Re: Traducion Opensuse

2008-04-10 Conversa Leandro Regueiro
Estiven mirando en que consistia o POAT ese e penso que non estaria
mal usalo. Falamos a fin de semana.

Ata logo,
   Leandro Regueiro


Re: Traducion Opensuse

2008-04-09 Conversa Leandro Regueiro
>  Home, eu preferiría que me dixeras tres ou catro ficheiros que non
>  esteas traducindo ti, pero da igual. A ver se consigo lembrar o
>  contrasinal da conta de OpenSuse, senón terei que crear outra conta.
>  Ter acceso directo ó SVN simplificariame o traballo bastante, sempre e
>  cando non haxa que traballar con cada ficheiro por libre, como hai que
>  facer en mandriva...

Vale, xa teño acceso á conta. Agora só me falta saber como é o do SVN.
Deixareino para outro día que hoxe xa estou farto de romper a cabeza

Ata logo,
  Leandro Regueiro


Re: Traducion Opensuse

2008-04-09 Conversa Leandro Regueiro
> Si, de momento, teño acceso ao svn para subir ficheiros traducidos...
> Se queres, no wiki de openSUSE edito eu a información, pero terá que ser na
> fin de semana, porque estes días estou moi liado.
> Xa actualicei o wiki de Trasno un chisco. Vou pór, tamén, na fin de semana,
> algunhas ligazóns para baixarse os pot e os po traducidos de yast e lcn.
> Se queres comezar a traducir, adiante, estupendo. Eu xa fixen unhas cuantas
> que xa están actualizadas no svn. Estou a traballar en yast, que é a
> ferramenta de instalación, porque vin que era no que había máis retraso, hai
> moito en xeral de todas formas. Se queres traballar aquí, podemos
> repartirnos os 96 ficheiros que son en 48 cada un. Un faría desde a letra a
> ata o n e o outro desde o n ata o z. Que opinas? Podes ver as estatísticas
> en http://i18n.opensuse.org/stats/trunk/gl/yast/index.php
> Se queres traballar en lcn, sírvette ti mesmo. Se non che gusta a
> metodoloxía de traballo, propón ti outra. Dime o que decides.
> Co tempo, xa poderiamos participar nunha plataforma colaborativa que están a
> montar chamada POAT, para repartir traballo e tarefas diversas.

Home, eu preferiría que me dixeras tres ou catro ficheiros que non
esteas traducindo ti, pero da igual. A ver se consigo lembrar o
contrasinal da conta de OpenSuse, senón terei que crear outra conta.
Ter acceso directo ó SVN simplificariame o traballo bastante, sempre e
cando non haxa que traballar con cada ficheiro por libre, como hai que
facer en mandriva...

É incrible o das plataformas de tradución, en Drupal estaban montando
outra e en Fedora outro tanto. A onde irá parar isto. E todo por culpa
dos de Ubuntu e o seu Rosetta :)...

Ata logo,
   Leandro Regueiro


Re: Traducion Opensuse

2008-04-09 Conversa Leandro Regueiro
Manuel, podémoste considerar o coordinador da tradución de Opensuse? É
para actualizar a info de
http://en.opensuse.org/OpenSUSE_Localization_Teams

Por outra parte, na wiki de Trasno, o proxecto está abandonado ou
retomado??: http://trasno.net/suse:inicio

Voume poñer a traducir OpenSuse, dime que parte podo coller e como
teño que facer para envialo de volta (vou mirar a wiki de Opensuse un
pouco, pero se ti mo indicas así confirmo).

Ata logo,
  Leandro Regueiro


Re: Traducion Opensuse

2008-04-05 Conversa Leandro Regueiro
2008/4/5 Manuel A Vazquez :
> O Sáb, 2008-04-05 at 17:14 +0200, Leandro Regueiro escribiu:
>  > Manuel, estás traballando no Opensuse ou deixáchelo ó ver que non se
>  > apuntaba ninguén?
>  >
>  > Ata logo,
>  >Leandro Regueiro
>  >
>  Ola: Estou a traballar, pero hai tanto atrasado que vou moi lento e o
>  traballo cunde pouco. Pero aínda teño paciencia... Esperarei... a ver se
>  alguén se anima...

