2009/10/5 damufo <dam...@gmail.com>

>
>
> Leandro Regueiro escribiu:
> >> hoxe estades de sorte iba á praia pero como está o tempo así vou a
> >> revisar traducións.
> >
> > :)
> >
> >> Gnome-do está revisado completamente, tanto o aplicativo como os
> >> complementos. Falta traducir dúas cadeas que non sei como demo facelo
> >> "Docklets".
> >
> > Eu levo ca mesma dúbida varios anos. Hai uns meses intentarase
> > discutir a tradución disto e de "dockapp" e relacionadas e non se
> > chegara a nada.
> >
> >> Compiz e tropecentos plugins: vexo que aínda sego vendo fallos garrafais
> >> na miña tradución. Por exemplo a elección de fiestra->xanela. Por iso
> >> vou a revisar todo o que poida para que chegue á release de karmic.
> >
> > Eu sigo sen ver claro o da elección de "xanela". Sigo pensando que o
> > máis axeitado é "fiestra", que ademais segue sendo a tradución máis
> > usada se tomamos o conxunto dos proxectos máis grandes (xa veremos
> > canto dura esta situación, xa que "xanela" xa sobrepasou a "ventá", e
> > hai varios meses que en "tab" a máis usada é "separador" a pesar de
> > que tampouco me parece a mellor tradución).
> >
> A min o que me preocupa é o de separador, que si que formula un problema
> , porque crea confusión.
> separador->lingüeta, lapela, aba...
> separador->barra vertical ou horizontal que serve para dividir unha xanela.
>

Eu xa atopei en dous navegadores dos que me ocupo da tradución os termos
"tab" e separator" no mesmo menú

Sempre emprego separador para o caso de separar grupos de marcadores (por
exemplo) e lingüeta para o caso das distintas páxinas abertas.


>
>
> > Ata logo,
> >                         Leandro Regueiro
> >
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>



-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org
-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a