2008/4/5 Manuel A Vazquez <[email protected]>:
> O Sáb, 2008-04-05 at 17:14 +0200, Leandro Regueiro escribiu:
> > Manuel, estás traballando no Opensuse ou deixáchelo ó ver que non se
> > apuntaba ninguén?
> >
> > Ata logo,
> > Leandro Regueiro
> >
> Ola: Estou a traballar, pero hai tanto atrasado que vou moi lento e o
> traballo cunde pouco. Pero aínda teño paciencia... Esperarei... a ver se
> alguén se anima...
Igual me animo eu cando remate o de Mandriva. Estou chegando case ó
límite e non vexo moitas posibilidades de entrar no top ten, ainda que
igual lle paso ó danés por diante.
Por se acaso podes enviarme ligazóns de cousas que teña que saber para
comezar eu a darlle tamén se é que me veñen as ganas, non sei se a
sección de opensuse en Trasno estará actualizada. Acabo de actualizar
a sección de información de Mandriva e vin que a de Fedora xa está
desactualizada outra vez.
Ata logo,
Leandro Regueiro