Re: cartafol - directorio

2008-06-23 Conversa Leandro Regueiro
En principio son indistintos, ainda que nunca verás cartafol nun
programa de liña de comandos. Eu uso sempre directorio coma tradución
de directory e na única ocasión que me apareceu folder traducino coma
cartafol. Pero só foi unha vez dende que traduzo só software libre e
xa case irán cinco anos... Iso si, en Windows directorio só o vin tres
ou catro veces nos escasos dous anos que traducin software para
Windows.

Ata logo,
  Leandro Regueiro


Re: cartafol - directorio

2008-06-20 Conversa mvillarino
O Xoves 19 Xuño 2008 17:42, damufo escribiu:
 Boas:
 Alguén coñece a diferencia entre cartafol e directorio? existe?
 Dame a impresión de que as veces se usan de forma indistinta.
Eu procuro empregalos de xeito distinto: se aquilo ao que se refere é suposto 
para ser visto mediante un xestor de ficheiros (dolphin, konqueror, gentoo, 
krusader, etc...) emprego cartafol. Se é algo asociado á terminal ou a un 
comando, ou algo moi para desenvolventes, prefiro directorio.
Agora ben, non o fago porque pense que haxa unha diferenza no significado nen
no referente, e só un á maneira de comentario de tradutor que vai dentro no 
texto termo no cando de na área de comentarios ;-)

-- 
Best regards,
MV


cartafol - directorio

2008-06-19 Conversa damufo

Boas:
Alguén coñece a diferencia entre cartafol e directorio? existe?
Dame a impresión de que as veces se usan de forma indistinta.
Saúdos


Re: cartafol - directorio

2008-06-19 Conversa Xosé
On Thursday 19 June 2008 17:42:34 damufo wrote:
 Boas:
 Alguén coñece a diferencia entre cartafol e directorio? existe?
 Dame a impresión de que as veces se usan de forma indistinta.
 Saúdos
Son o mesmo. Directorio emprégase cando nos referimos ao sistema de ficheiros. 
Cartafol cando nos referimos á abstracción nos contornos de escritorio, que se 
representa, precisamente, cunha icona dun cartafol.

Xosé