Leandro Regueiro escribiu:
>> hoxe estades de sorte iba á praia pero como está o tempo así vou a
>> revisar traducións.
> 
> :)
> 
>> Gnome-do está revisado completamente, tanto o aplicativo como os
>> complementos. Falta traducir dúas cadeas que non sei como demo facelo
>> "Docklets".
> 
> Eu levo ca mesma dúbida varios anos. Hai uns meses intentarase
> discutir a tradución disto e de "dockapp" e relacionadas e non se
> chegara a nada.
> 
>> Compiz e tropecentos plugins: vexo que aínda sego vendo fallos garrafais
>> na miña tradución. Por exemplo a elección de fiestra->xanela. Por iso
>> vou a revisar todo o que poida para que chegue á release de karmic.
> 
> Eu sigo sen ver claro o da elección de "xanela". Sigo pensando que o
> máis axeitado é "fiestra", que ademais segue sendo a tradución máis
> usada se tomamos o conxunto dos proxectos máis grandes (xa veremos
> canto dura esta situación, xa que "xanela" xa sobrepasou a "ventá", e
> hai varios meses que en "tab" a máis usada é "separador" a pesar de
> que tampouco me parece a mellor tradución).
> 
A min o que me preocupa é o de separador, que si que formula un problema 
, porque crea confusión.
separador->lingüeta, lapela, aba...
separador->barra vertical ou horizontal que serve para dividir unha xanela.


> Ata logo,
>                         Leandro Regueiro
> 

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
[email protected]
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a