusto cando os rapaces tiñan que marchar.

Moi boa :). Pois a próxima vez hai que chegar algo antes ou apurar un
pouco máis.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


Re: Relatorio en Valdoviño, o día despois

2009-05-04 Conversa Marce Villarino
O Luns 04 Maio 2009 18:26:56 escribiu:
> Os rapaces fixeron preguntas ?
> Estaría ben sabelo... como recibiron o choio. Houbo algúen que vos
> preguntase como participar despois da charla?

Acabamos xusto cando os rapaces tiñan que marchar.


Re: Relatorio en Valdoviño, o día despois

2009-05-04 Conversa Leandro Regueiro
> Antes de nada moitas grazas a todos, e especialmente a Miguel e Marce pola
> charla, teríame gustado moito poder asisitir, xa que vendo a presentación, a
> min mesmo  me viría moi ben. Pídovos desculpas pola miña ausencia, é o que
> teñen os tendóns de aquiles rotos, quitan moita mobilidade!
> Alégrome de que quedárades satisfeitos, xa sabedes que tedes as portas
> abertas para calquera outra cousa e estaremos encantados de recbirvos cando
> e para o que sexa.
>
> E sobre o tirón de orellas, aceptoo gustoso, eu doulles canto podo pero nin
> eu mesmo programei nunca... voume poñer co kturtle ese agora mesmo ;-), xa
> che plantexarei as dúbidas logo cando me achegue pola mariña...

Estívoche ben, destes a charla sen ter alí a quen vos levou? Que nos
contas do teu Miguel?

Ata logo,
 Leandro Regueiro


Re: Relatorio en Valdoviño, o día despois

2009-05-02 Conversa tucho mendez
Antes de nada moitas grazas a todos, e especialmente a Miguel e Marce pola
charla, teríame gustado moito poder asisitir, xa que vendo a presentación, a
min mesmo  me viría moi ben. Pídovos desculpas pola miña ausencia, é o que
teñen os tendóns de aquiles rotos, quitan moita mobilidade!
Alégrome de que quedárades satisfeitos, xa sabedes que tedes as portas
abertas para calquera outra cousa e estaremos encantados de recbirvos cando
e para o que sexa.
E sobre o tirón de orellas, aceptoo gustoso, eu doulles canto podo pero nin
eu mesmo programei nunca... voume poñer co kturtle ese agora mesmo ;-), xa
che plantexarei as dúbidas logo cando me achegue pola mariña...

O dito, moitas grazas e unha aperta.

Tucho Méndez



2009/5/1 Adrián Chaves Fernández 

> > Olá,
> >
> > pois onte foi o día no que Miguel e máis eu lles falamos aos rapaces do
> CPI
> > de Atios, en Valdoviño, acerca do software libre e da tradución deste.
> >
> > A experiencia gustoume, e mando anexo a versión para imprimir da miña
> parte
> > do rollo.
> >
> > Iso si: vou tirarlle das orellas ao mestre: que é iso de que aínda non
> lles
> > deches nada de programación aos cativos? Con kturtle sería doadísimo ;-)
>
> Gústame a presentación. Nunca vira unha presentación en PDF, pero vai
> xenial
> (alomenos no Okular).
>
> Pero teño unhas cousiñas que comentar, todas con respecto da última páxina:
> 1. vos --> vós
> 2. sob --> sobre/baixo
> 3. Non sería mellor unha licenza copyleft para evitar que outras persoas
> usen
> unha licenza máis restrictiva para unha obra derivada? (CC:by-sa?)
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>



-- 
Tucho Méndez
http://sites.google.com/site/sitiotuchomendez/


Re: Relatorio en Valdoviño, o día despois

2009-05-01 Conversa Adrián Chaves Fernández
> O Venres 01 Maio 2009 15:23:49 Adrián Chaves Fernández escribiu:
> > 3. Non sería mellor unha licenza copyleft para evitar que outras persoas
> > usen unha licenza máis restrictiva para unha obra derivada? (CC:by-sa?)
>
> Non.
> Tampouco digo que sexa un non categórico absoluto. Talvez se eu fose fan da
> FSF diría que si, e que as liberdades no software son 4 (Credo in unum Deus
> Patrem onmipotente Creatore celli et terrae Visibilium omnium en
> invisibilium...), pero é que son da BSD, e prefiro permitir que quen queira
> faga o que lle pete coa charla; entre outras cousas, porque o material que
> collín de Erik Wilde xa viña así (CC:by)

Bueno, alá vós :).


Re: Relatorio en Valdoviño, o día despois

2009-05-01 Conversa Marce Villarino
O Venres 01 Maio 2009 15:23:49 Adrián Chaves Fernández escribiu:
> 3. Non sería mellor unha licenza copyleft para evitar que outras persoas
> usen unha licenza máis restrictiva para unha obra derivada? (CC:by-sa?)
Non.
Tampouco digo que sexa un non categórico absoluto. Talvez se eu fose fan da 
FSF diría que si, e que as liberdades no software son 4 (Credo in unum Deus 
Patrem onmipotente Creatore celli et terrae Visibilium omnium en 
invisibilium...), pero é que son da BSD, e prefiro permitir que quen queira 
faga o que lle pete coa charla; entre outras cousas, porque o material que 
collín de Erik Wilde xa viña así (CC:by)


Re: Relatorio en Valdoviño, o día despois

2009-05-01 Conversa Adrián Chaves Fernández
> Olá,
>
> pois onte foi o día no que Miguel e máis eu lles falamos aos rapaces do CPI
> de Atios, en Valdoviño, acerca do software libre e da tradución deste.
>
> A experiencia gustoume, e mando anexo a versión para imprimir da miña parte
> do rollo.
>
> Iso si: vou tirarlle das orellas ao mestre: que é iso de que aínda non lles
> deches nada de programación aos cativos? Con kturtle sería doadísimo ;-)

Gústame a presentación. Nunca vira unha presentación en PDF, pero vai xenial 
(alomenos no Okular).

Pero teño unhas cousiñas que comentar, todas con respecto da última páxina:
1. vos --> vós
2. sob --> sobre/baixo
3. Non sería mellor unha licenza copyleft para evitar que outras persoas usen 
unha licenza máis restrictiva para unha obra derivada? (CC:by-sa?)


Re: Relatorio en Valdoviño, o día despois

2009-05-01 Conversa Marce Villarino
O Venres 01 Maio 2009 13:13:56 Marce Villarino escribiu:
> Iso si: vou tirarlle das orellas ao mestre: que é iso de que aínda non lles
> deches nada de programación aos cativos? Con kturtle sería doadísimo ;-)

Nota: xa que creo que es de Lugo, se un día baixas pola Mariña, avisa e 
tomamos algo.


Relatorio en Valdoviño, o día despois

2009-05-01 Conversa Marce Villarino
Olá,

pois onte foi o día no que Miguel e máis eu lles falamos aos rapaces do CPI de 
Atios, en Valdoviño, acerca do software libre e da tradución deste.

A experiencia gustoume, e mando anexo a versión para imprimir da miña parte do 
rollo.

Iso si: vou tirarlle das orellas ao mestre: que é iso de que aínda non lles 
deches nada de programación aos cativos? Con kturtle sería doadísimo ;-)
<>