> Si, de momento, teño acceso ao svn para subir ficheiros traducidos...
> Se queres, no wiki de openSUSE edito eu a información, pero terá que ser na
> fin de semana, porque estes días estou moi liado.
> Xa actualicei o wiki de Trasno un chisco. Vou pór, tamén, na fin de semana,
> algunhas ligazóns para baixarse os pot e os po traducidos de yast e lcn.
> Se queres comezar a traducir, adiante, estupendo. Eu xa fixen unhas cuantas
> que xa están actualizadas no svn. Estou a traballar en yast, que é a
> ferramenta de instalación, porque vin que era no que había máis retraso, hai
> moito en xeral de todas formas. Se queres traballar aquí, podemos
> repartirnos os 96 ficheiros que son en 48 cada un. Un faría desde a letra a
> ata o n e o outro desde o n ata o z. Que opinas? Podes ver as estatísticas
> en http://i18n.opensuse.org/stats/trunk/gl/yast/index.php
> Se queres traballar en lcn, sírvette ti mesmo. Se non che gusta a
> metodoloxía de traballo, propón ti outra. Dime o que decides.
> Co tempo, xa poderiamos participar nunha plataforma colaborativa que están a
> montar chamada POAT, para repartir traballo e tarefas diversas.

Home, eu preferiría que me dixeras tres ou catro ficheiros que non
esteas traducindo ti, pero da igual. A ver se consigo lembrar o
contrasinal da conta de OpenSuse, senón terei que crear outra conta.
Ter acceso directo ó SVN simplificariame o traballo bastante, sempre e
cando non haxa que traballar con cada ficheiro por libre, como hai que
facer en mandriva...

É incrible o das plataformas de tradución, en Drupal estaban montando
outra e en Fedora outro tanto. A onde irá parar isto. E todo por culpa
dos de Ubuntu e o seu Rosetta :)...

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a