Igual me animo eu cando remate o de Mandriva. Estou chegando case ó
límite e non vexo moitas posibilidades de entrar no top ten, ainda que
igual lle paso ó danés por diante.

Por se acaso podes enviarme ligazóns de cousas que teña que saber para
comezar eu a darlle tamén se é que me veñen as ganas, non sei se a
sección de opensuse en Trasno estará actualizada. Acabo de actualizar
a sección de información de Mandriva e vin que a de Fedora xa está
desactualizada outra vez.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


Re: Traducion Opensuse

2008-04-05 Conversa Leandro Regueiro
Manuel, estás traballando no Opensuse ou deixáchelo ó ver que non se
apuntaba ninguén?

Ata logo,
   Leandro Regueiro

On Sun, Mar 23, 2008 at 9:25 PM, Miguel Branco  wrote:
> Como me alegra oilo!.
>
>  Eu son usuario da Susa de sempre. Agora estou có KDE e prefiro centrarme niso
>  mais de cando en cando poida que te avise e che axude a traducir. Non dudibes
>  en pedirme nada.
>
>  Ánimo!.
>
>
>  O Xoves 20 de Marzo 2008 10:11:30 Manuel A. Vázquez escribiu:
>
> > Ola de novo:
>  > Infórmovos que estou a traducir Opensuse. Se alguén desexa axudar, xa
>  > sabe, contactar comigo. Non me deixedes só!
>  > Animeime porque vexo que é unha das que están menos desenvolvidas en
>  > Galego.
>  > Dentro dunhas horas, actualizarei no wiki o proxecto Opensuse.
>  > Un saúdo:
>
>
>
>
>
> --
>  To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>


Re: Traducion Opensuse

2008-03-23 Conversa Miguel Branco
Como me alegra oilo!. 

Eu son usuario da Susa de sempre. Agora estou có KDE e prefiro centrarme niso 
mais de cando en cando poida que te avise e che axude a traducir. Non dudibes 
en pedirme nada. 

Ánimo!. 


O Xoves 20 de Marzo 2008 10:11:30 Manuel A. Vázquez escribiu:
> Ola de novo:
> Infórmovos que estou a traducir Opensuse. Se alguén desexa axudar, xa
> sabe, contactar comigo. Non me deixedes só!
> Animeime porque vexo que é unha das que están menos desenvolvidas en
> Galego.
> Dentro dunhas horas, actualizarei no wiki o proxecto Opensuse.
> Un saúdo:



Re: Traducion Opensuse

2008-03-20 Conversa Leandro Regueiro
On Thu, Mar 20, 2008 at 10:11 AM, Manuel A. Vázquez  wrote:
> Ola de novo:
>  Infórmovos que estou a traducir Opensuse. Se alguén desexa axudar, xa
>  sabe, contactar comigo. Non me deixedes só!
>  Animeime porque vexo que é unha das que están menos desenvolvidas en
>  Galego.
>  Dentro dunhas horas, actualizarei no wiki o proxecto Opensuse.

Supoño que falarás do wiki de Trasno. Eu agora non che podo axudar,
teño outras cousas entre mans.

Ata logo,
   Leandro Regueiro


Traducion Opensuse

2008-03-20 Conversa Manuel A.
Ola de novo:
Infórmovos que estou a traducir Opensuse. Se alguén desexa axudar, xa
sabe, contactar comigo. Non me deixedes só!
Animeime porque vexo que é unha das que están menos desenvolvidas en
Galego.
Dentro dunhas horas, actualizarei no wiki o proxecto Opensuse.
Un saúdo:







__ 
LLama Gratis a cualquier PC del Mundo. 
Llamadas a fijos y m�viles desde 1 c�ntimo por minuto. 
http://es.voice.yahoo.com