Boas. Non me parece raro. Mozilla foi traducido por unha empresa e continuado por Mancomun cun lingüista ao cargo. Non sei porque optaron por determinadas solucións nin se se consensuaron nalgúns dos G11N, pero o que está claro e que para manter traducido todo e coa burocracia que hai de por medio ou coa súa forma de traballar (que aínda descoñezo e falo do que a xente conta, xa terei tempo de contarvos a miña experiencia), senón te pos as pilas queda sen traducir.
Supoño que foi unha elección que barallaron no seu momento e terá o seu razoamento, pena de non ter unha xustificación da elección, pero aquí pasa moito, isto é España e en Galicia nese aspecto non somos moi diferentes senón non estaríamos abrindo os debates dos termos cada dous por tres. Aí está o glossima, ogallá nos axude a resolver este problema. E sei ao que te refires, nos menús, hai separadores que diferencian os elementos dun menú especiífico dos outros, dos que ao mellor se poden categorizar doutra forma. O que está claro e que eu emprego os aplicativos e polo contexto distínguense ben ambos, non hai lugar a confusión. O que está claro e que nunca vai acabar o debate, xa que todos temos preferencias persoais e eu vexo que a xente non quere perder as súas preferencias con respecto ao conxunto. Aí está o debate, temos que despexar as nosas preferencias persoais ou polo menos plegarnos ao que prefire a maioría e non atendendo ao grupo de traducimos na comunidade galega senón intentando englobar a academia e os recursos que hai (pese o que nos pese). O dito, vou a seguir atendendo ao profesor do máster e se podo atender un novo bug en mozilla, que a ver se o soluciona coa axuda da comunidade. Avancemos, de verdade, avancemos que boa falta nos fai e para elo todos temos que por da nosa parte. Pensade nas licenzas libres, no debate cal é máis libre, se as permisivas (como a bsd) ou as robustas (como a gpl). Son máis libres as robustas aínda que teñan esa cláusula que che quita liberdade de pechar o produto, e sono porque miden a liberdade en función do colectivo, do grupo e non do individuo. Preservan a liberdade. Pois aquí o mesmo, temos que preservar a elección do colectivo sobre as individuais, a lingua non se fai como quere un senón como a fala a xente, prima o grupo. Bo, non raio máis. Un saúdo. 2010/6/4 José Manuel Castroagudín Silva <[email protected]>: > 2010/6/4 Enrique Estévez Fernández <[email protected]>: >> Boas. >> >> De verdade, isto é un cachondeo. Cada x tempo reabrides os debates das >> traducións. Non o entendo. Xa o sei que nunca vamos a estar dacordo ao >> cen por cen, pero xa o dixen e volvo a repetilo, todos temos que >> ceder. Hoxe uns e mañá outros, senón non avanzamos. >> >> Eu non era partidario de xanela, prefería fiestra, polo menos é o que >> se emprega na miña zona, pero aquí a comunidade emprega xanela e xa >> está. Con respecto a separador e a outras máis, como pode ser camiño >> vs ruta. De verdade, temos que intentar asentar traducións e avanzar e >> non cada dous por tres cambiar. >> >> Eu agora estou comezando a asumir Mozilla e xa vos digo que en >> principio, tab vai a traducirse como separador. Se hai algunha >> tradución diferente tratarei de normalizala por separador. > > Precisamente en Mozilla, no firefox, penso que é onde hai o maior > problema co de separador: Hai dúas cousas no navegador que se > traduciron como "separador". Unha é, naquilo de "personalizar a barra > de ferramentas", un elemento que se pode meter entre dous botóns, para > separalos. O outro, cada unha das páxinas abertas simultaneamente na > mesma xanela. > > Non che parece confuso/raro/erróneo isto? > > (á parte de que é o programa, por excelencia, no que se empregan > lapelas/lingüetas/separadores...) > >> >> O dito e insisto, avancemos e pechemos temas, porque isto é imposible. >> >> Unha aperta. >> >> 2010/6/4 Leandro Regueiro <[email protected]>: >>> 2010/6/4 damufo <[email protected]>: >>>> Boas: >>>> Sobre separador. >>>> Actualmente se non me erro: >>>> >>>> - Separador, liña vertical ou horizontal que serve para separar vairas >>>> partes dentro dunha interface. >>>> - Separador: liña horizontal que separa os elementos nos menús de >>>> navegación >>>> - separador: lingüeta >>>> >>>> Ten sentido sobrecargar a separador cando lingüeta, lapela, aba están >>>> dispoñibles para este uso? >>>> >>>> Se é o caso gustaríame que alguén ofreza información da xustificación >>>> desta escolla. >>> >>> Este debate mellor no Glósima, creo eu. >>> >>> -- >>> Ubuntu-l10n-gl mailing list >>> [email protected] >>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl >>> >> >> -- >> Ubuntu-l10n-gl mailing list >> [email protected] >> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl >> > > > > -- > Saúde, > > Chaves - http://chav.es > > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > [email protected] > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
