Nun fío que abriu Fran falaba de porqué na última versión de gnome ía
"separador", nel deciase que no sucesivi ía ir lapela.

Xa digo, a min no me gusta, pero é a opción maioritaria, polo tamto é a que
uso.

Pode que en FF se distinga ben separador de separador, pero en Arora, Midori
e Kazekase (os que traduzo ou traducín eu, non se distingue tan facilemete
(no que menos en Midori) polo que é obligado que se diferencien.

Na miña opinión, non se debe usar separador para lingüeta/lapela. Agora,
quen queira insistir en usar separador, para gustos ...

2010/6/4 Enrique Estévez Fernández <keko...@gmail.com>

> Boas.
>
> Non me parece raro. Mozilla foi traducido por unha empresa e
> continuado por Mancomun cun lingüista ao cargo. Non sei porque optaron
> por determinadas solucións nin se se consensuaron nalgúns dos G11N,
> pero o que está claro e que para manter traducido todo e coa
> burocracia que hai de por medio ou coa súa forma de traballar (que
> aínda descoñezo e falo do que a xente conta, xa terei tempo de
> contarvos a miña experiencia), senón te pos as pilas queda sen
> traducir.
>
> Supoño que foi unha elección que barallaron no seu momento e terá o
> seu razoamento, pena de non ter unha xustificación da elección, pero
> aquí pasa moito, isto é España e en Galicia nese aspecto non somos moi
> diferentes senón non estaríamos abrindo os debates dos termos cada
> dous por tres. Aí está o glossima, ogallá nos axude a resolver este
> problema.
>
> E sei ao que te refires, nos menús, hai separadores que diferencian os
> elementos dun menú especiífico dos outros, dos que ao mellor se poden
> categorizar doutra forma.
>
> O que está claro e que eu emprego os aplicativos e polo contexto
> distínguense ben ambos, non  hai lugar a confusión. O que está claro e
> que nunca vai acabar o debate, xa que todos temos preferencias
> persoais e eu vexo que a xente non quere perder as súas preferencias
> con respecto ao conxunto. Aí está o debate, temos que despexar as
> nosas preferencias persoais ou polo menos plegarnos ao que prefire a
> maioría e non atendendo ao grupo de traducimos na comunidade galega
> senón intentando englobar a academia e os recursos que hai (pese o que
> nos pese).
>
> O dito, vou a seguir atendendo ao profesor do máster e se podo atender
> un novo bug en mozilla, que a ver se o soluciona coa axuda da
> comunidade.
>
> Avancemos, de verdade, avancemos que boa falta nos fai e para elo
> todos temos que por da nosa parte. Pensade nas licenzas libres, no
> debate cal é máis libre, se as permisivas (como a bsd) ou as robustas
> (como a gpl). Son máis libres as robustas aínda que teñan esa cláusula
> que che quita liberdade de pechar o produto, e sono porque miden a
> liberdade en función do colectivo, do grupo e non do individuo.
> Preservan a liberdade. Pois aquí o mesmo, temos que preservar a
> elección do colectivo sobre as individuais, a lingua non se fai como
> quere un senón como a fala a xente, prima o grupo. Bo, non raio máis.
>
> Un saúdo.
>
>
>
> 2010/6/4 José Manuel Castroagudín Silva <chavescesu...@gmail.com>:
> > 2010/6/4 Enrique Estévez Fernández <keko...@gmail.com>:
> >> Boas.
> >>
> >> De verdade, isto é un cachondeo. Cada x tempo reabrides os debates das
> >> traducións. Non o entendo. Xa o sei que nunca vamos a estar dacordo ao
> >> cen por cen, pero xa o dixen e volvo a repetilo, todos temos que
> >> ceder. Hoxe uns e mañá outros, senón non avanzamos.
> >>
> >> Eu non era partidario de xanela, prefería fiestra, polo menos é o que
> >> se emprega na miña zona, pero aquí a comunidade emprega xanela e xa
> >> está. Con respecto a separador e a outras máis, como pode ser camiño
> >> vs ruta. De verdade, temos que intentar asentar traducións e avanzar e
> >> non cada dous por tres cambiar.
> >>
> >> Eu agora estou comezando a asumir Mozilla e xa vos digo que en
> >> principio, tab vai a traducirse como separador. Se hai algunha
> >> tradución diferente tratarei de normalizala por separador.
> >
> > Precisamente en Mozilla, no firefox, penso que é onde hai o maior
> > problema co de separador: Hai dúas cousas no navegador que se
> > traduciron como "separador". Unha é, naquilo de "personalizar a barra
> > de ferramentas", un elemento que se pode meter entre dous botóns, para
> > separalos. O outro, cada unha das páxinas abertas simultaneamente na
> > mesma xanela.
> >
> > Non che parece confuso/raro/erróneo isto?
> >
> > (á parte de que é o programa, por excelencia, no que se empregan
> > lapelas/lingüetas/separadores...)
> >
> >>
> >> O dito e insisto, avancemos e pechemos temas, porque isto é imposible.
> >>
> >> Unha aperta.
> >>
> >> 2010/6/4 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
> >>> 2010/6/4 damufo <dam...@gmail.com>:
> >>>> Boas:
> >>>> Sobre separador.
> >>>> Actualmente se non me erro:
> >>>>
> >>>> - Separador, liña vertical ou horizontal que serve para separar vairas
> >>>> partes dentro dunha interface.
> >>>> - Separador: liña horizontal que separa os elementos nos menús de
> navegación
> >>>> - separador: lingüeta
> >>>>
> >>>> Ten sentido sobrecargar a separador cando lingüeta, lapela, aba están
> >>>> dispoñibles para este uso?
> >>>>
> >>>> Se é o caso gustaríame que alguén ofreza información da xustificación
> >>>> desta escolla.
> >>>
> >>> Este debate mellor no Glósima, creo eu.
> >>>
> >>> --
> >>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> >>> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
> >>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >>>
> >>
> >> --
> >> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> >> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
> >> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >>
> >
> >
> >
> > --
> > Saúde,
> >
> > Chaves - http://chav.es
> >
> > --
> > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
> > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a