2010/5/10 Miguel Bouzada <[email protected]>

> >  Faltaría máis ;-). A "primeira" sería "enable" -que traduciría por
> > "habilitar"-,
>
>
> polotanto disable → inhabilitar?
>
> A cousa é que o acordado é que enable/disable está a traducirse como
> activar/desactivar, pero neste caso a función disabel refirese máis ao que
> dicia Antón, de desmontar, desarmar, literalmente sería "discapacitar" ou
> "incapacitar", pero non teño nada claro que sexa correcto.
>
>
discapacitar, incapacitar, inhabilitar

Palabriñas moi delicadas. Tendemos a asocialas exclusivamente a persoas, do
que se derivaría que son incorrectas neste uso pero segundo o vello
dicionario da RAG sería válido dicir

O usuario inhabilitou o aplicativo
O usuario incapacitou o aplicativo

Hai dúbidas de se sería válido:

O usuario discapacitou o aplicativo

Teño para min que se lles foi un pouco a man aos da RAG. Unha cousa son os
usos figurados e outra que se dea como regular, que nos refiramos a cousas
ou persoas. Hai que lembrar que todas veñen de "capaz" ou "hábil" que son
características netamente humanas (vale, non para todos e non sempre :-)

Consello: Non meterse en xardíns innecesarios. Buscar unha tradución que dea
a entender a diferencia e punto. Continuar como se nada con

activar/desactivar (válidas para obxecto pero tamén, en sentido figurado,
para persoas: "activar ao axente")






>
> > e a segunda "activate" -que traduciría por "activar"-
> > (ver 2ª liña da miña resposta).
> >
> >  Espero ter resolto as dúbidas. Saúdos,
> >  Román
> >
> > --
> > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > [email protected]
> > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> [email protected]
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
[email protected]
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a